ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/02/16

Dime algo sucio


Comentario de Noelia García


Dime algo sucio 
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
“Dime algo sucio” de Diego Ameixeiras chamoume moito a atención porque dábame a sensación que detrás de ese título e esa portada ía encontrar unha historia que respondera as miñas preguntas de por qué ese título e por qué esa portada.
Foi un libro que o lin rápido, xa que lía un capítulo e tiña a necesidade de ler outro. Aínda que en cada capítulo se narraban diferentes historias, todas elas da vida real, que o único que tiñan en común era a cidade de Oregón estaban todas entrelazadas.
O que menos me gustou foi ao principio cando nos fala da violación, non me gustou porque era unha violación pero na vida real tamén ocorren estas cousas e este libro gustoume moito porque todo o que nos di pasa na vida real.
Os personaxes que parecían xente que pasa desapercibida, xente normal, en cada persoa había unha historia diferente que me sorprendeu.
Outra das cousas que máis me gustan deste libro é que o autor da unha descrición moi detallada na que te imaxinas todo á perfección pero á vez tamén deixa cousas moi abertas para que as imaxinemos nós.
En resumo, este libro gustoume moito e recomendaríao. 

28/02/16

Memorias dun neno labrego


Comentario de Silvia Bruguera

 

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro



Este libro foi doádo de comprender xa que o escritor usa un vocabulario moi sinxelo.
Balbino é un rapaz da aldea. Os seus pais son labregos, son xente que traballa para o seu señor. No libro refléxanse as desigualdades sociais: de como os señores posuían os privilexios, as terras e os cartos mentres que os labregos tiñan soamente o necesario para sobrevivir, as terras que traballaban e os cultivos que recollian nelas ían para os seus señores. As historias deste libro foron escritas por Balbino no seu diario; e posteriormente un autor coñecido publicou a súa vida, para que a xente observase a sociedade do seu tempo.
Ensina como era a vida rural hai moitos anos; as tarefas que tiñan que realizar ás tres da mañá, que os seus señores sempre tiñan razón e non se podia contradicilos porque senón castigaban aos labregos.

Unha parte do libro que me gustou foi cando Balbino decide fuxir uns días da casa porque o seu pai deulle unha somanta despois de meterse con Manolito, o fillo do seus señores. Porque Manolito anteriormente cuspírao, déralle cos zocos e ameazárao a el e á súa familia con botalos da súa casa se quixese. Pareceume ben que Balbino non quedase calado, e que se revelase en contra do que pensaba que estaba mal, pese a ser un neno de pouca idade.

Un capítulo que tamén me agradou foi " O xudío " nesta parte fala de cando Balbino foi dar ao seu terreo, na procesión da misa. O xudío concienciouno sobre que non crese cegamente na relixión, nin nos seus oradores porque mentres a xente confesa os seus pecados, os curas contannos polo pobo. Contoulle a Balbino que o chamaban o Xudío simplemente por dicir o que pensa, dicia que pensar e pidir xustiza era pecado. Tamén fai unha pequena crítica do que se lles ensinaba aos rapaces e que era realmente necesario.
Un dos capítulos que menos me agradou foi na morte do seu padriño; porque reflexa o sentimento de tristura de toda a familia de Balbino.

Nalgún capítulo fala de ir ás Américas. O seu irmán maior, Miguel, foi en busca de cartos para facerse rico; pero en realidade naqueles tempos había as mesmas vantaxes en Galicia e nas Américas. Algúns mesmo volvían máis pobres do que foron, e outros nin sequera podían volver porque os seus recursos económicos non llo permitían. Balbino tamén quería marchar para as Américas coma seu irmán, porque quería coñecer o mundo, as historias doutros puntos xeográficos e facerse rico.

O meu personaxe favorito é o protagonista Balbino, gústame moito a súa forma de ser, xa que non queda calado ante as cousas que pensa que son inxustas.

