ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/17

A neta do señor Linh

Comentario de Noa Presas González


A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
  


Esta historia revélanos unha serie de sentimentos e circunstancias asociados coa perda, coa perda do  fogar, das novas sensacións ao chegar ao un novo destino, tan alleo ao lugar onde viviu sempre, como nos numerosos recordos que o asolan da terra onde naceu e na que foi feliz ata que a guerra destruiu toda esa felicidade acabando con todos os seus seres queridos excepto esa pequena neta coa que unha vez, perdido todo, decide marchar moi lonxe, para darlle unha nova oportunidade na vida.

Tamén nos ensina que a amizade é pura e xenerosa, cando coñece ao señor Bark, cuxa muller falecera recentemente, un afecto espontáneo xorde entre estos dous, que aínda que falan diferentes linguas unha expresión ou unha intención transmite máis que unha hora de charla.

Ambos encóntranse regularmente nun banco do parque ata que, unha mañá, os servizos sociais conducen ao señor Linh a un hospicio que non está autorizado a abandonar. Este consegue escapar e toparse co seu amigo Bark, pero desafortunadamente atropéllano coa súa neta nos brazos, e é entón aquí  cando chegamos a unha revelación ao sorprendente final, onde o autor nos di que a neta é unha boneca. Esta nena tan silenciosa que nunca chora, esas miradas na xente, a negativa do médico a atendela… Pero soamente Bark síguelle o xogo dende o proncipio, xa que entendeu que o seu amigo Linh tiña unha razón moi poderosa para facer o que fai.
Esa razón é a dor do avó, e tal o desgarramento que, en nese preciso momento onde ve ao seu fillo esnaquizado pola malicia da guerra, para poder sobrevivir e aferrarse a algo que dea sentido a súa vida colle a boneca e convértea en neta.

Para min esta foi sen dúbida unha das novelas máis conmovedoras que lin, e onde apreciamos que ás veces é preciso mentirse a un mesmo para esconder a dor, onde a amizade xoga un papel clave e onde a se aprecia que a terra onde un, o seu berce lévase de por vida no corazón.

12/02/17

A neta do señor Linh

Comentario de Noa Villar Gallego


A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
  

Quen dixo que para poder escribir unha boa novela era preciso ser moi rebuscado nos recursos lingüísticos? Ou que había que buscar unha gran cantidade de palabras complicadas para poder presumir de culto? Ou que facía falta utilizar trinta mil adxectivos cada vez que quixeramos explicar como era algo? Pois nada máis lonxe da realidade, e iso é o que nos demostra esta novela.
 O señor Linh viaxa na popa dun barco mirando cara ao horizonte, deixando atrás o país que o vira nacer. Un país que quedou asolagado por culpa da guerra, un país no cal só queda pena e desgraza, un país que el levará sempre no corazón. Consigo, soamente leva unha pequena maleta con algo de roupa, unha fotografía, un saquiño con un pouco de terra e, o máis importante,  acompáñao a súa neta, a pequena Sang Diu. É por ela que decide subirse a ese barco, precisa marchar para que a súa queridísima neta poida medrar e ter unha boa vida. Tras semanas de viaxe no barco, o señor Linh chega a unha cidade na que non coñece a ninguén, nin tampouco a lingua; unha cidade na cal vai moito frío e a cal non cheira a nada. Unha cidade na cal coñece a Bark, un home solitario co que establece unha amizade fóra do común, unha amizade rara pero tamén esperanzadora e necesaria.
Esta novela é unha desas lecturas que, unha vez rematada, non deixa indiferente a ninguén. Unha novela que nos mostra a mirada amable, limpa e bondadosa dun home que ten que pasar moitas adversidades. Unha novela chea de pequenos detalles que a fan moito máis especial. Unha novela que nos mostra a realidade tal como é, sen adornos. Unha novela entrañable que transmite tenrura en cada páxina. Unha novela intensa, cun final moi difícil de esquecer e que recomendo ao cen por cen.

11/02/17

As sete mortes

Comentario de Roberto Agra Buján


As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia




Despois de ler este libro, acabeime de convencer de que Carlos Vila Sexto é un dos mellores escritores dos que tiven o pracer de ler as súas novelas. "Gárgola", "O enigma de Caronte" e agora "As sete mortes", eses son os libros que lin del e debo dicir que este último foi o que máis me gustou, a ambientación e os repentinos xiros argumentais danlle a este libro unha capacidade de sorprender que os outros non teñen.

