ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/10/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Sergio Saavedra


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 

O libro creo eu que dá moito de que pensar, como en que somos moi egoístas, na obsesión dos cartos e do que podemos chegar a facer pola necesidade de vingarse.
A verdade é que este libro ao principio non me gustaba moito pero despois empezou a engancharme e de vez en cando coas frases da vella soltaba algún sorriso.
O que non me gustou foi que o título non ten nada que ver coa historia e tampouco me gustou moito o persoaxe Colombo,  que non entendo por que sae na historia.
O libro gustoume bastante, non está tan mal como eu pensaba antes de empezar a lelo, e recomendaríallo á xente xove da miña idade xa que non ten complicacións para lelo e é moi divertido.

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Paula Vázquez Vázquez


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 

A min este libro gustoume moito, interpreta moi ben a relación entre algunhas familias mesmamente galegas, cousa que ocorre moito nas novelas galegas. A min non me parece axeitada a actidude dos personaxes. 
O final sorprendeume moito e encantoume. 
En fin, este libro encantoume xa que as comedias de medo e misterio son as miñas preferidas e eu nunca lera unha obra de teatro.

30/10/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Jennifer Rodríguez García


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 

O libro de pareceume un libro bastante divertido.
Non me sentín identificada con ningún dos personaxes, xa que non me gustou o carácter de ningún deles.

Gustoume moito a aparición de detective Colombo, porque lle deu un toque de intriga ao aparecer alí de súpeto.

Tamén me gustou moito o detalle de que a vella aparecera no televisor mentres Pololo estaba a ler o xornal deportivo e a mirar os programas de deportes.

Este libro recomendaríallo ler á xente que lle guste o humor e o medo, xa que este libro trata destas dúas cousas