ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/03/15

Cartas de amor


Comentario de David González Sampayo



Cartas de amor
Fran Alonso
Xerais




"Cartas de amor" é un libro de Fran Alonso, que é moi interesante e sorprendente. Neste libro resáltanse e reivindíncanse distintos valores e trátanse temas,como, a inmigración, a época franquista, a integración social, a violencia ou a prostitución. Estes temas son tratados nas distintas cartas en que se divide esta historia. Como dixen anteriormente, esta é unha historia bastante sorprendente porque cando lemos o seu título, na nosa cabeza créase unha idea sobre cal vai ser o tema principal da historia pero cambia comezamos a ler, esa idea esvaécese. Outra cousa pola que me gustou esta historia foi polo detallada descrición que se dá da ambientación e dos personaxes.

Eu recomendaríalle este libro á xente da miña idade porque é unha historia curta e fácil de ler, cun léxico sinxelo. Outro motivo polo que recomendaría este libro é polo gran realismo que este posúe, debido a que cando estás lendo, ás veces pónseche a pel de galiña porque un é consciente de que o que está lendo, o atopa ao saír pola porta da casa. O último aspecto polo que recomendaría esta libro é polo pouco pesada que se fai a súa lectura, xa que o seu autor conssegue que queiras seguir lendo ata o remate da historia.

A carta que máis me gustou de todo o libro foi "Ilegal", a primeira carta do libro, xa que nela se expresaos esforzos e os sacrificios que fai unha muller inmigrante por darlle unha boa e grata vida ao fillo que ten no seu ventre e está a piques de nacer. Entre estes esforzos e sacrificios atópanse arriscar a vida e superar os límites da legalidade, para loitar pola súa propia dignidade.

Case todas as cartas, por non decir todas, teñen un detalle que me gustou. Ese detalle é o final cerrado que teñen todas, porque a min gústanme os finais nos que se especifica, cal é o remate duns feitos; esto anterior xa o veño dicindo en comentarios pasados.
 

As mans do medo

Comentario de David González Sampayo


As mans do medo
Xosé Miranda
Xerais




Esta é a segunda obra que leo de Xosé Miranda e gustoume moito máis cá primeira obra que lin del, "Pel de lobo". O libro que lin titúlase "As mans do medo", que é unha obra dividida en varias historias nas que abundan o terror, o medo, o suspense e a intriga. É unha das obras de terror que levo lido das que máis medo transmite, unha das cousas boas que conseguiu o autor nesta obra. Para o meu gusto todas as obras en que se divide esta historia son interesantes e intrigantes, pero, na miña opinión, algunhas delas son moi longas e chegan a facerse algo pesadas, incluso ata aburridas.

Os dous relatos que máis me gustaron de toda a historia foron: "Seis dedos" e "Anxos da garda", dúas obras curtas, pero moi interesantes.

"Seis dedos" é un relato medianamente curto e intrigante no que os temas principais son as antigas lendas dos lobishome e os seres que rexeneran as partes do corpo que perden ou se lle desprenden. Outro tema que non citei, e que se ten moi en conta neste relato é a ambientación franquista en que se desenvolve a historia. O abuso e o maltrato das perosas que non apoiaban ao bando fascista. Neste relato o protagonista pertence a unha familia na que todos os seus antepasados e os seus descendentes, entre os cales está él, nunca morren, é dicir, cando morren transfórmanse noutro tipo de ser humano. 

Outro dos relatos que máis me gustou foi "Anxos da garda", que é un relato curto no que os temas principais son a sorte e a mala sorte que teñen algunhas persoas. Neste relato o seu autor quérenos dicir que a nosa sorte está asociada ao noso anxo da garda. Por exemplo, o protagonista desta historia ten mala sorte porque o seu anxo da garda tampouco é un afortunado.

