ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/11/16

Agosto do 36


Comentario de David Taboada


 
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
 
 
 
 O libro está ambientado na Guerra Civil Española nun lugar de Ourense,  Abades. O antagonista desta novela é Manuel tamén chamado “o Garabís”,  un falanxista que ten un rancor profundo cara a Gregorio porque está casado con Sara, da que Manuel estaba namorado e tamén porque Gregorio era comunista. Manuel e os falanxistas queren matar a Gregorio pero sempre Sara lles di que está de viaxe. Para logralo deciden secuestrar a Sara e esperar a que el veña rescatala.
Este libro gustoume moito xa que a pesar de ser triste e cruel a min persoalmente  gústanme este tipo de novelas que están ambientadas en guerras e hai unha trama tan emocionante e entretida. Gustáronme moito os personaxes do libro porque por exemplo no grupo dos falanxistas Manuel, Xan, Luís e Leonardo, cada un ten un comportamento diferente cando están nunha situación complicada.
O que non me gustou foi a estrutura do libro porque comezou dicindo o final e foino esclarecendo durante o libro. Foi coma un “spoiler” do libro dentro do libro. A min gústame ir mantendo a tensión ata o final para saber o que pasa.
Agosto do 36 recoméndollo a todos os lectores galegos e non galegos xa que neste libro está moi ben ambientado a Guerra Civil en Galicia.

 

21/11/16

O inferno de Marta

Comentario de Noa Villar Gallego


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
Marta é unha rapaza normal, que estuda unha carreira normal e que ten unha vida normal. Pero o que sucede é que  namora do rapaz equivocado e remata sendo unha rapaza maltratada que loita por salvar a súa vida. Cando ela coñeceu a Héctor o que menos esperaba era que estaba poñendo un pé no inferno e que, a partir dise momento, lle ía ser tan difícil escapar coma seguir meténdose nel.
Un psicópata que sabe disimulalo ben, unha amizade a proba de bombas e unha rapaza normal como podes ser ti. Iso é o que che fai non ser capaz de deixar de ler este libro. Canto máis simpatizas con Marta e ca súa situación, máis te engaiola a historia.
Un thriller en toda regra que ademais de estar ben escrito, trata temas un tanto peliagudos. Unha relación na que os malos tratos pouco tardan en aparecer, na que hai violencia, na que os cambios de personalidade son pan de cada día; unha relación que che fai perder tanto amizades coma relacións familiares, que non che deixa liberdade e na que, dende logo, se dá un grave caso de violencia de xénero.
Se ademais de ser unha novela que fai reflexionar sobre as relación nas que se dá violencia de xénero, che trae un texto de autoaxuda para saber identificar os comportamentos de risco que todos deberiamos ter en conta para evitar caer nalgún tipo de maltrato físico ou psicolóxico...Mellor que mellor ou?
 

19/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Zaira Míguez


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka









O libro trátanos a historia dun rapaz que ten a súa nai enferma de cancro. Todas as noites tiña o mesmo pesadelo que se desvela no final do libro cal é. Un día a medianoite o rapaz, Connor, ve na ventá un monstro, o texo que tiñan ao lado da casa, este dille que lle contará tres historias pero ao rematalas el teralle que dicir a súa (o seu pesadelo). Connor ademais sufría o acoso por parte dun raparigo chamado Harry na escola. No colexio nunca era castigado por pena pola enfermidade da súa nai, isto amolaba moito a Connor e o que máis desexaba era que fora tratado como un máis.  A nai sufrira unha recaída e o monstro comezou a contar as súas tres historias que conlevaban unha ensinanza.

O libro gustoume moito, é unha historia conmovedora e realista que chega aos corazóns de todos os lectores. O que máis me sorprendeu foron as historias do monstro sobre toda a primeira da que quero destacar a frase ``Non sempre hai un bo da historia. Nin tampouco un malo. A maioría da xente anda entremedias´´ considero que é unha frase potente e que ten moita razón tras dela.  Tamén quero falar sobre o comportamento de Harry, no libro non se comenta nada de porque é así pero según ía lendo a miña cabeza cavilaba, o mellor era así por envexa de que Connor non fora reprendido e a idade de 13 anos non era consciente do grave problema que el sufría no seu fogar e só quería o que a Connor se lle daba. O que nunca me gustou foi a figura do pai, xa que penso que para el era primeiro a figura da súa familia de América e que infravaloraba a figura do seu fillo Connor.
Recomendo moito este libro xa que trata unha historia realista que vai conmoverte e atraparte.  É curto pero esas poucas páxinas teñen un poder atrapante abraiante cun punto fantástico que mostra ensinanzas sobre a vida e un final que fará soltarche as bágoas.

17/11/16

Memorias dun neno labrego


Comentario de Miguel Lamazares

 

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro
 
 
Para min, dende sempre, este foi o mellor libro de todos os tempos escrito en galego. Lino dúas veces, a primeira, era un neno máis pequeno e había algunhas cousas que non entendía o seu por qué, pero agora, ao lelo con máis idade e algo máis de coñecemento fascinoume e gustoume moito máis. É un libro que che queda gravado na memoria cando o les, acórdaste dalgunhas historias, cando case tres anos despois o volves ler. Este libro enamoroume só coa primeira frase "Eu son..Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre". Lendo este libro daste conta do dura que era antes a vida e o que había que traballar, e de como era antes a sociedade, como había que gardar moitos anos de luto cando morría unha persoa da casa e non se podía ir ás festas, como os pais lle pegaban aos fillos, como non iban á escola por que había que traballar, e ás veces, incluso emigrar como fixo Miguel, o seu irmán, ou coma Lelo de Cidre, o seu amigo.
Tamén do que me decatei foi de que Balbino escribía o seu diario pero non llo dicía a nadie gardábao para él, non levábao en secreto. Doume moita lástima o capítulo no que morre Pachín, o can de Balbino porque é un personaxe co que Balbino pasaba moito tempo. Por último, Manolito, o rico da aldea, o que manda, o que fai o que lle peta. Cando no penúltimo capítulo lle tira a pedra creo que Balbino, ainda que sabe que fai algo mal, ao mesmo tempo libérase. Despois o castigo paréceme inhumano, pero naquela época permitíase de todo, e por fin, é cando o botan da aldea e vai a servir a outra casa, que é todo o contrario. Son bos con Balbino e ata lle deixan libros. Pareceme un gran libro e cunha triste pero ao mesmo tempo bonita por detrás. Creo que Neira Vilas tivo que pasar por algo así, para contar esta historia tan ben e tan detallada.

15/11/16

A piragua

Comentario de Rubén Otero Cibeira


A piragua
Cándido Pazó
Laiovento

Cándido Pazó, unha das figuras máis destacables do panorama teatral galego, explora dunha forma diferente un problema que iltimamente está medrando moito: a violencia de xénero. Neste libro ensínase un episodio que ocorre nunha comunidade de veciños, Delio non se adapta aos cambios sociais e quere impoñer esta idea sobre todo o mundo, e o que é peor, este home dirixe a violencia contra a súa muller. A historia mestura pasado e presente, mostrando distintos enfoques sobre os personaxes e definindo pouco a pouco os verdadeiros protagonistas.

Cando empecei a ler este libro fíxeno con moita ilusión, xa que poucas veces tiña lido teatro, e teño que recoñecer que me gustou este xénero, xa que non hai tantas descricións coma na narrativa... pero por outra parte non me gustou moito, xa que cada capítulo ten lugar nun ano distinto, é dicir, dá moitos saltos temporais que fan a lectura máis complicada. 
É un libro que pode ter varios enfoques e creo que lle pode gustar a moita xente, pero a min non me foi fácil de ler.
 

12/11/16

Gárgola

Comentario de Roberto Agra Buján


Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia






Como me gusta o xénero de terror, dá gusto ler este tipo de novelas, se ben é certo que este relato non é dos mellores que lin, tampouco é dos peores, o suspense imperante durante toda a novela sobre a historia do pai do protagonista é o que máis me enganchou.
O argumento da novela é fácil de resumir, un día, uns coñecidos do protagonista, chamado Jeremy, o cal sofre uns extraños pesadelos, aparecen mortos, a partir dese momento Jeremy empeza a atoparse con un escuro home que lle di que o seu pai matou á súa irmá e á súa nai.
Os personaxes non son o punto forte do relato, cumpren máis a función de fíos condutores que vinculan diferentes datos ou feitos, os personaxes non teñen unha gran carisma coa cal poidas encariñarte con eles.
Gárgola é un relato que sen brillar en moitos aspectos, fai que o relato te enganche de tal maneira que acabes por ler o libro nunha tarde.

10/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Marcos Quintana


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka






Un monstro vén a verme é o libro perfecto que un  adolescente ou adulto pode ler. O autor describe á perfección como se debe sentir unha persoa que ten un familiar en risco de morte, tamén describe perfectamente mediante escenas no libro a sociedade de hoxe en día.
O libro narra a historia dun rapaz que ten unha nai que padece cancro. No instituto ao que o rapaz ía, había un neno (Harry) que era o mellor para as profesoras pero era o demo en persoa para Conor. Harry e os seu dous compañerios sabían da enfermidade da nai de Conor, entón estes aproveitaban para desfacer a Conor mentalmente mediante insultos, agresións…
No libro, Conor ten medo a que se faga realidade unha verdade que el non quere que se faga. Por mor dese medo ,Conor ten sempre o mesmo pesadelo e comézaselle a aparecer un monstro que quere axudar a Conor. O monstro díxolle que contaría 3 historias e que despois Conor tería que contar a última.
Pareceume o mellor libro que lin na miña vida xa que trasmite uns sentimentos de dor que ata os lectores poden percibir eses sentimentos e poden caer algunhas lagrimiñas cousa que a min me pasou. Recoméndovos que merquedes este libro se queres sentir unha experiencia como lector que nunca olvidarás.