ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/06/15

A noite que Wendy aprendeu a voar

 Comentario de Anxo Gil


A noite que Wendy aprendeu a voar
 Andreu Martín
Xerais







Foi unha cousa moi curiosa, xa que eu xa tiña lido anteriormente novelas policíacas, pero ata entón ningunha me gustara. Sen embargo, este libro gustoume moito máis ca os outros, xa que neste libro hai momentos de humor, e ademais a trama avanza moito máis rápido ca noutras novelas policíacas, así que non te aburres tanto. O problema foi que ao principio non entendía nada, pois falaba de sectas como os masóns, os illuminatti... destes últimos xa tiña algún coñecemento, pero sabía que eran unha secta e pouco máis, e aos masóns xa nin os coñecía, así que me documentei na Wikipedia para poder saber de que falaban, e entender mellor a historia. 
O personaxe de Wendy encantoume porque, en canto saeu da auga, estando a punto de morrer afogada, deulle unha venada e empezou a actuar coma unha maníaca, descubríndose a sí mesma. O meu momneto favorito do libro foi cando Roger lle dixo o equivocado que estaba e lle dicía que era auténtica, ao que ela lle contestou que sen el a súa vida era mellor, decindo que prefería ver como Mon ía ao baño que quedar con el, deixándoo só, xa que a Andrea non lle interesaba Roger.

21/06/15

O inferno de Marta

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 


O inferno de Marta, o libro escrito por Pasqual Alapont é unha peza na que se representa o machismo na sociedade actual.
Nesta obra pódese observar como a nosa protagonista (Marta) acaba e perder parte da súa vida ao decidir estar con Héctor, a persoa que a maltrata e a insulta con tal de facer o que el quere, e que lle regala detalles para que ela o perdoe e a historia se volva repetir. Neste caso o libro case non se afasta da realidade, xa que na actualidade a maioría dos casos de machismo ou violencia de xénero non son denunciados e por iso cada ano hai un elevado número de vítimas. Moitos pensan que é tan sinxelo coma irse do carón do maltratador pero dende o meu punto de vista isto non é así.
Durante o curso da historia descubrimos que Héctor tiña máis mozas coas que facía o mesmo. Tras saber isto, o libro (na miña opinión) deu un xiro completo xa que Marta comezaba a "abrir os ollos" pero iso non impedía de todo que Héctor a seguise torturando.
Finalmente grazas as súas amigas Marta conseguiu escapar del e salvar a súa vida máis a do seu fillo.
En xeral, gustoume moito xa que se mostra perfectamente o que é o machismo, ademais de que finalmente conseguiuse facer xustiza e Marta conseguiu escapar dese inferno. É unha obra que eu recomendo xa que a súa historia paréceme moi boa e interesante ademais de que son casos que suceden na vida real.

20/06/15

Soidades de Ana

Comentario de María Rodríguez González


Soidades de Ana
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia



O libro  de Jordi Sierra i Fabra baséase nunha historia de adolescentes.
Ana é unha rapaza feliz de 15 anos, cometeu o gran erro, un embarazo non desexado. Isto ten consecuencias moi graves para ela que deberá afrontar o problema completamente soa. Algo que en principio parece sinxelo e que para ela foi moi grave, foi o motivo para poñer fin a súa vida.
A súa irmá Vitoria, que está estudando en Londres,  fixo moitas averiguacións ata chegar a descubrir como foi realmente a tráxica historia. Algo que se podería haber evitado se os profesionais (farmacéuticos, médicos, enfermeiras..) fosen máis comprensivos cos adolescentes. Por parte de súa nai, opino o mesmo, debería ser máis tolerante, non debería  quitarlle os preservativos a súa filla...
Esta obra axudoume a ver que cando hai problemas, non só necesitamos axuda dos amigos senón tamén a dos maiores e por suposto da familia.
Este libro gustoume moito porque  é moi realista, o mesmo que lle pasou a Ana poderíalle pasar a calquera outra adolescente. Paréceme unha obra para ler non só as/os adolescentes, senón tamén os pais e as nais. Así poderían falar mais cos seus fillos para que cando estes teñan un problema deste tipo non se atopen totalmente illados.

19/06/15

A Pantasma de Canterville e outros contos

Comentario de Francisco Rivas Santomé



A Pantasma de Canterville e outros contos
Oscar Wilde
Xerais









Este libro xa o lera en Inglés, e por iso podo comentar que está moi ben; como o tema do que as cousas ás veces non son o que parecen no caso da pantasma, xa que por culpa de dous rapaces o que acaba mal é el a causa das súas travesuras.
A familia Otis, de clase social alta, paréceme moi valente no feito de querer vivir nunha casa encantada, xa que non todas as persoas temos as mesmas agallas para facer isto, porque non sabes o que pode pasar nestes casos.
A pantasma tivo unha morte que persoalmente pareceume moi cruel, por mor do que lle fixeran; quedara encerrado nunha habitación sen comida nin bebida, morrendo a causa disto.
Dos personaxes, os que máis me chamaron a atención foron os irmáns xemelgos, xa que os dous xuntos ca axuda da familia foron capaces de derrrotar ó fantasma coas artimañas que lle poñían, (burlábanse del, poñíanlle aceites, deterxentes... etc.).
É un libro que ten moita intriga, xa que cada día que o lía quedaba pensando en saber o que podería pasar cos personaxes da historia e o seu futuro naquela mansión encantada.
Cando chega o final, queda todo o misterio resolto, e todo como podíase esperar; xa que a filla dos Otis axúdao a librarse da súa maldición e así poder descansar en paz; a pantasma estivo vagando polo tempo sen estar de todo morto durante trescentos anos.

18/06/15

O curioso incidente do can á media noite

Comentario de Nerea Álvarez


O curioso incidente do can á media noite
Mark Haddon
Rinoceronte





Este libro foi un dos moi poucos libros que me decepcionaron ó lelo.
Non me gustou principalmente pola súa expresividade nos seus relatos, quero dicir que non me gustou como, mentres conta a súa historia, expresa moitas cousas con cifras matemáticas ou científicas; como por exemplo, creo que foi no capítulo 101, expresou o que contaba cun problema matemático. A dicir verdade pareceume algo estraña esta historia xa que dende un principio lévate, coma quen di, por un lugar distinto, quero dicir, que no meu caso pensei trataría doutro tema porque ó representar moitas cousas con matemáticas , ciencias , xeografía, etc.
Tamén teño que dicir que unha das cousas que me animou a rematar o libro foi  a intriga de que debuxos ou problemas matematicos me ía encontrar.