27/02/16

Historias de Oregón



Comentario de Francisco Rodríguez


Diego Ameixeiras
Historias de Oregón
Xerais




Este é o segundo libro que leo de Diego Ameixeiras e, por desgraza, debo dicir que non me deixou tan bo sabor de boca coma o fixera a novela "A noite enriba". Por ese máxico sabor que Diego me deixara anteriormente creo que tiña demasiadas expectativas postas nesta novela negra e a historia non chegou a acadalas todas coma eu previra.
Eu definiría a este libro coma un gran puzzle xa que cada capítulo semellaba ser unha peziña, que á súa vez non encaixaba coa peza anterior polo que tiñas que ir encaixándoas ti mesmo a medida que avanzaba a trama. Este feito provocaba que, se querías ler unha historia toda seguida, debías saltar dous ou tres capítulos ata que chegabas outra vez a outra peziña que encaixara coa historia que estabas a ler. Esta sucesión tan continuada de capítulos dificultoume bastante a lectura, xa que fixo que o libro se me fixese interminábel pese a non ter excesivas páxinas. Debo confesar que contaba con que, no final do libro, todas as historias se entrelazarían como xa ocorreu noutros libros que lera anteriormente, pero non foi así xa que durante toda a novela o único trazo común entre as distintas historias foi que todas desenvólvense na cidade ficticia de Oregón.
Pese a isto houbo unha historia que me gustou especialmente, esta foi a da vida dunha enorme muller, de Aurora P.G. Pero non é unha muller cunha vida normal senón que sofre un dos peores virus que sofren as mulleres, e que por desgraza aínda non somos quen de eliminar, de eliminar a eses desalmados que maltratan as "mulleres das súas vidas". Esta historia emocionoume especialmente, xa que os sentimentos que exterioriza Aurora son incribles, ese medo que sente co simple feito de que o seu marido entre na casa pareceme algo que ninguén debería sentir nunca nesta vida. Esa impotencia coa que durme na alfombra porque sabe que se se pon na cama el vaina botar. Ese alivio que sente cando xa acabou todo pareceume un sentimento que penso que é imprescindible nestas persoas que sofren esta situación pero non me pereceu ben como Aurora conségueo e desfaise do problema, porque aínda que ó mellor parece que non hai outra opción, paréceme incrible como deben estar as mulleres maltratadas para cobrarlle o maior prezo posible a ese home que tanto as oprimiu. Pareceme unha gran historia, que deberían ler os rapaces que se están formando para aprender claramente o que NON se debe facer en ningún caso, e as rapazas, tamén en formación, pero desta vez para aprenderlle que ningunha muller merece ser oprimida polo que teñen que elevarse e loitar contra o problema sen necesidade de chegar ó extremo que pon no final da historia.
Outro feito que me pareceu interesante e curioso foi a ausencia total, durante toda a trama, de apelidos completos xa que todos os personaxes aparecen só coas iniciais destes.
Á súa vez tamén se pode observar gran cantidade de acción durante todas as historias o que me gusta moito nun libro deste tipo, coma ocorre na trama dos gardabosques, que está rebosante de acción. Este foi un feito que contrarrestou un pouco coa dificultade de lectura que ofrece a alternancia de capítulos, xa que a abundante acción enganchábache á trama independentemente da historia na que estiveras, o que penso que é un feito que todo autor busca cando escribe unha novela coma esta.
 

26/02/16

A noite enriba

 Comentario de María Rodríguez


A noite enriba
Diego Ameixeiras





A noite enriba, de Diego Ameixeiras, é unha novela negra relacionada coa vida dun escritor chamado Ricardo Barros. Aborda asuntos como a soidade do escritor, as súas dificultades para sobrevivir e os seus sufrimentos.
O protagonista  desta novela, Ricardo Barros, tamén é escritor de novela negra;  este escritor que, homenaxea a David Goodis, conta asuntos polos que vai atravesando o protagonista da historia. Entre  as dificultades económicas, a soidade do escritor e os padecementos que sufre, tamén manifesta a obsesión do escritor por rematar a obra empezada en Oregón e que o leva a cruzar o charco para tentar rematala  en Filadelfia, onde nacera Goodis e tamén é protagonista do seu libro,  co que está realmente obsesionado.
Todo isto transcorre mediante fragmentos entrelazados que están simbolizados entre o espazo familiar de Oregón e Filadelfia.
Como en toda novela negra, e así acontece nesta, non podían faltar policías corruptos, asasinatos e traficantes de droga.
A noite enriba é unha novela para gozar, que engancha e invita a manter a tensión ata o final, pero na que tamén, polo menos eu, tiven que volver a reler de novo algunha pasaxe para poder responder as preguntas que eu mesma  me facía.
Dende o meu punto de vista, esta novela gaña en xiros inesperados, cun final ben logrado e imprevisible. Gustoume moito.

25/02/16

Unha puta percorre Europa

Comentario de Noelia García


Unha puta percorre Europa
Alberto Lema
Galaxia



Este libro gustoume moito e pareceume moi axeitado para ler nestes tempo, recomendaríallo a moita xente.
Gustoume porque xa ao principio trata a relación de amor entre dúas mulleres, o que moita xente rexeita ou non soporta. Tamén pola defensa das mulleres fronte á prostitución, xa que hoxe en día a prostitución parece algo normal que a xente o ve como habitual e incluso fan burlas e bromas acerca diso.
A idea de ir matando a xente, ao principio non me pareceu moi apropiada pero en realidade era o único xeito de que as demais persoas viran a gravidade do asunto.
Despois da morte de tres persoas, salvando a un, foi cando os policías empezaron a investigar e a darlle importancia .
Un dos mortos, César, o seu pai era narcotraficante e como os cartos fan milagres moveu os seus fíos para vingar a morte do fillo e atopar as asesinas.
O conselleiro tamén tivo que contratar a Diana para poder gañar, e demostrar que non era un machista. Así contratou a unha muller para poder ocultar toda a verdade.
Ao final faise recapacitar a todas as persoas.
A conclusión que saquei deste libro é que non nos damos conta do machistas que poden ser as persoas, que cada un ten que ser como se sinta ben e que ninguén se ten que meter con nadie por ser diferente ou ter outra maneira de pensar e que desgraciadamente cos cartos fan milagres e inxustizas.

24/02/16

O lapis do carpinteiro

Comentario de Anxo Gil

O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais 
 
 
 
O libro gustoume moito, pois xa vira unha vez parte da película e quedara ca gana de ler o libro. 
Aínda que me gustou moito o libro, en moitos momentos quedei moi confundido, pois non sei se finalmente Herbal matou ao pintor ou non, pois no principio do relato Herbal di que o matou, pero despois di que o pintor o visitou no cárcere despois de que matara ao marido da súa irmá, que a maltrataba.
A historia do doutor pareceume fascinante, pero non me quedou claro o motivo polo cal marchou do cárcere para ir cos tuberculosos, supuxen que sería para axudar a tratar aos enfermos, pero para iso habería máis médicos, non entendo por que collen a un preso.
O meu personaxe favorito é sen dúbida o doutor Da Barca polo seu valor e o seu humor, e por non renunciar nunca ao seu amor, Marisa Mallo, que tamén é das miñas personaxes favoritas, xunto coa monxa, Marisa por loitar polo seu amor e a monxa por axudar á xente a ser feliz neses momentos de anguria. Herbal non me gustou especialmente porque, a pesar de que ao final da historia mellorou a súa actitude, ao principio foi detestable.
Xeralmente non me adoitan gustar as historias de amor, pero esta foi diferente.
 

23/02/16

Ollos de auga

Comentario de Francisco Rodríguez






Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia




"Ollos de auga" foi o segundo libro que lin de Domingo VIllar, e a verdade é que volveu cumprir as expectativas que tiña depositadas nel cando o collín. Debo dicir que o feito de ter unha certa similitude co outro libro que lin deste autor "A praia dos afogados" axudou a que me gustara tanto, porque hai moitos aspectos ou accións que me namoraron anteriormente e que volvían aparecer nesta novela. Unha gran virtude de Domingo Villar polo que puiden observar tanto en " A praia dos afogados" como neste libro, é a de integrar cunha gran maestría o título, que está intimamente relacionado cos ollos cristalinos do saxofonista morto.
O que me atraeu foi que, dende a primeira palabra, houbo unha intriga enorme que é o que eu busco nunha novela destas características, e tamén pareceume moi interesante o feito de que parece que te atrapase na súa trama sen que te puideras soltar o que fixo que a lectura me parecese moi amena xa que creo que me metín de cheo na vida tanto dos policias Leo Caldas e Rafael Estévez coma na vida do principal sospechoso, o doutor Zuriaga.
Por outra parte quero destacar a presenza de feitos totalmente humorísticos que fan moito ben a historia xa que, neses momento, tírante dela e distraente, o que creo que é unha cousa moi dificil nun libro de novela negra, que te saquen da tensión continua sen perder as gañas de seguir lendo. O principal exemplo que poría destes momentos humorísticos sería o feito que ocorreu cando foron os policias ó pub de ambiente homosexual, o Idílio, para interrogar a Oreste, o DJ do pub. O que espertou a miña gargallada foi que, tras picarlle unha faneca no pé, Estévez descalzouse e puxo o pé en alto sen importarlle nada daquilo, o que me pareceu moi divertido porque non é unha cousa que se atreveran a facer todos e menos nun lugar público como aquel, pero el fíxoo con total normalidade.
O personaxe que máis me gustou foi claramente Rafael Estévez, un policia moi da vella escola que para min foi o principal protagonista dos momentos de humor e tamén me pareceu un personaxe imprescindible no conxunto total do libro. Tamén pareceume moi interesante o xiro dos acontecementos que se produce cando se descubre que o doutor Zuriaga era homosexual pese a estar casado cunha muller.
Este foi un feito que baixo o meu punto de vista reavivou a trama, o que me axudou para seguir mergullado no libro.
Debo dicir que, cando levaba lidos tres cuartos de libro, dixen quen era o ou a asasina ", e, aínda que nese momento díxeno ao chou resultaría que estaba no certo, o que me pareceu un final un pouco frouxo tendo en conta o gran libro que levaba ás costas.
En definitiva un libro que, ó igual que "A praia dos afogados " gustoume moito e no que agás ese final pouco impactante non cambiaría nada. Un libro que no conxunto  volvería ler sen problema.

22/02/16

Os fillos do mar

Comentario de MAría Rodríguez



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 
 
 
Os fillos do mar de Pedro Feijoo é unha novela de intriga  e con certo toque humorístico.
Cando vin o grosor do libro botoume un pouco para atrás. A min, ao principio non me gustou moito pero segundo o ía lendo e coa aparición de novos personaxes que van contando cada un a súa historia, íame gustándome máis de tal xeito que conseguiu engancharme.
Na visita que nos fixo Pedro Feijoo ao noso centro, non nos desvelou nada deste libro pero deixounos claro que o que pretendía era empregar unha linguaxe sinxela para que o entendésemos mellor. Para min, conseguiuno.
Simón Varela,  un arquitecto, é o protagonista.  Non ten moito traballo, sempre que o chaman é para facer algunha chapuza. Pero un día recibe unha chamada dunha señora de alta sociedade,  Isabel Llobet, para realizar unha reforma nunha fonte no pazo de Canido. Aínda que, sorprendido, Simón acepta a realización das obras.
Isabel morre ao día seguinte dun ataque ao corazón e a partires de aquí empezan os problemas para Simón e para a familia da muller morta.
Os seus fillos, Mariña e Xullo, herdan unha gran fortuna, incluída unha moeda de ouro que, ao querer saber máis sobre ela, van informarse a un anticuario e ao saír, son atracados. Pasados unhos días, Simón é informado de que tamén é un dos herdeiros.
Esta novela está ambientada en Vigo e arredores, como na praia de Samil, a praia de Canido, bares da zona, A Ponte de Rande ... A descrición dos espazos faina tan ben e con tantos detalles que dá a sensación de estar diante daquela paisaxe,  bar ou  praia.
Nesta obra desborda  moita acción, intriga, romance, asasinatos, historia e aventura. É un libro moi sinxelo de ler e remátase rápido, a pesar da súa extensión. Moitas dos feitos que ocorren, non se desvelan ata o final do libro.
Gustoume moito. Recoméndoa.
 

21/02/16

Os fillos do mar

Comentario de David González Sampayo



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 


"Os fillos do mar" é unha libro de novela negra, que me enganchou, intrigou e me divertiu coma ningún outro. Esta novela está chea de emoción e misterios que me mantiveron lendo ata altas horas da noite durante as vacacións do entroido. Nela trátanse temas cheos de acción como o narcotráfico ou os asasinatos. Cando Pedro Feijoo, o autor do libro, veu ao noso instituto a falar do seu libro, dixo que chegara á conclusión de que tiña que sacar unha segunda parte do libro con somníferos. Agora tras ler esta obra, podo confirmar que o autor estaba totalmente acertado e encantaríame que sacara unha segunda parte, aínda que mellorar esta novela xa sexa moi difícil. Nesta obra, o seu autor proporciónalle aínda máis misterio aos asasinatos, do que por si sós eles teñen; o que fai desta obra unha das mellores que lin ata agora. Outro aspecto que me gustou moito do libro é que é moi realista. A pesar da súa longa extensión é un libro moi rápido e sinxelo de ler e para min esta novela foi todo un éxito. Outro aspecto que me gustou moito da novela, foi que a súa linguaxe está chea de retranca. Como ben dixen antes este libro enganchoume de principio a fin pero desde a morte de Isabel, a historia intriga aínda máis ao lector. Sen dúbida recoméndolle este libro a todo mundo, xa que vale para todas as idades e, na miña opinión, esta obra non defraudará a ninguén.