O libro enganchoume dende o primeiro momento, empezando cun morto xa no prólogo, así se ten que empezar un libro de terror e misterio, así se engancha ao lector a unha historia que acaba por xirar en torno á mitoloxía celta.

Coma sempre, houbo personaxes que conseguiron cautivarme, un trátase do personaxe que eu bauticei co nome de RefrexoMan ata que xa se lle deu un nome na novela, conseguiu captar a miña atención polo misterio que o rodeaba e por ese aire escuro e siniestro que a min tanto me gusta, o outro personaxe que me encantou foi o propio protagonista, Xacobe, pola súa visión da inmortalidade e da vida, o único que me causaba repulsión deste personaxe era a súa adicción ás drogas durante a primeira parte da novela.

En definitiva, "As sete mortes" ten unha perfecta combinación de bos personaxes, boa ambientación e boa narrativa; unha perfecta representación de como deberían ser todas as novelas de terror. O libro empeza coa simple premisa de un misterioso asasinato, pero pouco a pouco complica o argumento convertendo o libro nunha montaña rusa de emocións as cales van cambiando entre a sorpresa e a espectación.

08/02/17

A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey

Comentario de Noa Villar Gallego





 
A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey
Shaffer, Mary Ann e Barrows, Annie
Rinoceronte





Supoño que ninguén pode quedar indiferente tras ler un título coma o deste libro, e eu non ía ser menos.  De entre unha morea de libros, títulos e autores sempre buscas algún detalle que chame a atención para poder escoller a túa próxima lectura, e iso foi o que me pasou con esta novela que inspira orixinalidade e diversión por un tubo.
Juliet Ashton é unha escritora que no ano 1946 recibe unha carta dun descoñecido, un membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro que fai anos pertencera a Juliet. A protagonista desta novela precisa inspiración para escribir un artigo no periódico Times,  e é a través da correspondencia cos demais membros do orixinal club de lectura, onde atopa un posible tema para o seu novo traballo.
Esta é a trama inicial da novela que, segundo teño entendido, foi escrita maiormente por Mary Ann Shaffer  que, por causa dunha enfermidade grave  non puido rematala e tivo facelo a súa sobriña, Annie Barrows.
Direi que foi unha lectura, ante todo, diferente. Non estou acostumada a ler novelas en forma de epistolario, pois ao longo da miña vida non lin máis ca unha ou dúas, as cales me pareceron aburridas e lentas. En cambio esta non me produciu esa sensación de querer abandonar a lectura, dende o principio tivo algo que me enganchou.
Gustoume poder apreciar o tempo que pasaba dende que alguén escribía unha carta ata que recibía a resposta, o poder ver que ao longo do transcurso do libro pasaron máis de nove meses. Tamén me pareceu moi interesante o feito de que o club de lectura se creara case por accidente, de que algúns dos membros non tiveran nin interese en ler e de que ao final a asociación lograra que todos se uniran moito máis e que tamén lograran levar a situación que estaban a pasar dun xeito un pouco máis sinxelo.
En conclusión, unha novela moi entretida e orixinal cuns persoaxes ben creados e estruturados que recomendo sen dúbida algunha.

05/02/17

O home que era xoves

Comentario de Roberto Agra Buján



O home que era xoves 
Gilbert Keith Chesterton
Ed. 2.0 editora





Existen poucos libros que lea nunha tarde, principalmente porque disfruto tomándome a lectura con calma e lendo só cando me apeteza, pero este libro fixo que non puidese despegar a vista del ata que o rematei.
Durante o tempo que estiven lendo o libro, deume a impresión de estar dentro dun xogo de bonecas rusas no cal cada capítulo vai descubrindo os segredos que rodean á cúpula anarquista de maneira que cada segredo da pé a outro máis enrevesado.
O secretario do consello anarquista, e o protagonista, son os personaxes que na miña opinión, están mellor plantexados, como o secretario demostra en todo momento ese malestar mental que non o deixa de mancar, como se reflexan as inquetudes de Syme cando se atopa por primeira vez con Domingo, todo iso fai que se estableza unha especie de empatía entre eses personaxes e o lector.
Non quixera rematar esta crítica sen facer mención á miña parte preferida do libro, a cal ten o seu momento álxido nunha cidade francesa a cal se levanta en armas para loitar contra o suposto inimigo.