ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/11/16

Memorias dun neno labrego


Comentario de Miguel Lamazares

 

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro
 
 
Para min, dende sempre, este foi o mellor libro de todos os tempos escrito en galego. Lino dúas veces, a primeira, era un neno máis pequeno e había algunhas cousas que non entendía o seu por qué, pero agora, ao lelo con máis idade e algo máis de coñecemento fascinoume e gustoume moito máis. É un libro que che queda gravado na memoria cando o les, acórdaste dalgunhas historias, cando case tres anos despois o volves ler. Este libro enamoroume só coa primeira frase "Eu son..Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre". Lendo este libro daste conta do dura que era antes a vida e o que había que traballar, e de como era antes a sociedade, como había que gardar moitos anos de luto cando morría unha persoa da casa e non se podía ir ás festas, como os pais lle pegaban aos fillos, como non iban á escola por que había que traballar, e ás veces, incluso emigrar como fixo Miguel, o seu irmán, ou coma Lelo de Cidre, o seu amigo.
Tamén do que me decatei foi de que Balbino escribía o seu diario pero non llo dicía a nadie gardábao para él, non levábao en secreto. Doume moita lástima o capítulo no que morre Pachín, o can de Balbino porque é un personaxe co que Balbino pasaba moito tempo. Por último, Manolito, o rico da aldea, o que manda, o que fai o que lle peta. Cando no penúltimo capítulo lle tira a pedra creo que Balbino, ainda que sabe que fai algo mal, ao mesmo tempo libérase. Despois o castigo paréceme inhumano, pero naquela época permitíase de todo, e por fin, é cando o botan da aldea e vai a servir a outra casa, que é todo o contrario. Son bos con Balbino e ata lle deixan libros. Pareceme un gran libro e cunha triste pero ao mesmo tempo bonita por detrás. Creo que Neira Vilas tivo que pasar por algo así, para contar esta historia tan ben e tan detallada.

Sen comentarios