29/03/15

Percebes o lechugas o taburetes

Un artigo de Javier Marías que me gustaría que lerades:

l titular no podía ser más triste para quienes pasamos ratos magníficos en esos establecimientos: “Cada día cierran dos librerías en España”. El reportaje de Winston Manrique incrementaba la desolación: en 2014 se abrieron 226, pero se cerraron 912, sobre todo de pequeño y mediano tamaño. Las ventas han descendido un 18% en tres años, pasándose de una facturación global de 870 millones a una de 707. La primera reacción, optimista por necesidad, es pensar que bueno, que quizá la gente compra los libros en las grandes superficies, o en formato electrónico, aunque aquí ya sabemos que los españoles son adictos a la piratería, es decir, al robo. Nadie que piratee contenidos culturales debería tener derecho a indignarse ni escandalizarse por el latrocinio a gran escala de políticos y empresarios. “¡Chorizos de mierda!”, exclaman muchos individuos al leer o ver las noticias, mientras con un dedo hacen clic para choricear su serie favorita, o una película, o una canción, o una novela. “Quiero leerla sin pagar un céntimo”, se dicen. O a veces ni eso: “Quiero tenerla, aunque no vaya a leerla; quiero tenerla sin soltar una perra: la cultura debería ser gratis”.
Pero el reportaje recordaba otro dato: el 55% no lee nunca o sólo a veces. Y un buen porcentaje de esa gente no buscaba pretextos (“Me falta tiempo”), sino que admitía con desparpajo: “No me gusta o no me interesa”. Alguien a quien no le gusta o no le interesa leer es alguien, por fuerza, a quien le trae sin cuidado saber por qué está en el mundo y por qué diablos hay mundo; por qué hay algo en vez de nada, que sería lo más lógico y sencillo; qué ha pasado en la tierra antes de que él llegara y qué puede pasar tras su desaparición; cómo es que él ha nacido mientras tantos otros no lo hicieron o se malograron antes de poder leer nada; por qué, si vive, ha de morir algún día; qué han creído los hombres que puede haber tras la muerte, si es que hay algo; cómo se formó el universo y por qué la raza humana ha perdurado pese a las guerras, hambrunas y plagas; por qué pensamos, por qué sentimos y somos capaces de analizar y describir esos sentimientos, en vez de limitarnos a experimentarlos.
A ese individuo no le provoca la menor curiosidad que exista el lenguaje y haya alcanzado una precisión y una sutileza tan extraordinarias como para poder nombrarlo todo, desde la pieza más minúscula de un instrumento hasta el más volátil estado de ánimo; tampoco que haya innumerables lenguas en lugar de una sola, común a todos, como sería también lo más lógico y sencillo; no le importa en absoluto la historia, es decir, por qué las cosas y los países son como son y no de otro modo; ni la ciencia, ni los descubrimientos, ni las exploraciones y la infinita variedad del planeta; no le interesa la geografía, ni siquiera saber dónde está cada continente; si es creyente, le trae al fresco enterarse de por qué cree en el dios en que cree, o por qué obedece determinadas leyes y mandamientos, y no otros distintos. Es un primitivo en todos los sentidos de la palabra: acepta estar en el mundo que le ha tocado en suerte como un animal –tipo gallina–, y pasar por la tierra como un leño, sin intentar comprender nada de nada. Come, juega y folla si puede, más o menos es todo.
Tal vez haya hoy muchas personas que crean que cualquier cosa la averiguarán en Internet, que ahí están los datos. Pero “ahí” están equivocados a menudo, y además sólo suele haber eso, datos someros y superficiales. Es en los libros donde los misterios se cuentan, se muestran, se explican en la medida de lo posible, donde uno los ve desarrollarse e iluminarse, se trate de un hallazgo científico, del curso de una batalla o de las especulaciones de las mentes más sabias. Es en ellos donde uno encuentra la prosa y el verso más elevados y perfeccionados, son ellos los que ayudan a comprender, o a vislumbrar lo incomprensible. Son los que permiten vivir lo que está sepultado por siglos, como La caída de Constantinopla 1453 del historiador Steven Runciman, que nos hace seguir con apasionamiento y zozobra unos hechos cuyo final ya conocemos y que además no nos conciernen. Y son los que nos dan a conocer no sólo lo que ha sucedido, sino también lo que no, que con frecuencia se nos aparece como más vívido y verdadero que lo acaecido. Al que no le gusta o interesa leer jamás le llegará la emoción de enfrascarse en El Conde de Montecristo o en Historia de dos ciudades, por mencionar dos obras que no serán las mejores, pero se cuentan entre las más absorbentes desde hace más de siglo y medio. Tampoco sabrá qué pensaron y dijeron Montaigne y Shakespeare, Platón y Proust, Eliot, Rilke y tantos otros. No sentirá ninguna curiosidad por tantos acontecimientos que la provocan en cuanto uno se entera de ellos, como los relatados por Simon Leys en Los náufragos del “Batavia”, allá en el lejanísimo 1629. De hecho ignora que casi todo resulta interesante y aun hipnotizante, cuando se sumerge uno en las páginas afortunadas. Es sorprendente –y también muy deprimente– que un 55% de nuestros compatriotas estén dispuestos a pasar por la vida como si fueran percebes; o quizá ni eso: una lechuga; o ni siquiera: un taburete.

