ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Vellice. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vellice. Amosar todas as publicacións

18/10/14

Zapatillas rotas

Comentario de Alba Tomé


Zapatillas rotas
Xabier Quiroga
Xerais


Xaquín é un ancián que está a pasar os seus últimos anos nunha residencia. Un bo día,desaparece da man dun parado e xuntos emprenden unha viaxe cara ao mar.  A súa procura, rapidamente, comeza a desencadear unha serie de inesperados sucesos e enredos. Paralelamente, o señor Xaquín recuperará na súa viaxe unha historia que parecía agochada no máis fondo dos seus mellores recordos. Por suposto, e coma non podía ser doutro xeito, trátase dunha historia de amor. Todo isto, conduciranos a un sorprendente desenlace onde se porán de manifesto a avaricia, a manipulación e as mentiras. Así, a novela remata, tal e como describe o autor, nun deses momentos nos que a vida, coma nunha película, debería, e non dá, empezar de novo ou non ser verdade.
Zapatillas rotas é a quinta novela de Xabier Quiroga. Coma en moitas das anteriores, abórdase un tema moi destacado: a Guerra Civil. Desta volta tratarase este tema da man do señor Xaquín, que nos trasladará á época franquista a través dos seus recordos. Unido a isto, tamén se pode ver como influíu a represión na actualidade e, especialmente, na xente daquela época. Finalmente, Zapatillas rotas comparte co resto da súa obra a ambientación na paisaxe galega, compartindo incluso lugares comúns coma a braña de Bouzuás.
Por outra banda, esta novela ten unha forte carga de denuncia: primeiramente, aos medios de comunicación. Ao tratarse dun secuestro, estes xogan un papel fundamental ao longo de toda a trama. Na obra, os xornais e a televisión manipulan a información, terxiversan a realidade ou cometen constantes erros no relato dos sucesos. Todo isto non está lonxe da realidade: no día a día todos podemos observar como a mesma noticia pode adoptar distintos titulares segundo os xornais, como se selecciona a información e, por suposto, como se manipula para favorecer ou prexudicar aos involucrados. En segundo lugar, tamén se fai unha crítica moi forte á actual situación do noso país: a crise. Un dos protagonistas principais é un parado e nel maniféstase o peor do ser humano en tempos de crise: a falla de escrúpulos, a xenreira e a avaricia. Pode que pareza unha esaxeración, pero se o pensamos en frío, convivimos con isto todos os días: a mala situación económica que estamos a atravesar deriva en crimes, roubos e continua falla de caridade… Algo que se reflicte páxina a páxina nesta obra. Finalmente, Zapatillas rotas tamén mostra a actual situación de diglosia na que nos atopamos: Vanesa, a rapaza máis nova, exprésase en castelán, tal e como foi educada. Isto non é máis ca unha proba de como a xente nova, cada día, se expresa menos na nosa lingua, deixándoa nun segundo plano. Nese sentido é moi importante a creación de obras literarias, coma esta. Nós, os adolescentes, somos os que debemos loitar pola conservación da nosa lingua e, por iso, é moi importante que teñamos contacto con obras coma Zapatillas rotas, que fan un importante labor de recuperación do noso idioma e fomentan o seu emprego.
Sorrisos, enfados, gargalladas, amor, bágoas, intriga, decepción… Zapatillas rotas comprende, na súa totalidade, unha gran mestura de sentimentos. Persoalmente, eu sentinme moi vinculada coa historia: o feito de que o espazo e o tempo sexa o noso presente, e a variedade de idades entre os personaxes fai que conectes moi rápido ca trama.  Ademais, esta sucede coma a vida mesma: en medio dun misterioso crime atopámonos con pequenas doses de humor, de sarcasmo, de emocións, de suspense… convertendo así a obra nunha historia moito máis humana e próxima. 
Por todo isto, gustaríame pedirvos que empregarades un anaco do voso tempo en ler a historia enfrascada entre as páxinas de Zapatillas rotas.

