ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/12/13

Ás de bolboreta

Comentario de Rocío Fernández

Ás de bolboreta
Rosa Aneiros
Xerais


Non podo dicir que me encantou pero si que me agradou. Quizais se me fixese moi denso á hora de que inclúe moitas historias en relativamente poucas follas, había momentos en que notaba que debería estenderse máis para que a historia quedase ben desenvolvida. Igual ao final me tería gustado que o libro continuase e que todas as historias foran contadas con máis detalle e non como tan acumulados que ás veces facía que me enredase. 
É un libro que trata moitos e distintos temas como a morte, o envellecemento, a inmigración... Aínda que poida parecer estraño, non hai unha parte favorita senón que me quedo cunha páxina: a primeira. Esta páxina onde lle dá esa distinción especial á avoa, dicindo que ela está nunha estrela no ceo e non co resto no cemiterio. Fai así que a trate como algo especial e recordoume a min mesma, a todas esas noites que puiden pasar mirando pola ventá intentando atopar á estrela á que se fora Ela e que para min Ela nunca ía estar cos demais, era especial e merece un espazo propio.
Quizais só por iso, por esa primeira folla, xa fora polo que o libro gustoume, o resto complementouno.

Sen comentarios