ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/15

O inferno de Marta

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 


O inferno de Marta, o libro escrito por Pasqual Alapont é unha peza na que se representa o machismo na sociedade actual.
Nesta obra pódese observar como a nosa protagonista (Marta) acaba e perder parte da súa vida ao decidir estar con Héctor, a persoa que a maltrata e a insulta con tal de facer o que el quere, e que lle regala detalles para que ela o perdoe e a historia se volva repetir. Neste caso o libro case non se afasta da realidade, xa que na actualidade a maioría dos casos de machismo ou violencia de xénero non son denunciados e por iso cada ano hai un elevado número de vítimas. Moitos pensan que é tan sinxelo coma irse do carón do maltratador pero dende o meu punto de vista isto non é así.
Durante o curso da historia descubrimos que Héctor tiña máis mozas coas que facía o mesmo. Tras saber isto, o libro (na miña opinión) deu un xiro completo xa que Marta comezaba a "abrir os ollos" pero iso non impedía de todo que Héctor a seguise torturando.
Finalmente grazas as súas amigas Marta conseguiu escapar del e salvar a súa vida máis a do seu fillo.
En xeral, gustoume moito xa que se mostra perfectamente o que é o machismo, ademais de que finalmente conseguiuse facer xustiza e Marta conseguiu escapar dese inferno. É unha obra que eu recomendo xa que a súa historia paréceme moi boa e interesante ademais de que son casos que suceden na vida real.

Sen comentarios