O feito de que o autor relacione o mundo actual co feitos do pasado gústoume moito e, esta evasión no espazo cara a épocas pasadas coma a Batalla de Rande permítenche obter gran información sobre datos históricos de Galicia. Ademais de datos histórcos de Galicia trata temas históricos en Europa, coma o Terceiro Reich, e tamén temas presentes na actualidade europea como é o asunto dos refuxiados.

Por outra parte o autor consegue que o lector non coñeza aos autores dos asasinatos, coma o de Isabel; se chegará a algo a relación, nun principio de amizade, pero que remata cun profundo beso entre Mariña e Simón, en definitiva todos causantes dos diferentes feitos que envolven a historia non se descobren ata o final do libro.

Tamén creo que o autor ten un gran mérito, xa que para escribir un libro coma este, precísase moito tempo, xa que hai que informarse de datos históricos e pensar moito o trancurso da acción.

Para min a parte máis interesante da historia foi o momento no que Mariña e Simón van á Cova do Inferno, onde se decatan de que o tesouro da Batalla de Rande xa non está alí e descobren que Xulio e Otto Wesler os perseguiran ata alí. Tras un tiroteo Mariña e Simón escapan nunha planadora e Xulio e Otto van detrás deles. Esta persecución prodúcese por varias zonas da ría de Vigo e, finalmente os perseguidores baten contra unha batea. Este foi, sen dúbida, a parte máis emocionante da novela, xa que me recordou a unha das miñas series favoritas, "Alerta Cobra".

O final gústoume, xa que é cerrado e, en canto aos personaxes, o meu preferido, foi Simón, xa que me pareceu moi simpático, intelexente e encantáronme eses momentos, nos que di, que cando está Mariña, para el o tempo e todo o que está ao seu redor, detense. O momento do final da historia no que Mariña e Simón se bican, foi moi bonito.

16/02/16

A praia dos afogados

Comentario de Francisco Rodríguez


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia


"A praia dos afogados" foi o primeiro libro que lin de Domingo Villar e sinceramente encantoume todo o libro, dende a primeira palabra ata o punto final, de tal xeito que un número de páxinas tan escandaloso como é o desta novela resultoume moi rápido e entretido de ler. Collin este libro sen saber que era un taquillazo, como se diría no mundo do cine, ou un best selle , como de diría no ámbito novelesco, xa que o descubrín tras a fermosa charla de Pedro Feijoo.

Esta libro sería o máis parecido ó que eu definiría coma o libro perfecto xa que ten case todas as características que eu busco nun libro: anacos de comedia, unha pinga de sentimentalismo, moita acción, intriga.... Comezando co título: paréceme un título perfectamente adaptado á trama que se desenvolve, ao mesmo tempo que penso que é moi orixinal. Seguindo, eses anacos de comedia que lle sacan ao lector ese sorriso máxico que creo que é un dos obxectivos do autor cando crea unha obra, parecéronme indispensables nesta novela para distraerse de tanta acción e intriga e rirse un rato. Esta risa produciuma principalmente a participación de Leo Caldas no programa de radio Patrulla nas Ondas que foi moi divertida pero sobre todo o libro dos idiotas do pai de Leo xa que me pareceu un detalle do máis orixinal e co que me escacharrei da risa.
Logo tamén quero destacar esa pinga de sentimentalismo que produce o feito de que o tio de Leo teña unha enfermidade pola cal está o pai do protagonista moi preocupado, ese foi un feito que me tocou un pouco o corazón; e quero destacar o labor do autor introducindo de forma perfecta un detalle sentiemental nunha novela tan chea de acción, o que me parece realmente complicado.
Pero principalmete o feito que me mantivo dentro da trama foi esa intriga que dende o descubrimento do cadáver de Xusto Castelo mantense intensamente durante todo o transcurso do libro, presentada no medio dunha linguaxe simple que axuda moito á lectura, o que me encantou.
E por último quería dicir que a acción aparte de en cantidade tamén aparece cunha gran calidade xa que me parece moi interesante a historia dos asasinatos de Marco Valverde xunto coa outra historia paralela pero entrelazada ao mesmo tempo de Rebeca e o seu fillo Diego, que colle unha gran importancia no desenlace no libro.
En definitiva un libro moi bo, que me deixou un moi bo sabor de boca e que volvería a ler con moito gusto.