28/03/15

Entrade!

Nestas vacacións, aproveitade:


27/03/15

Poetizándonos (V)





Raquel García:

1-O poema máis divertido de todo o libro foi "Hemorraxia interna" de Lupe Gómez (Pornografía) porque me estrañou que se puidera falar de esas cousas nos poemas.
  2-O poema máis atrevido de todo o libro foi "A cousa vermella" de Olga Novo porque me pareceu raro que falara do sexo con esta frase  "pero agora vés comer a carne do meu sexo".
  3-O poema máis sorprendente de todo o libro foi "Escelsior" de Manuel Antonio (De catro a catro) porque non lle vin moito sentido ao poema e tampouco sabía que un poema tan sinxelo coma ese se puidera considerar un poema.
  4-O poema máis sentimental de todo o libro foi "O amor" de Lupe Gómez (Pornografía) porque na miña opinión esaxera moito o que pasa cando sintes amor.
  5-O poema máis misterioso de todo o libro foi "Autopoética" de Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados) porque non entendín a onde quería chegar e tamén porque non soupen resolver o que pon ao final de que coas iniciais de cada resposta podería formar o pensamente dun xogador do Deportivo.
  6-O poema máis erótico de todo o libro foi "Poemas da cidade oculta" de Estevo Creus porque sen falar do sexo a simple vista, indirectamente describe o acto de practicar sexo.
  7-O poema máis amoroso de todo o libro foi "Amada,labro versos para ti sen sosego..." de Miro Villar (Abecedario da desolación) porque todo o tempo fala da súa amada con un aquel de desesperacióm.
  8-O poema máis triste de todo o libro foi "Bando" de Manuel María (Documentos persoais) porque todo o que di no poema desgraciadamente sucedeu na época de por exemplo meus avós onde practicamente os privaron de liberdade.
  9-O poema máis alegre de todo o libro foi "O año pitaño" de X. M. Álvarez (Roseira do teu mencer) porque para min non fai referencia a nada e non me ten moito sentido polo tanto faime graza.
  10-O poema máis rítmico de todo o libro foi "Cando chove" de Antonio García Teijeiro (Chove nos versos) porque cando o lín entráronme ganas de entoalo.

O poema que máis me chegou ao corazón foi "Nai" de Xohana Torres (Do sulco) porque foi un poema que me fixo reflexionar...reflexionar sobre como pasa o tempo,sempre tan rápido,sobre como todos nos imos facer vellos,sobre como todo chega ao seu fin...e como consecuencia cando chega o fin de alguén que queremos e o duro que é asimilalo.A verdade este poema fíxome reflexionar sobre algo no que prefiro non pensar xa que para min é un tema frío e sobre do que non me gusta nin pensar nin falar porque anque todo sobre o que me fixo reflexionar sexa certo ás veces cústame asimilalo ou non quero asimilalo.

O que menos me gustou sinceramente foi "Follow me" de Antón Reixa (Viva Galiza beibe) porque non entendo nada de nada.Ese poema para min está escrito con frases sen moito sentido e que mesmo ás veces non entendo nin en que idioma están escritas.Ás veces ata  me resulta gracioso porque non lles atopo sentido xa que as frases non me concordan moito unhas con outras,algunhas non teñen nin sentido.

Daniel Gavieiro Suco:

1- O poema máis divertido foi “De catro en catro” de Manuel Antonio porque no poema utiliza catro idiomas diferentes en forma de cruz.
2- O poema máis atrevido foi “Herba aquí ou acolá” de Álvaro Cunqueiro porque un home quere saír cunha amiga pero esa amiga xa ten mozo.
3- O poema máis sorprendente foi “A torre da derrotA” de Gonzalo Navaza porque dinme conta de que se pode ler tanto como da dereita como da esquerda e iso é moi difícil.
4-O poema máis sentimental foi “As nosas sombras no xardín de Serralves”de Xoán Abeleiraporque expresa a tristeza que sinte unha persoa pola falta de algo.
5-O poema máis misterioso foi “Areados” porque é un poema que te deixa cá pregunta de que será ao que se refire.
6-O poema máis erótico foi “Pornografía” de Lupe Gómez porque fala sobre todo do sexo.
7-O poema máis amoroso foi “Lapidarias.Os versos escuros” de David Rodríguez porque o autor representa o amor que sinte por unha muller.
8-O poema máis triste foi “Nós nus” de Olga Novo porque é un poema no que un home morre pero el non quere morrer por non separarse da muller a que ama.
9-O poema máis alegre foi “Sucede” de Daniel Salgado porque conta o que significa o verán para case todas as persoas,que é unha estación do ano na que suceden moitas cousas divertidas.
10-O poema máis rítmico foi “Ausencias pretéritas” de Miro Villar porque utiliza unha rima asonante con palabras non moi di fíciles.
O poema que máis me gustou foi “Nós nus” de Olga novo porque é un poema, que me imaxino que moitas persoas o entenderan, no que unha persoa moi querida para ti morre e ti queres facer todo o posible para impedilo pero non podes facer nada.
Prometo a flor de loto” foi o poema que menos me gustou xa que non o entendín moi ben.Solo me dín conta de que tiña forma de ave pero non me enterei de nada máis.


Andrea Rodríguez Dobarro:

Descripción: https://mail.google.com/mail/u/0/images/cleardot.gif
1.O poema máis divertido de todo o libro foi Marihuana , de Manuel Rivas porque a falta de saber de alguén ás veces resulta entretido para outra persoa que si que sabe do que está a falar e ten coñecementos sobre iso.
2.O poema máis atrevido de todo o libro foi os Líquidos íntimos , de Olga Novo porque fai una crítica hacia a xente e di verdades que a veces se agochan ainda que sexan obvias.
3.O poema máis sorprendente de todo o libro foi Autopoética , de Ronseltz porque fala de cousas que non teñen nada que ver unas coas outras pero ao final todo está relacionado.
4.O poema máis sentimental de todo o libro foi Quérote coma o meu bisavó , de Raúl Gómez Pato porque en tan poucas liñas expresa todolos sentimentos que pode ter alguén comparándoo con algo distinto.
5.O poema máis misterioso de todo o libro foi E na paixón sorprendeuse , de Ana Romaní porque mestura a loucura coa sorpresa , algo pouco habitual estraño.
6.O poema máis erótico de todo o libro foi Domingo,18 , de Kiko Neves porque utiliza unha linguaxe moi sútil que incluso aínda que o poema non tivese moito sentido , sempre tería un punto erótico.
7.O poema máis amoroso de todo o libro foi Ás veces digo amor , de Pilar Pallarés porque define de distintas maneiras a palabra amor dándolle moitas acepcións facilitando así a súa utilización.
8.O poema máis triste de todo o libro foi Lume no pazo , de Ramón Cabanillas porque expresa a falta de ganas da xente e as consecuencias que isto trae.
9.O poema máis alegre de todo o libro foi Sempre se agarda o verán , de Daniel Salgado porque di todas as cousas boas que poden acontecer nun pequeno período de tempo como é o verán e o moito que se agradece iso.
10.O poema máis rítmico de todo o libro foi Abecedarios baleiros , de Yolanda Castaño porque utiliza moitas repeticións de sonidos , o que colle moito ritmo ao ler.

O poema que máis me gustou de todo o libro foi Os domingos,maiormente , de Kiko Neves porque , principalmente , transmite o significado da felicidade pero exemplificado en acción tan simples como pasear con algué a quen queres.
O poema que menos me gustou de todo o libro foi Follow me , de Antón Reixa porque non acabo de entender o que quere transmitir e aínda sen entendelo non me gusta o seu contido.

