ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/03/11

Que me queres, Amor?


Comentario de Aroa Espiño


Que me queres, Amor?
Manolo Rivas
Galaxia


Este libro non foi un dos que me enganchan, non me gustou demasiado; non me gusta como está escrito, nin no que se fixa, en cousas que a min non me parecen importantes, por exemplo, no primeiro conto, no óso dunha cereixa. A historia de "Só por aí" si que me gustou, chamoume a atención a actitude que ten o pai para co rapaz que pasou a noite fóra da casa; meu pai si que preferiría que pasara soa a noite antes de que amencera cuns amigos na praia fumando. O pai tan só quere que el sexa coma os máis.

Do resto das historias penso que non as debín entender moi ben porque non sei o que quere transmitir o autor, porque se son como creo é que entón son demasiado simples.

20/03/11

O pintor do sombreiro de malvas

Comentario de Aroa Espiño


O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais


Este libro encantoume, máis que ningún outro este curso; emocionoume tanto que pouco lle faltou para chorar ao final.

Acabo de lelo e deulle vida a esta tarde; aínda estou algo nerviosa.

Ao comezo pareceume un libro que me ía resultar aburrido, coma case todos, pero despois comezou a parecerme interesante a forma de ser de Vicent, moi intelixente. Gústame do que adoita falar: da vida, do paso do tempo, a melancolía...

Sabe plasmar moi ben e transmitir os sentimentos, mesmo nos demais "Con cada unha das súas palabras arrincaba un anaco da cotra que todos levabamos na alma, revelándonos unha verdade que ninguén enxergaba".

Noutra ocasión o rapa di: "Ás veces sentíame moi próximo a el, coma se posuíse unha chave para acceder á miña cabeza e expresar os meus sentimentos a través das súas palabras".

Eu tiven un amigo que me coñecía tan ben que tamén me pasaba iso con el, dicíame cousas sobre min que eran certas e nin eu mesma podía expresalas tan ben; xa non teño ese amigo e este libro fíxome botalo de menos, ese sentirse descuberto, xa que con ninguén me volveu pasar así.

Estou relendo as páxinas que deixei marcadas que máis me gustaron e non só con iso, sentinme identificada con moitos sentimentos neste libro. Tamén na historia de amor de Adeline, no momento que discuten, como el sente que se distancian e bota de menos as olladas e os sorrisos furtivos do comezo: "Aquel sen vivir, sempre á espreita tras a miña boneca de porcelana".

Si, eses comezos, ese estar aparvado que teñen os comezos, bótase de menos cando todo está demasiado estable, pénsase que todo o bonito de verdade xa quedou detrás... cousas da vida.

Despois, unha vez que xa o tes, véñenche as dúbidas, a sensación de que estás a perder algo: isto tamén se reflicte no libro, el di que non sabe se a ama e Vicent contesta: "O amor é tan poderoso que resulta moi difícil manter o temón dereito"; "ou sobes ao barco e colles o temón, ou nadas en dirección ao porto máis próximo na procura doutra embarcación".

Pero sen dúbida o que máis me gustou foi o final, triste pero moi emocionante.

UN PRACER LER ESTE LIBRO

09/03/11

O pintor do sombreiro de malvas

Comentario de Alejandro Villaverde

O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais



O que menos me gustou deste libro foi o final porque me pareceu moi triste como se sentía o rapaz cando se quedou sen o seu amigo Vicent e tivo que soportar unha situación moi mala xa que as cousas tampouco ían ben coa súa moza, e nese lugar onde non tiña amigos nin se levaba ben coa súa tía debía sentirse moi só.
Porén, o libro gustoume porque Vicent paréceme unha persoa moi interesante, tan angustiado.


08/03/11

O pintor do sombreiro de malvas

Comentario de Bruno Rivas Fernández

O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais



Foi un libro que me gustou moito, en especial a maneira de contar ese anaco da vida de Vicent Van Gogh, a través dos ollos dun rapaz. Resultoume moi curioso o feito de que este rapaz non teña nome, xa que nunca lera un libro no que o protagonista non o teña. Aínda que teño que dicir que o final non me gustou moito, supoño que foi porque non o entendín.
Creo que o libro sería máis interesante se lle puxeran, aínda que fose en pequeno, unha foto de cada cadro que pinta ao transcurso da historia.

07/03/11

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Belén Rey



O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro

Xerais

Pareceume un libro un tanto raro pero moi entretido; non entendín moi ben como un rapaz de 16 anos está cun señor maior día tras día paseando, atopando e buscando lugares para pintar. Non me gustou o seu final, aínda que sempre pode ser peor: non todos os libros poden ter un final feliz.

06/03/11

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Santiago Villaverde


O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro

Xerais


É un libro curto e con vocabulario sinxelo polo que resulta doado de ler. A historia gustoume porque fala de aventuras que lle acontecen a un adolescente durante un verán fóra da casa, entre elas o amor e as decisións a tomar na vida. Outra das cousas pola que me gustou o libro foi polo final aberto, deixando ao lector maxinar o remate que el queira.

05/03/11

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Eduardo Villaverde


O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro

Xerais



É un libro moi entretido que conta a estancia de Vicent en Amberes. A min gustoume moito xa que é moi fácil de ler e as aventuras que viven os dous personaxes principais na vila son divertidas. O que menos me gustou foi o final: o escritor déixao aberto e hai que maxinalo, pero hai dous tipos de finais e non sei por cal decantarme: se polo que se vai coa súa nai ou polo que se queda con Adeline.

04/03/11

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Carmen Campos García


O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro

Xerais


Pareceume sinxelo de ler e imprsionoume o final, por inesperado, posto que eu non o maxinaba así. Eu creo que quere dicir que hai cousas que ocorren e que fan que pensemos no futuro.

03/03/11

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Estefanía Rey Campos



O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro

Xerais



Este libro impresionoume cara ao final. O tráxico desenlace encantoume, porque non o agardaba e porque me encanta que me sorprendan. De feito, quedo co final. O resto non me encantou

Máis sobre Vicent

02/03/11

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Sarai López Espiña

O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais


Gustoume moitísimo porque ten como algo de misterio, é dicir, que o final é inesperado e ao principio mentres vas lendo non che parece que vai continuar así. Non sei, resultoume moi fácil de ler e de entender. É un libro que recomendarei a todo o mundo.

01/03/11

Presentación sobre O Pintor

Achégovos esta presentación sobre o libro que estamos a ler que topei no blogue da biblitoeca do IES de Poio: