
Este conxunto de poemas, non podo dicir que me encantasen
porque a verdade é que eu son bastante "cursi" e o autor ve as cousas
nunha perspectiva moi diferente aínda que moi realista. Gústoume porque é
sinxelo e lese moi rápido. Teño que confesar que algúns poemas me fixeron
sacar un sorriso.
É un libro moi actualizado e diferente de moitos
outros dos que lin xa que nel nos afasta do machismo e nos achega novos costumes.
É recente, ata o punto no que un poema fala sobre a película tan famosa como é
"Tres metros sobre el cielo" ou mesmo menciona twitter, incluso ata o
cantante Justin Bieber. Porén, a pesar de ser un libro tan actual, hai
cousas sobre as que eu non estou de acordo e por iso non podo dicir que fose un
libro que me encantase, simplemente é diferente. O único poema que realmente me
parece que vale a pena destacar é o de 3 MSC, xa que me resultou atractivo e
incluso me invitou a reflexionar.
Sen comentarios
Publicar un comentario