María Rodríguez:

1.            O poema máis divertido de todo o libro foi “O POEMA É UNHA PEDRADA NA CABEZA” de Ronseltz, porque compara os versos dun poema cunha pedrada.
2.            O poema máis atrevido de todo o libro foi "QUÉROTE COMO AQUEL HOME” de Raúl Gómez Pato, porque é demasiado atrevido matar por un marco. 
3.            O poema máis sorprendente de todo o libro foi “HEMORRAXIA INTERNA” de Lupe Gómez,  porque ten unha lectura, para min, un pouco machista.
4.            O poema máis sentimental de todo o libro foi “AGORA” de Xoán Abeleira, porque mostra os sentimentos dun amor pasado a historia.
5.            O poema máis misterioso de todo o libro foi “COÑEZO UN LUGAR E NON É LENDA” de Eva Veiga, porque é todo un misterio que ós cans lle medre o rabo cando a lúa empreña.
6.            O poema máis erótico de todo o libro foi “POWER RACING LOVE” de Carlos Negro, porque compara o amor coas películas porcas dos sábados.
7.            O poema máis amoroso de todo o libro foi “CON AUGA DE SEDA VELLA” de Álvaro Cunqueiro, porque consigue namorar con cantigas na primavera.
8.            O poema máis triste de todo o libro foi “AUTOPSIA” de Carlos Negro, porque fai referencia a morte dunha persoa de 19 anos nun accidente de coche.
9.            O poema máis alegre de todo o libro foi “BOLBORETA” de Francisco X.Fernández Naval, porque o faro ilumina aos mariñeiros.
10.         O poema máis rítmico de todo o libro foi “A QUE COÑECE OS NOMES, A QUE DISPÓN O MUNDO” de María do Cebreiro, porque utilizan rima  no diálogo amoroso.
11.  O meu poema preferido é  MARÍA, de Manuel M. Romón, porque cando o leo fai alusión ó meu nome, o cal está espallado por toda Galicia, faime sentir a gusto. Lévame a pensar que teño un nome bonito, o cal estou orgullosa de levalo, grazas a miña avoa, xa que miña nai pensara en poñerme o nome de  Xiana.
12.  O que menos me gusta é SOSTÍVENTE  NUNHA GASA DE ÁS DE GAIVOTA, de Olga Novo, porque foime complicado de entender e non significa nada para min, non me transmite nada.

Paula Vázquez Vázquez: 


Descripción: EmojiO poema máis divertido de todos foi "Sombras" de Xosé María Álvarez Cáccamo, porque parec un xogo de palabras ou mesmo un mini relato para asustar aos nenos pequenos.
Descripción: EmojiO poema mñais atrevido de todos foi "Vou escribir un poema de amor" de Kiko Neves, porque comeza sendo unha conversa erótica entre unha parella e remata sendo unha pelexa entre eles, o cal os separa.
Descripción: EmojiO poema máis sorprendente de todos foi "Sempre se agarda o verán" de Daniel Salgado,porque expresa á perfección as emocións das persoas ante o desexo da chegada do verán.
Descripción: EmojiO poema máis sentimental de todos foi "O amor" de Lupe Gómes, porque expresa o sentimento triste dunha persoa ante a roptura dun amor e as súas consecuencias.
Descripción: EmojiO poema máis misterioso de todos foi "Autopoética" de Ronseltz, porque son frases soltas sen máis e ao final diche como saber a resposta ás frases, pero non cales son, co cal dacge unha pista pero déixate coa intriga de saber o final que terás que resolver ti só.
Descripción: EmojiO poema máis erótico de todos foi "Cerámica" de Lupe Gómez, porque usa termos eróticos referindose concretamente ao que desexa expresar.
Descripción: EmojiO poema máis amoroso de todos foi "Voz sen verbas:" de Antonio García Teijeiro, porque paréceme precioso e expresa o amor que sente un namorado ou unha naorada ante a súa parella.
Descripción: EmojiO poema máis triste de todos foi "Ollando o mar" de Antía Otero, porque fala do cambio dunha paisaxe dunha rapaza a cando se volve muller e os seus sentimentos cara ela.
Descripción: EmojiO poema máis alegre de todos foi "Quérote como aquel home" de Raúl Gómez Patao, porque causame gracia leelo e sabes que me recorda a contos que me contaba meu avó.
Descripción: EmojiO poema máis rítmico foi "O que amo é o amor" de María Xosé Queizán, porque expresa o sentimento amoroso de xeito metafórico con musicalidade e ritmo.

