ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Alberto Cerdeira Bravo


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais






Hai dúas semanas lin Os fillos do mar e aínda hoxe recordo unha gran cantidade de detalles. As cen primeiras páxinas pode que sexan un pouco aburridas, pero coa aparición de Mariña todo se volveu máis interesante. Ademais a min gústame moito todo o referente ó nazismo e á historia da primeira metade do século XX,  co cal houbo partes que me gustaron moito. 
Este é un deses libros que te mete na historia e só desexas seguir lendo para saber que pasa e como se resolve a historia. O final é moi bonito sobre todo esa escena de sexo sobre o sofá tras un duro traballo.
Esperábame máis mortes pero gustoume moito o libro. Moi recomendable.

29/11/12

Os fillos do mar



Comentario de Eloi Fidalgo Fraga 


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais




Acabo de acabar de ler o libro e quedei moi contento, porque ata os
últimos capítulos non se desvela nada da novela. Ao principio érame algo custoso manter a atención e cara o final xa o libro me pedía seguir lendo.

Antes de coller o libro amargoume moito empezar debido ao seu
grosor, pero é un libro moi entretido.

Os personaxes que mais me gustaron foron Simón, o policía e Daniel, o pai de Simón.

É un libro moi entretido sobre todo pola parte final e que llo recomendo
a quen lle gusten as historias de aventuras ect.

28/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Eva Fares Borrajo


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Despois de ler xusto a metade do libro a intriga apoderouse de min.  Busco o momento para seguir  lendo e descubrir se pasa algo entre Simón e Mariña, que pasa con Ascanio, quen matou  á señora Isabel Llobet…
Gústame moito que o libro estea ambientado nunha cidade galega, que aínda que non coñezas moito, podes intuír a súa paisaxe.
Este tipo de novelas policíacas engánchanme moito e fan que me custe parar de lelas ata que as remato.
Polo que levo lido, recomendaría este libro a calquera persoa.
 

26/11/12

Unha estrela no vento

Comentario de Belén Ansedes Cornado

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais


Este libro trata temas como a violencia, o racismo, a morte... tan presentes na vida real.
É unha historia entretida, aínda que algo lenta e repetitiva.
Abel é un ser entrañable, na miña opinión o máis forte de todos.
A fauna afeccionada á violencia é realmente noxenta. Cren que cunha navalla resólvese todo. Xente como esa sobra no mundo.
O libro non me gustou moito. O final é bonito e triste, é doado derramar bágoas. Creo que podo dicir que me gustou unha terceira parte do libro, xa que ao non caerme nada ben o protagonista todo o que lle afecta a el non me satisface.

Unha estrela no vento

Comentario de Juan Ares Pérez

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais

Un libro cheo de violencia, racismo, machismo, tristura... A verdade é que este libro gustoume moito, en especial Reina, a xitana simpática que me caeu moi ben e fixo que o libro fose máis entretido.
Que dicirche a ti, Abel! Abel, o personaxe que nos fixo derramar máis dunha bágoa ao final do relato, o mellor de todos.
O engano do pai pareceume un pouco de telenovela de sobremesa.
Paula pareceume un pouco infantil e Marta unha rapazola descarada.
O libro gustoume, ata o momento é un dos mellores libros que lin.