ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/06/12

Cartas de inverno

Comentario de Ernesto Fraguas Corbal

Cartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais



Un libro precioso. Cóntanos como a dous grandes amigos chamados Xabier e Hadrián lles acontecen unha serie de sucesos na nova casa que mercou Hadrián en Galiza.
O libro estivo moi ben, sempre gardando misteriosos misterios. Sen dúbida, un dos mellores libros que lin na vida, sinceramente incrible.

25/06/12

Mil cousas poden pasar

Comentario de Roberto Pérez


Mil cousas poden pasar
Jocobo FErnández Serrano
Xerais


A min gustoume o libro porque ten moita imaxinación, xa que existen sereas, tritón e ríos que teñen vida. Os soldados deixan a guerra para tocar instrumentos e facer boa música. E tamén hai un gran amor entre Lina e Pouco, xa que Lina non comeu nin bebeu e só estivo a seguir o camiño que levaba ao mar.
Finalmente este libro nos ensina que con un só acontecemento poden ocorrer varios máis.

22/06/12

Tardes con Margueritte

Comentario de Ana Ferreira Soto

Tardes con Margueritte
Marie-Sabine Roger
Galaxia

Pareceume un libro estupendo. Fala do bonito que é e que a idade non importa para ter unha boa amizade e tamén fala sobre a importancia da lectura, de ler e de escribir.
Un libro precioso.

13/06/12

Silencio no corazón

Comentario de Cristina García Cortizo

Silencio no corazón
Jaume Cela
Galaxia


É un libro precioso, gustoume moito. Nel represéntase todo o que pasaba nas vilas durante a Guerra Civil, pero non chegaban ata alí, escoitaban na radio todas as traxedias que sucedían nas grandes cidades. Este libro ademais de falar da guerra tamén conta sobre a amizade entre dous grandes amigos,o amor, o desamor e o peor de todo, a morte dos seres queridos, do exilido de moita xente cara a outros países. Eu alégrome non haber vivido eses anos sanguinarios, cruentos e con moitas mortes. Neste mundo hai xente ruín e desprezable que sería capaz de matar a cambio de poder e de riqueza. O máis importante da vida non é o diñeiro nino poder, é o amor da túa familia e dos teus amigos.

12/06/12

Mil cousas poden pasar

Comentario de Lucía González Bouzas

Mil cousas poden pasar
Jacobo Fernández Serrano
Xerais


Este libro pareceume moi bo e gustoume, porque aínda que está pensado para rapaces máis pequenos creo que é moi entretido. Recordoume a outros libros que lera cando era máis pequena polas súas ilustracións que fan comprendelo moi ben. A parte que máis me gustou do libro foi cando Propicio se converteu no novo enterrador e decidiu desenterrar todos os mortos e arranxar o cemiterio coma un parque. Tamén me gustaron moito os ditos do parente do gato Kandás. O que me deron a entender os personaxes de Lina e Pouco é que cando loitas por algo que queres acabas conseguíndoo, pero non sen esforzo. Igual ca Hedión entendeu que o verdadeiramente importante era o seu fillo e non a tuba nin o cemiterio.

11/06/12

As lágrimas de Shiva

Comentario de Cristina Núñez Sanmartín

As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
Rodeira

Este libro gustoume moito porque mantivo o misterio que eu non atopei noutros libros e tamén porque transmite á vez moitos sentimentos.
Eu recoméndoo porque é moi entretido. O que máis me gustou foi o feito de saber manter ese misterio do que falei ao comezo con incisos de humor e de amor.

10/06/12

Trece anos de Branca

Comentario de Yéssica Cortizo Sanmartín

Trece anos de Branca
Agustín Fernández Paz
Xerais


Gustoume moitísimo, é unha das poucas novelas que lin que me chamou a atención. Había partes que me lembraban a miña infancia e déronme ganas de pórme a mirar os meus álbums de pequena, para recordar vellos tempos.
Pareceume moi interesante pero pensei que ía rematar doutro xeito, sorprendeume.


09/06/12

As lágrimas de Shiva

Comentario de Noelia López


As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
Rodeira

 

Este libro gustoume porque é bastante entretido e engancha rapidamente porque continuamente están ocorrendo historias novas que intrigan ao lector. Ás veces pareceume algo aburrido pero inda así gustoume moito.
Aprendín que non se pode xulgar a unha persoa se non tes información suficiente para facelo.

08/06/12

Mil cousas poden pasar

Comentario de Tania López

Mil cousas poden pasar
Jacobo Fernández Serrano
Xerais


Un libro do meu agrado, fácil de ler e de comprender, que convida a ler a segunda parte.
Este libro reflicte todo o que facemos os humanos por amor, tamén fala da morte, que provoca sentimentos moi diferentes, e tamén fala da amizade. A morte é tristura e o amor é ledicia