ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Ana Colmeiro


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais

Sinceramente penso que o narrado neste libro, feito dende o punto de vista dunha muller, tamén podería ser aplicado ao sexo masculino. Mentiría se digo que a moda e as últimas tendencias teñen máis importancia (en número de persoas) nas mulleres ca nos homes, pero é evidente que eles xa se empezan a preocupar moito con iso tamén. O libro, malia ser moi curto, expresa claramente a decisión dunha muller que non quere "ter costuras nos labios" xa dende o primeiro poema. Gustoume a forma de expresar o seu descontento coa sociedade en xeral e parecéuseme bastante a un libro que estou lendo chamado EL CUADERNO DE MAYA, no que tamén (como neste libro) a protagonista intenta ser difererente, non por ser orixinal e atraer miradas, senón porque non está de acordo con esas modas tan superficiais que destacan agora. A voz de Penúltimas Tendencias quere un mundo no que a apariencia non sexa o todo, senón que quede cuberta detrás da importancia da intelixencia, razón e demais características que si que fan a alguén único. Califica o rosa como a cor na que visten as mulleres (cor que eu odio) e eso fíxome pensar na tradición de: "rosa para as nenas, azul para os nenos". Tradición ou non, está feita para separar xa homes e mulleres dende que son pequenos. O poema que tanto fala da cor rosa fíxome cavilar niso. É unha cousa sen importancia, pero que, queiramos ou non, aínda perdura na sociedade deste século. Rematando xa, teño que dicir que os dous poemas que máis me gustaron foron "Tatuaxes" e "National Geographic". 
De todos os libros que lin de Carlos Negro, este foi o que máis me gustou xa que, como os outros, critica algo da sociedade. Este tema concreto pareceume particularmente acertado en canto ó tema e ás palabras que elixiu para expresalo. O libro, malia ser breve, ten o toque xusto de fermosura en cada verso o que fai del un libro facilmente apreciable polo lector, neste caso, eu mesma.

Made in Galiza

Comentario de Noelia Sampayo Iglesias

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia



Este libro pódese caracterizar pola situación do galego hoxe e pola situación sociolingüística. Tamén me gustou moito porque os relatos que Sechu Sende representa no seu libro, trata de cousas totalmente distintas pero á vez, teñen algo en relación, a situación sonciolingüística do galego. A verdade que é outro libro que recomendaría bastante porque defende a lingua galega e danos pistas de como facer que mellore hoxe en día. Aínda que eu non sexa moito de libros con relatos pero podería facer algunha excepción con algúns, sobre todo con estos. 

29/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Leticia Couto


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais

Este conxunto de poemas, non podo dicir que me encantasen porque a verdade é que eu son bastante "cursi" e o autor ve as cousas nunha perspectiva moi diferente aínda que moi realista. Gústoume porque é sinxelo e lese moi rápido. Teño que confesar que algúns poemas  me fixeron sacar un sorriso.
 É un libro moi actualizado e diferente de moitos outros dos que lin xa que nel nos afasta do machismo e nos achega novos costumes. É recente, ata o punto no que un poema fala sobre a película tan famosa como é "Tres metros sobre el cielo" ou mesmo menciona twitter, incluso ata o cantante Justin Bieber. Porén, a pesar de ser un libro tan actual, hai cousas sobre as que eu non estou de acordo e por iso non podo dicir que fose un libro que me encantase, simplemente é diferente. O único poema que realmente me parece que vale a pena destacar é o de 3 MSC, xa que me resultou atractivo e incluso me invitou a reflexionar.

Tristes armas

Comentario de Mª Eugenia Gil Pallares


Tristes armas
Marina Mayoral
Xerais




Tristes armas, libro fermoso mírese por onde se mire. E sen lugar a dúbidas, dos mellores libro que lin. Libro triste, pero tamén con seus momentos alegres. Libro que a máis de un xa fixo chorar. Este libro conta varias historias á vez, pero todas cun mesmo inicio e todas enlazadas. Conta a historia de como dúas rapazas pequenas teñen que marchar a Rusia debido á guerra que había en España. Conta como estas rapazas crecen sen saber nada de súa nai e de como pouco a pouco van crecendo e cumprindo os seu soños. Tamén conta como a súa nai tenta localizalas, como marcha para Arxentina e como dende alí marcha cara a Estados Unidos. Pero a historia máis bonita é a da carta. Unha inocente carta que envían Harmonía e Rosa e que nunca chega ao seu destinatario, rematando anos despois nas súas mans de novo. Libro precioso que ten un 10 ben merecido. Libro que me enamorou.