ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/11/16

A piragua

Comentario de Rubén Otero Cibeira


A piragua
Cándido Pazó
Laiovento

Cándido Pazó, unha das figuras máis destacables do panorama teatral galego, explora dunha forma diferente un problema que iltimamente está medrando moito: a violencia de xénero. Neste libro ensínase un episodio que ocorre nunha comunidade de veciños, Delio non se adapta aos cambios sociais e quere impoñer esta idea sobre todo o mundo, e o que é peor, este home dirixe a violencia contra a súa muller. A historia mestura pasado e presente, mostrando distintos enfoques sobre os personaxes e definindo pouco a pouco os verdadeiros protagonistas.

Cando empecei a ler este libro fíxeno con moita ilusión, xa que poucas veces tiña lido teatro, e teño que recoñecer que me gustou este xénero, xa que non hai tantas descricións coma na narrativa... pero por outra parte non me gustou moito, xa que cada capítulo ten lugar nun ano distinto, é dicir, dá moitos saltos temporais que fan a lectura máis complicada. 
É un libro que pode ter varios enfoques e creo que lle pode gustar a moita xente, pero a min non me foi fácil de ler.
 

Sen comentarios