O poema que máis me gustou de todos foi "Dixo:Voumme" de Eva Veiga, porque conmóveme, xa que expresa o sentimento doído de alguén ante a perda dun ser querido e isto faime pensar en sucesos que me ococrreron a min mesma e gústame a súa forma de expresalo, ainda que tamén me gustaron outros poemas do libro de temática amorisa sentimental, este creo que é o meu preferido.
Descripción: EmojiO poema que menos me gustou de todos foi "Abecedarios baleiros" de Yolanda Castaño, xa que para min son frases sen máis, que non expresan ningún sentimento nin teñen un significado, o único é que coa primeira letra de cada frase, fórmase o abecedario, pero on me gustou o poema xa ben poruqe non o entendo moi ben e ademáis non me chegou ao corazón nin me exprsou ningúnha sensación ao lelo.


Telmo García:


1.1. O POEMA MÁIS DIVERTIDO…

Foi o de Eduardo Pondal  que fala da seu propio e enorme nariz. Titúlase “Cando Eduardo Pondal” (p.25) . É gracioso que o mesmo autor descríbase coma un narizón.
Tamén foi gracioso o da p.157 de Ronseltz que se titula “O poema é unha pedrada na cabeza”. É coma un chiste malo, pero é curioso definir así un poema para despois aconsellarnos o uso dun casco.

1.2.        O POEMA MÁIS ATREVIDO…

“Cerámica” (p. 184) de Lupe Gómez. É breve, pero moi suxerente…

Tamén o de Olga Novo “Xalundes”( p.187). Mezcla a descrición dunha cidade cos recordos de O Courel que garda na costura das bragas.


1.3.        O POEMA MÁIS SORPRENDENTE…

Na p.43 o poema de Manuel Antonio titulado “Escelsior”, por  esa forma que recorda aos catro puntos cardinais e por empregar catro linguas diferentes.

Os de Gonzalo Navaza na p. 128-129 na que se len os versos de dereita a ezquerda e de ezquerda a dereita. Aprendín que se chaman Palíndromos.


1.4.        O POEMA MÁIS SENTIMENTAL…

“Por que miña almiña” de Rosalía de Castro. Gústame como expresa o sentimento de tristeza de amor.

O de Celso Emilio Ferreiro (p.59) “El hermosos rostro del país” é un poema cheo de sentimentos fermosos e tristes sobre Galicia. Gustoume o contraste entre todo o bo que ten a terra galega e o final tan triste que fai referencia á emigración.

1.5.        O POEMA MÁIS MISTERIOSO..

Porque nono entendín é o de Antón Reixa “Follow me”(p.133) Non sei cal é o seu sentido.


1.6.        O POEMA MÁIS ERÓTICO…
O  poema “Cerámica” (p. 184) de Lupe Gómez do que falei antes. Refírese aos primeiros pasos que unha persoa da no sexo.

            “Tríptico” de Lucía Novas (p. 196) tamén pareceume erótico porque describe unha caricia con moita pasión e ao mesmo tempo elegancia.


1.7.        O POEMA MÁIS AMOROSO…

O de David Rodríguez “E se o meu amor fose excesivo”. É breve, pero expresa un amor moi grande. O namorado conformaríase só coa metade con tal de poder seguir amando. (p.190)

1.8.        O POEMA MÁIS TRISTE…

“Non coidarei xa os rosales” de Rosalía de Castro. Expresa a amargura e tristeza que está a sentir a poeta. (p.24).
Tamén o de Carlos Negro (p.179) “Autopsia” xa que describe a morte dun xoven nun accidente de tráfico poñendo primeiro datos que soan ben, positivos para despois dar a noticia da morte no último verso.

1.9.        O POEMA MÁIS ALEGRE…
O de “Subióte” de Xosé Neira Vilas (p. 79) porque describe con moita graza e alegría como é o seu chifre.


1.10.      O POEMA MÁIS RÍTMICO…

O de X.M. Álvarez Blázquez “O año pitaño”. Pareceume moi rítmico coma unha canción de nenos. É pegadizo.

O de Antón Reixa “Follow me”(p.133) tamén me parece moi rítmico porque case non ten comas e iso dalle velocidade.

O que máis me gustou foi o de “Cando Eduardo Pondal”. Fíxome rir coa súa ocurrenza. É un poema moi sinxelo, pero a min gustoume.
O que menos me gustou foi o de “Polpa” de Claudio Rodríguez Fer  porque non entendín case nada. Non conseguín nin siquera saber do que falaba en xeral.