ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/11

Menú de enganos

Comentario de Eduardo Villaverde Iglesias


Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia


Dentro deste libro hai unha chea de relatos individuais. Cada un trata sobre un tema diferente pero todos eles son moi entretidos e divertidos. É un libro moi fácil de ler e de entender, gustoume moito o conto de "O casamento", polo seu peculiar final. Tamén me gustou o final do conto de "O inhalador". Moitos destes relatos dan unha lección ao lector, polo menos a min si: se non queres que che fagan algo malo non llelo fagas ti aos demais.

27/02/11

Menú de enganos

Comentario de Santiago Villaverde

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia


Gustoume moito porque conta moitas historias diferentes que son moi divertidas e moi fáciles de ler. Gustoume tamén que o libro estea dividido en historias de diferentes dimensións. Hainas moi divertidas, e gustáronme case todas, sobre todo "A mensaxe" porque non agardas un final tan gracioso.

26/02/11

Menú de enganos

Comentario de Aroa Espiño

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia


Deste libro houbo relatos que apenas me interesaron e outros que me gustaron e me pareceron moi ben pensados, incluso un dos máis curtos como é "Conmutador" chamoume moito a atención.
De feito, penso que os máis curtos son os que máis me gustaron xa que me atrae iso de expresar unha gran idea con tan poucas palabras.

25/02/11

Menú de enganos

Comentario de Alejandro Villaverde

Menú de enganos
Singala
Galaxia


O libro gustoume bastante, aínda que algúns relatos son demasiado curtos e outros un pouco longos, para min. A trama de "Equilibrio de forzas" e "O comezo das vacacións" son os que máis me gustaron. A peor historia é sen dúbida a da moza do bikini.

20/02/11

Menú de enganos


Comentario de Estefanía Rey Campos


Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia


Este libro pareceume fascinante e creo que nunca antes lera un exemplar tan bonito. O que máis me sorprendeu á hora de lelo foi a súa disposición e que fose a idea dun menú o que inspirase ao autor. O libro en xeral ten un vocabulario fácil de entender pero hai algunhas palabras que non teño de todo claras, ademais hai relatos que che dan unha especie de "sorpresa" porque interprétalos dunha maneira aínda que non sexa a axeitada.

02/02/11

Menú de enganos

Comentario de Belén Rey

Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia


O libro sorprendeume. Primeiro polo título, porque era raro, pero cando o abrín comprendín o por que do título. Os capítulos que máis me gustaron foron "O círculo" e "A mensaxe". É un libro fácil de ler e entretido.