ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/12/12

Neste blogue, lemos


29/12/12

Marcapáxinas


27/12/12

Soñar


24/12/12

A por outro!


23/12/12

Cochos

Comentario de Paula Gamallo 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco



Mediante unha curta obra teatral, principalmente monologada, o autor deste libro expresa de forma metafórica, na súa maioría, unha serie de realidades da sociedade de hai uns anos e tamén de hoxe en día. 
Creo que o tema princicipal son as condicións infrahumanas polas que tiveron que pasar moitos emigrantes, sobre todo nun país como Alemaña, que é ben coñecido polos seus abusos de poder e as inxustizas que cometían con persoas de diferentes culturas ou opinións. O lugar no que mora o protagonista descríbese dun xeito repugnante e incluso nalgúns momentos incompatible coa posibilidade de poder sobrevivir nesas condicións . O símbolo clave de toda a obra é a porca: Sebas fálalle dun xeito aberto; dende a loucura si, pero cunhas conclusións verdadeiramente interesantes. A obra amósanos o carácter do personaxe, alguén que buscaba unha mellor vida para a súa familia, cunha visión un tanto machista e algo atrasada da realidade pero valente, moi valente. El atribúe actuar deste xeito, arriscando incluso a súa vida, ao feito de que chega un punto no que todas as persoas precisan facer o que realmente queren sen mirar cara as consecuencias que iso implica. Sen dúbida, unha gran verdade na que todos matinamos algunha vez. 
Na miña opinión, o libro quere mostrarnos ata onde somos capaces de chegar pola nosa liberdade e ata que punto dependemos da rutina da vida cotiá. Fálase do moito que traballamos, do que abusan de nós os nosos superiores e dese ir e vir continuado ao que estamos sometidos. Pero pregúntome: é realmente preciso tanto esforzo e tanto sacrificio? Os seres humanos nacemos, medramos, reproducímonos e morremos, somos case como animais, coma os porcos, por exemplo. O noso gran dilema é que, a diferenza deles, podemos utilizar a liberdade de pensamento, de formularnos incógnitas e tentar dar solucións a elas. Na miña opinión perdemos demasiado tempo preparándonos para a vida e cando nos damos conta, xa pasou. Está claro que o saber non ocupa lugar, pero como dicía, a nosa capacidade é o pensamento, que na maior parte das veces provén de sentimentos cara algo ou alguén. Por iso é preciso facer fincapé nos nosos sentimentos, disfrutalos, e sobre todo, valoralos. Somos os únicos seres capaces de sentir verdadeiramente. Polo tanto, penso que deberíamos aproveitar este don. 
Debo dicir que probablemente non cheguei á conclusión total do libro e que non fun capaz de desgranalo completamente. A pesar da súa pouca extensión, ten un contido moi amplio e variado, trata temas moi significativos para a sociedade pero a súa comprensión require pararse nos contidos e pensar ben no que se está a ler . Sería necesaria outra lectura para sacarlle o máximo proveito. Aínda así, é orixinal, gustoume.

22/12/12

Cochos

Comentario de Tamara Pereiras Villamayor 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco




Neste libro aconteceume unha desas cousas máxicas que pasan cando les un libro sen saber do que trata antes de comezar.
Ao principio non o entendía moi ben, pero a medida que fun avanzando foime resultando máis doado e incriblemente entretido, cousa que me parecía estraña, xa que normalmente as obras de teatro son máis complexas á hora de lelas.
Fóra de me resultar complicado, eu creo que o vocabulario empregado por Sebas foi o que espertou en min esa sensación de maxia, xa que me recorda en especial a unha persoa que empregaba o mesmo tipo de linguaxe. En canto ao contido, divertinme moito cos monólogos de Sebas ante Rosiña, pero tamén me decatei das duras condicións de vida dos emigrantes.
O que menos me gustou do libro é a actitude machista de Sebas, xa que di que se atopaba á muller con outro mataríaa alí mesmo, e que el xa tivera "ido de putas" máis dunha vez, e mesmo tido unha aventura e que non pasaba nada; tamén me desagradaba a súa actitude racista ante o negro co que se fora unha querida que tivera na Coruña.
Polo demais, pareceume un libbro bastante entretido, e admiro a valentía de Sebas ao final, eu non sería quen de facer o que fixo el.

