ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Román Estevez
A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 


Na miña  opinión este libro é xenial. Dende que o empecei a ler adentreime nos problemas de Calpurnia como se fose un protagonista máis. As diferentes historias e problemas nos que Calpurnia se metía eran moi entretidos e ao mesmo tempo adentrábanme máis na historia.
O que máis me gustou do libro foi a especial e fermosa adicción que tiña Calpurnia pola natureza e as cousas abraiantes que ocorrían e habitaban nela, despois de coñecer o seu magnífico avó.
 Aínda que fose na casa, no laboratorio, na escola, a Calpurnia sempre lle acontecían cousas que me facían tremer, por exemplo, os enfados da nai, pero tamén facíanme sentirme alegre outros momentos coma no caso no que o irmán J.B namorouse da amiga de Calpurnia.
Para min este libro foi moi entretido e xenial, xa que me encantou a forma de redactalo, dunha maneira moi detallada que facía que fose sinxelo de ler,  e todo o que ocorría nel era fácil de imaxinar. Estou desexando poder ler outro libro semellante. 

30/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Rocío Fernández


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 


A evolución de Calpurnia Tate pareceume un libro un tanto especial, nel expóñense temas da actualidade contando unha historia en pasado, como son a desigualdade social entre homes e mulleres. Cóntanos a historia de Calpurnia, unha nena de 11 anos que ten 7 irmáns e unha inmensa atracción cara ao descoñecido, apaixóalle a idea de descubrir cousas novas e quere ser científica, pero non recibe o ánimo de ninguén da súa familia. É sorprendente tamén como o único apoio que recibe é o do seu avó co que case nunca falaba pero que foi quen a axudou a adentrarse no mundo da ciencia e das cousas curiosas que a ela tanto lle gustaban, como a ela non lle dan o libro de Charles Darwin na biblioteca da vila é seu avó quen lle axuda e investiga con ela sobre o exemplar do libro “A orixe das especies” que el mesmo ten na casa, regálalle tamén un caderno para que poida facer as súas anotacións. Tamén me impresionou como unha das persoas que condicionaban a desigualdade social fose a mesma nai quen debería ser unha das que a apoiase a facer o que se propuxera polo feito de que ser muller non implica ser menos, pero ó contrario, ela quería que a súa filla só aprendese a coser, a cociñar, aprender a tocar o piano e que atopase un bo marido e traballase para el. Outra cousa que me chamou a atención e mesmo podo dicir que me gustou foi a crítica indirecta á sociedade da época, cara ao machismo, en como se di que estaba mal visto unha muller cunha carreira cando o seu deber tería que limitarse a dentro de catro paredes, coidar da casa, dos fillos e do marido e realizar todas as tarefas domésticas, e que tamén na escola en vez de ensinarlle asignaturas básicas como as que pode ter calquera rapaz ou rapaza da súa idade lle impartían clases de bordar, calceta, etc...
A pesar dalgunhas partes que pode que se fagan algo pesadas polo resto penso que é un libro fácil de ler, non emprega unha narrativa moi complexa e enténdese e pode seguirse bastante ben o fío da historia. E en fin, que o avó e Calpurnia ó final da historia fosen inseparables foi outro feito que me gustou do relato. É un libro bastante entretido e aínda que non é un dos meus preferidos si que o recomendo e creo que hai xente á que lle pode gustar moito, de feito a min, agradoume a súa lectura.

29/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Alejandro Camanzo

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
  

A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, é un libro curioso, que transmite curiosidade e inocencia. Dende os ollos dunha rapaza de once anos cunha visión peculiar do mundo nunha época na que a ciencia e a curiosidade non son a norma. É unha historia que, pese a intentar ser obxectiva, non por iso deixa de transmitir sentimentos. A figura do avó, enigmático e sabio, ao que todos acoden en busca de consello, sempre pechado na súa biblioteca coa súa investigación, fíxome lembrar dous momentos da miña infancia. Tampouco faltan os irmáns pequenos que aportan o seu graniño de area que fai do libro unha lectura amena e entretida.

A nivel persoal, identifícome moito coa protagonista e a súa curiosidade polo mundo que a rodea, e o seu desinterese por temas banais, que se acentúa no caso do avó. O libro é unha boa recreación da sociedade rural estadounidense da época. Foi un acerto da autora o situar a acción en 1899, ao final dun século, que algúns calumniantes prediciran como a fin do mundo, e como recentemente tivemos a oprtunidade de comprobar, non son máis que contos para non durmir. Á súa maneira, Kelly realiza unha crítica da sociedade da época.

Ás de bolboreta

Comentario de Rocío Fernández

Ás de bolboreta
Rosa Aneiros
Xerais


Non podo dicir que me encantou pero si que me agradou. Quizais se me fixese moi denso á hora de que inclúe moitas historias en relativamente poucas follas, había momentos en que notaba que debería estenderse máis para que a historia quedase ben desenvolvida. Igual ao final me tería gustado que o libro continuase e que todas as historias foran contadas con máis detalle e non como tan acumulados que ás veces facía que me enredase. 
É un libro que trata moitos e distintos temas como a morte, o envellecemento, a inmigración... Aínda que poida parecer estraño, non hai unha parte favorita senón que me quedo cunha páxina: a primeira. Esta páxina onde lle dá esa distinción especial á avoa, dicindo que ela está nunha estrela no ceo e non co resto no cemiterio. Fai así que a trate como algo especial e recordoume a min mesma, a todas esas noites que puiden pasar mirando pola ventá intentando atopar á estrela á que se fora Ela e que para min Ela nunca ía estar cos demais, era especial e merece un espazo propio.
Quizais só por iso, por esa primeira folla, xa fora polo que o libro gustoume, o resto complementouno.