15/02/16

Era tempo de apandar

Comentario de Vanesa Lalín Pousa


Era tempo de apandar
Ramón de Valenzuela
A Nosa Terra


   “Era tempo de apandar” , un título moi interesante, que me invitou a pensar moitas cousas, pero en realidade só se escondía unha tras esas palabras, outra vez alguén era culpado polas súas ideas, había que pagar dalgunha maneira pola forma de ser ou de ver o mundo, que neste caso eran lugares moi cercanos, que ainda que non os coñezo todos, unha vez que ía lendo o seu nome causaban en min curiosidade por saber máis acerca deles e desas historias que se produciron neles, coas súas xentes que eran persoas como poderiamos ser calquera de nós coas nosas  ideas, onde moitas veces por intentar defendelas nos levan a situacións como era o caso deste mozo protagonista do libro ao cal lle ocorreron situacións moi inxustas, como foi ter que ir á guerra obrigatoriamente, e no bando que era oposto ás súas crenzas.
     Este volveu ser un libro que me ensinou moitas cousas que se viviron aquí en Galiza, eu xa oirá falar do que sucedera nas minas de Fontao co wolfram, pero este axudoume a entender algo máis o que alí pasaba realmente .
     Esta historia foi moi similar a do libro que rematara de ler ,”O sinor Afranio” , xa que outra vez me volvía narrar a biografía tamén do propio autor que neste caso é Ramón de Valenzuela , que así grazas ás súas vivenzas que transmite nesta historia fíxome pensar que dependendo na época na que vivimos a nosa vida pode ser tan diferente, pero  o máis importante sempre é loitar por vivir, ainda que moitas veces se cometan situacións inxustas en contra nosa, pero que nunca nos debemos render para conseguir as cousas, que ao final algo atoparemos.

14/02/16

Os fillos do mar

Comentario de Cristina Costela Seara



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



“Os fillos do mar” de Pedro Feijoo doi un libro que me enganchou dende a primeira páxina que comecei a ler, no único que pensaba era en descubrir se pasaba algo entre Simón e Mariña, que pasaría con Ascanio, quen matou á señora Isabel Llobet… Unha serie de preguntas que só se resolverán ao acabar o libro.
 Esta novela está chea de acción, de misterio, con tintes de novela negra e histórica, unha acción na que non faltarán os narcos e os nazis. Uns narcos entre os que se sospeita de Xulio Ascanio, e uns nazis cuxas carpas chagan ao Burato do Inferno, para recuperar todo o ouro que levaran ata alí os piratas.
Pedro Feijoo mestura moi ben a historia do pasado e o presente de forma que mantén a intriga ata ao final, ademais é unha novela moi recomendable a aqueles que non coñezan nada sobre a Batalla de Rande.
A trama da novela enganchoume ata o final. E o mar, como ben di o título, é unha parte fundamental da novela. A el chegará unha flota de galeóns chamada a Flota de Ouro, co metal prezado procedente de América. A súa carga acabará no fondo da ría de Vigo tras a Batalla de Rande, e a lenda di que baixo as súas augas se atopa soterrada unha gran fortuna.
O desecandeante da acción e da intriga é a morte de Isabel e será a causa pola que Simón Varela, o protagonista, se verá metido nunha serie de acontecementos dos que non poderá saír e grazas a eles poderá descifrar o contido do cofre atopado durante a restauración do estanque.
O protagonista, Simón Varela, tenro e delicioso, "un miñaxoias", conquistoume dende un principio. Porque é un máis, un coma nós: nada ten de heroe nin de valente; sente, padece, e ama.
É un libro fácil de ler, que está cheo de ironía e retranca.