21/12/12

Cochos

Comentario de Fátima Bouzada 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco




A min non me gustou moito. Non entendín parte da historia porque está en alemán e en italinao. O inicio é moi confuso, xa que se ve a xente falando de algo ou alguén que non sei que fixo. Custoume entender tamén os primeiros diálogos entre Sebastián e a porca. 
A historia é bastante graciosa por momentos, pola fala dos personaxes e polas expresións empregadas, pero en xeral custoume lelo e fíxoseme aburrido e difícil de seguir. O feito de que sexa teatro non axuda. Sentinme bastante perdida.

Cochos

Comentario de Alberto Cerdeira 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco

O libro gustoume bastante sobre todo pola linguaxe empregada porque me pareceu moi cómica. Fixéronme moita grazas as conversas coa porca, sobre todo cando lle contaba as súas experiencias nos bordeis. Hai que dicir que o protagonista é moi retrógrada, politicamente e socialmente falando. Ás veces a historia fíxose tenra. 
A miña parte favorita é o banquete que se dan con mexillóns e coa porca sentada á mesa. 
O libro non é nada do outro mundo pero gustoume.

Cochos

Comentario de Adrián Villar García 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco


É un libro difícil de entender, pero cando chegas máis ou menos á metade si que se entende. Non me gustou que o autor lle introducise anacos en alemán, sen nin sequera estar traducidos.
Só polo título agardas algo mellor do que realmente topas. Custa moito lelo a pesar de que ten poucas páxinas porque hai que ir tentando comprender non só o que les senón tamén o que quere dicir.

Cochos

Comentario de Lucía Silva Colmeiro 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco


Este libro é difícil de comprender porque fai saltos no tempo e o autor introduce frases en diferentes idiomas que fai que sexa difícil de ler.
Ao principio non me enteraba moi ben de que trataba, aínda que a medida que avanzaba na lectura fun entendendo a historia e pasándoo ben coas arroutadas do protagonista.

Cochos

Comentario de Lucía Pérez Vázquez 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco


O libro ao principio non o entendía moito, fíxoseme un pouco complexo. A medida que se ía desenvolvendo a hitoria, entendino. 
A verdade é que non me gustou moito, sobre todo ao final. Tamén é certo que ten detalles moi graciosos, houbo momentos que rin moito. O que menos me agradou foi que cando o protagonista falaba eran diálogos moi extensos e chegaba a perderme. Un detalle que me sorprendeu foi a utilización de diferentes idiomas que apareceron no libro, e ademais encántame o italiano. 

20/12/12

Cochos

Comentario de Eloi Fidalgo 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco


Gustáronme moito algunhas escenas, como cando falan da porca ou algunha linguaxe que me gustaba. A miña escena favorita é cando se dan un festín de mexillóns e danlle de comar á porca.

Cochos

Comentario de Eva López Troitiño 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco


Este libro trata claramente o tema da emigración dun galego a Francfort, Alemañan no maleteiro dun coche. E fala da vida dos emigrantes clandestinos onde teñen que vivir en sitios precarios. No caso do protagonista vivía nun cortello cunha porquiña á que lle puxo de nome "Rosiña" e ata a bautizou cunha botella de viño durante o encerro. Tamén trata o tema do medo á morte, onde o protagonista só se acorda da súa familia e amósalle a unha porquiña, Rosiña, os regalos que lle comprou aos seus fillos. 
Non me gustou nada este libro e fáiseme moi dificultoso a hora de ler, xa que engádelle intervencións en alemán. Tamén porque o principio da obra dá a opinión da xente que vivía ese suceso e para o meu gusto tería que engadirllo ó final.

