ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/03/13

Héleris


Comentario de  Aroa Espiño Gonzalez


Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior 




O libro é sinxelo e variado debido a que os seus poemas tratan de temas como o amor, a morte e moitos máis. Os poemas son moi bonitos porque lle dan unha seriedade ao que lemos. Gustáronme moito os poemas que tratan sobre o amor porque falan cunha suavidade e sinxeleza que fai que sexan moi variados. Persoalmente este libro é unha gozada porque fala de moitos temas en poemas moi curtos e sinxelos. 

30/03/13

Far - West


Comentario de Aroa Espiño Gonzalez


Far - West
Carlos Negro
Xerais





Pareceume un bo libro debido a que os poemas se refiren a desigualdade social nestes tempos, é complexo pero está redactado dunha maneira que permite que se entenda todo, persoalmente este libro gustoume porque trata un tema moi delicado nestes tempos.

Héleris


Comentario de  Manuel Fernández Cuiña


Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior






Este libro relata a historia da vida dun mozo (Paris) e dunha moza (Héleris) dende que eran adolescentes.
Héleris é unha rapaza que soñaba con ser princesa pero acabou traballando para poder gañar diñeiro, embarazada dun fillo que tivo co home que casou (escollido por súa nai) co que morreu máis tarde. 
Por outra parte conta a vida de Paris que ten que traballar para gañar diñeiro para el e para a súa familia.
O libro a pesar de ser poesía está bastante ben. Gustoume a ideo de xuntar os nomes de Héleris e Paris para formar o título do libro.

29/03/13

As laranxas de alí babá

Comentario de Alba Iglesias




As laranxas de alí babá
Carlos Negro






Non me gustou moito, xa que algúns dos seus poemas non os entendín. A min a poesía non me gusta moito e menos cando non sei de que tratan.
Deste libro, por exemplo, o " Señor do cofre " foi un dos poucos que entendin que trataba dun home que viaxando coñece a unha muller e quédase a vivir xunto ela. 
En resumo, o libro non estivo mal, pero gustaríame ler outro tipo de libro porque ás veces a poesía resultame un pouco difícil de entender.