28/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Jean Michel Vidal
 
A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 



O libro ó principio non me agradou moito porque se fai aburrido e moi monótono, non lle pasaban moitas cousas a Calpurnia para entreter ao lector, pero a medida que transcurría o relato vai pasando cousas máis interesante como a relación entre Calpurnia e o seu avó (preciosa).
Se me fixo moi dificil ó principio lelo, como xa dixen, porque é moi lento e aburrido, pero a partires da páxina 55, ou 58 non me acordo, se me fai moi sinxelo de ler e empezou a gustarme.
Cando a profesora nos ensinou o libro teño que dicir que xulguei o libro pola portada (algo que nunca se debería facer) e equivoqueime moito, porque ainda que é dificil de ler cando o acabas sentes satisfacción de telo lido.
Recomendaría o libro? Bueno.... se a alguén non lle gustan os principios lentos pois non, pero se esa persoa espera, non digo a páxina 55 coma min, ata máis ou menos a metade lle encantará o libro

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Nuno Filipe

Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
 
 
A  min este libro gustoume moito. O comezo é algo raro porque xa conta a historia toda, é un comezo brusco e triste. A morte e o amor entrelázanse para facer cavilar no sufrimento e na vida truncada dos adolescentes por mor do cancro.

27/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Alberto Fariña


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
  
 
Non estou seguro de se me gustou o libro ou non, creo que en parte porque aínda que no libro haxa cousas que me gustaran antes de ler o libro esperaba algo máis, algo diferente. Creo que desde a primeira páxina, quixen que pasara algo, que me deixara de pedra, pero lin e lin e acabei o libro e iso non chegou. Para min a historia fáltalle unha cousa, fáltalle rock&roll, fáltanlle a chispa que detone a bomba que é a miña imaxinación, supoño que iso e o que me fai non estar seguro de se me gustou, supoño que á historia de Calpurnia non se lle pode dar esa chispa que eu busco. Aínda que para min lle faltara rock&roll, resultoume fácil de ler e resultoume entretido.
Unha das cousas que me encanta do libro é a forma que teñen os capítulos dende o primeiro ata o último, en todos eles está integrado un anaco da “Orixe das especies” de Darwin, libro que o avó lle presta a Callie. Falando do avó tamén me encanta a forma coa que responde ás preguntas de Callie.
En definitiva que a min non me acabara de gustar non quere dicir que non sexa un bo libro, que supoño que recomendaría a calquera.

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Carmen Blanco Cuíña

Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
 
 
Foi un libro que me sorprendeu moito, poque xa ao principio se desvela o tráxico final de Nils. É un libro moi triste aínda que trata o primeiro amor. É un libro que me gustou moito porque con el sabemos o que viven as persoas que padecen cancro.

26/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Sonia Troitiño Loureiro

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
A evolución de Calpurnia Tate é unha historia dunha rapaza aventureira de case doce anos que é a menor de outros seis irmáns. Durante o verán de 1899, Calpurnia comeza a facerse preguntas sobre a súa contorna, a súa familia, sobre si mesma e sobre o medio natural que a rodea. Curiosa, perspicaz e cun afiado sentido da observación, comprende que as súas inquedanzas científicas e persoais non van atopar resposta en ningún dos seus irmáns e moito menos na súa nai, obsesionada en facer dela unha futura señorita que soubese coser, cociñar ou tocar o piano. Cando consegue o valor suficiente coma para entrar no laboratorio do seu avó, descobre que el é o único interesado nas súas andanzas e grazas a el aprende a observar e investigar a natureza.
Teño que recoñecer que os temas  deste libro non os podería encadrar neses  que eu considero como preferidos, pero de todos modos, resultoume bastante interesante. A pesar de que en ocasións facía referencia a sucesos un tanto tristes ou morriñentos, tamén contiña certos elementos de comedia, que baixo o meu punto de vista, o facían máis apetecible. En ningún momento pensei que o titulo e a portada tan chamativa deste libro, se ía corresponder con este argumento tan peculiar, no que ademais de contar unha historia, ensina moitas cousas acerca de  certos descubrimentos ou dos segredos da natureza. A pesar de que a súa lectura me resultou bastante sinxela, había certos momentos nos que a historia se volvía un tanto monótona. O feito de ler cousas acerca da orixe das especies ou sobre a natureza non e algo que me chame demasiado a atención pero este libro consegue que temas coma estes resulten interesantes.
Sen dúbida, o que máis me gustou do libro foi a actitude da protagonista. Ese afán por descubrir cada día algo novo e querer estar continuamente dun lado para outro sen perder un segundo fai que, ademais de resultar entretido, configure unha maneira de ver a vida que en certo modo se identifica comigo. Penso que é un libro que pode, a simple vista, tomarse como un relato dirixido a un ámbito xuvenil pero, baixo o meu punto de vista, tamén pode conectar perfectamente cos adultos. Baixo a apariencia dun relato sinxelo que xira en torno á aventura da ciencia e os métodos científicos, descríbense reaccións humanas moi interesantes que invitan ao pensamento. Ademais, encántame a idea que transmite o relato  na que se reflexa a gran importancia dos avós, dotados de grandes coñecementos e sabedoría.
Para rematar, debo dicir que en verdade recomendo este libro a todos aqueles amantes da lectura e non tan amantes que desexen pasar un tempo entretido mergullándose no mundo da ciencia e da natureza.