27/01/13

Tardes con Margueritte

Comentario de Paula Gamallo
 

Tardes con Margueritte
Marie-Sabine Roger
Galaxia





“Tardes con Margueritte” emocionoume dun xeito inesperado.
Germain non é ningún analfabeto,  nin un  ignorante; simplemente non tivo a infancia que el desexaba. Ademais diso, está sometido aos prexuícios que os demais lle inculcan , o que acaba condenándoo a ser o que os demais cren que é. En moitas ocasións as faltas de respecto cara ós demais son, unicamente, métodos de evasión, evasión dos propios defectos de cada un, ou medo a ser vítima de burlas semellantes. Sempre buscamos un branco fácil e, sobre todo, débil.
Hai unha metáfora moi bonita no libro que fala da cultura e de cultivarse. Realmente todo o mundo debería ter a oportunidade de decidir sobre a súa aprendizaxe e sobre as súas metas. Aprender non consiste en chegar ao máis alto senón adquirir ensinanzas dunha forma totalmente voluntaria e amena, incluso divertida. Moitas veces centramos o noso camiño unicamente en chegar á cima pero cando estamos encima, atopámonos completamente sós, sen ninguén con quen gozar a nosa propia satisfacción.
A vida pode dar xiros radicais debido ás persoas que nos rodean e que dalgunha maneira inflúen nos nosos sentimentos. O noso protagonista descubre o valor do amor grazas a Margueritte. Aprende a amar ás mulleres e comeza a entender a razón das diferentes actitudes das persoas segundo os seus sentimentos. O principal motivo? El tamén comeza a sentir, sentir de verdade.
“ Cando volves ter sede, por máis que corras en todas as direccións, xa non hai pozos , tan só miraxes”. O amor dunha nai é o amor máis grande e verdadeiro que calquera pode recibir ao longo da súa vida. Nada nin niguén é comparable a este apego entre proxenitora e descendente, todo o demais son miraxes. Aínda así, de cando en vez, existen pais que non mostran todo o cariño necesario aos seus fillos, ou viceversa, e cando se percatan do tempo perdido , a morte está agardando fóra da porta, xa é demasiado tarde.
Por unha parte temos a alguén que precisa aprender, que comeza a decubrir un novo mundo cheo de inquietudes e de palabras, sobre todo novas palabras. Por outra parte , hai alguén que disfruta descubrindo o entusiasmo de alguén por ese mundo descoñecido para el. O significado das cousas, do pensamento en si, vólvese importante para o noso personaxe , convértese nunha persoa totalmente diferente cun resultado verdadeiramente gratificante. A eiva de Margueritte fai que Germain valore moito máis a sorte que tivo de atopar con esa gran muller e que, ademais,  se involucre moito máis no novo seu papel.
É unha historia tan humana e tan bonita que foi quen de deixarme sen palabras. Ao rematar de ler este libro invadiume unha profunda satisfacción que non logrei entender moi ben, quizais fose a visión da vida que me aportou este libro ou a ensinanza da grandeza do amor que realmente atopamos na sinxeleza.

19/01/13

Engurras


Comentario de Adrián Villar García


Engurras
Paco Roca
El Patito Editorial


Este libro está moi ben e gustoume moito porqeu é moi realista.
A verdade é que non estou aostomudo a ler cómics, pero este foi un dos mellores que lin.
Houbo un personaxe en concreto qeu me pareceu ruín e embusteiro, Miguel, xa que fixo moitas falcatruadas, como o de quitarlle cartos á señora Antonia cando ían no coche, o de roubarlle obxectos a Emilio... Por sorte ao final fíxose bo e axudoulle aos demais e ademais sobe ao segundo piso a coidar de Emilio.
Unha cousa que me fixo grazas deste libro foi Agustín no memento en que estaba en calse de ximnasia e como non oía, a profesora achegouse a el e tocoulle os peitos. Tamén me fixo graza cando Emilio empezaba co alzhéimer e lle cagou na bolsa de recordos de Pellicer.
Con respecto a Emilio, deume moita pena que collera o alzhéimer, xa que esta enfermidade non lla desexaría nin ao máis ruín de todos, porque olvidarse de todo o qeu che pasa é moi duro e por máis que intentes recordar, non dás. 
Pero o bo é que agora, na realidade, descubriron unha vacina chamada EB111 que pode facer parar un pouco esta enfermidade, aínda que non está probado en humanos, só en animais.

18/01/13

Engurras

Comentario de Sandra Estévez Iglesias


Engurras
Paco Roca
El Patito Editorial


Este libro fai reflexionar sobre os maiores e sobre como deberiamos tratalos, fai pensar que eles non merecen que os tratemos mal e fainos ver que a eles tampouco lles gusta atoparse nese estado.
O señor miguel é un tanto mangante, pero gustoume que ao final se decatase do seu erro.