ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/04/12

O diario violeto de Carlota

Comentario de Cristina Núñez Sanmartín

O diario violeto de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia


A min este libro pareceume bastante aburrido, sempre contando o mesmo, que si, que hai machismo, sabémolo, pero cansa que cho repitan continuamente.
O que si me gustaron foron as historias das rapazas. Eran moi, moi tristes, pero eran interesantes, así que iso foi o que máis me gustou, porque nos permite coñecer mellor outras culturas. A historia de Marcelo e Carlota tamén me interesou moito.
Así que, polo xeral, pareceume un libro aburrio pero houbo incisos divertidos e entretidos.

25/04/12

Servicio de urxencias

Comentario de Noelia López Antelo

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais

A verdade é que este libro gustoume moito porque é gracioso e entretido; fíxome rir bastante e iso é algo que anima a seguir lendo outro e outro capítulo ata rematalo. É a primeira vez que leo teatro e gustoume moito, pareceume tamén unha crítica do que pasa hoxe en día nos hospitais.

20/04/12

Servicio de urxencias

Comentario de Almudena Otero

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais


A verdade é que me gustou especialmente porque fai moita graza: din que son pacíficos pero en realidade demostran todo o contrario.
Gústame o teatro, así imaxino as escenas, e... quedoume moi chula!!!
Antes había unha serie deste libro, pero non se parece moito, a min gústame máis o libro porque ler é máis entretido.