Cochos

Comentario de Antía Iglesias 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco




Comezo a ler e xúntanse moitas cousas. Primeiro que aparece outro idioma descoñecido para min, e iso xa me fai pensar que non me vou enterar de moito. Logo que hai intervencións e aparecen falando varios tipos de persoas e parece máis complicado.
Nas primeiras páxinas non me resultou doado comprender de que trataba pero canto máis profundaba cara ó final xa me fun percatando dos sucesos.
O diálogo que intenta manter o Sebas coa Porca e o cariño que lle colle paréceme moi
gracioso. Non sei se en verdade existe a Porca ou é algo causado pola imaxinación do personaxe
despois de levar un tempo sen durmir.
En si, non me pareceu moi entretido porque non contaba moitos acontecementos.
 

Cochos

Comentario de María Lamazares 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco





Despois de ler o libro non teño moi claro se o que pasou era realidade ou un soño do seu protagonista, xa que entre o principio do libro e o final só pasa un día segundo di na radio mentras que na narración do protagonista pasa máis tempo polo que penso que debía ser un soño.
Pareceume fácil de ler aínda que non o conseguín entender moi ben, creo que reflicte moito a forma de ser dos galegos con moito apego ás súas cousas.
 

Makinaria

Comentario de Marina Miguélez


Makinaria
Carlos Negro
Xerais




Eu penso que ese libro ten un grande significado e non só para os adolescentes que parece que só pensamos no sexo, alcohol e andar ao tolo nos coches. Tamén para todas as personas que cada día perden a vida nas estradas. Neste caso dáse a irresponsabilidade dalgúns de ir no coche borrachos ou con outras substancias pensando en sabe Deus que e acaba no peor sitio: o cemiterio. Iso é moi doloroso tamén para os amigos, a familia, todos o que o querían, pero neses momentos a "diversión" pode e parece que é o único que nos importa. 
Só espero que algún día cousas como esta sirvan de axuda para que a xente se relaxe e non faga tan parvadas que, ao fin e o cabo, a vida son dous días e hai que vivila ó máximo pero sempre con sentidiño. 
Gustoume moito o libro a verdade e en forma de poesía quedou moito máis bonito.

19/12/12

Cochos

Comentario de Manuel de la Torre 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco





É un libro interesante pero un pouco difícil nalgunhas partes xa que ten anacos escritos en alemán. 
Ao principio producíame sensacións contraditorias porque cada vez fala unha persoa diferente e polo medio aparecen os avisos megafónicos en alemán e perdinme un pouco.

O tema basábase nun emigrante en Europa no ano 1968 que vai a Alemaña pero non consegue integrarse. Nas vacacións de verán volve ao seu lugar e cando vai volver outra vez para Alemaña, non o deixan levar a cría dun porquiño. Esataba sometido a unha gran presión, o que fai que ao final, teña que matar a Rosiña.
Gustoume o libro e recoméndollo á xente que lle gustan as obras teatrais, esta é moi interesante.

18/12/12

Cochos

Comentario de Esperanza Rodríguez Caramés
 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco



Este libro non me gustou nada. Non entendo que o protagonista do libro, Sebas, durante toda a historia, estea falando coa porca, Rosiña.
 O que menos me gustou do libro foi que só falara con animais, con bonecas ou mesmo el só. Teríame gustado que interviñesen máis personaxes ou que a historia se desenvolvese en diversos espazos e non sempre no mesmo.
  Tampouco lle atopei moito sentido cando o Sebas na metade da historia di que ten pouca comida e en lugar de comela el, dálla a porca ; ou cando só lle queda unha botella de viño e malgástaa bautizando a Rosiña.
  O libro pareceume un tanto difícil de ler; tampouco entendín a finalidade do libro. E outra cousa que tampouco me gustou, foi o final do libro, foi moi breve e tamén algo triste.