ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Alejandro Camanzo

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
  

A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, é un libro curioso, que transmite curiosidade e inocencia. Dende os ollos dunha rapaza de once anos cunha visión peculiar do mundo nunha época na que a ciencia e a curiosidade non son a norma. É unha historia que, pese a intentar ser obxectiva, non por iso deixa de transmitir sentimentos. A figura do avó, enigmático e sabio, ao que todos acoden en busca de consello, sempre pechado na súa biblioteca coa súa investigación, fíxome lembrar dous momentos da miña infancia. Tampouco faltan os irmáns pequenos que aportan o seu graniño de area que fai do libro unha lectura amena e entretida.

A nivel persoal, identifícome moito coa protagonista e a súa curiosidade polo mundo que a rodea, e o seu desinterese por temas banais, que se acentúa no caso do avó. O libro é unha boa recreación da sociedade rural estadounidense da época. Foi un acerto da autora o situar a acción en 1899, ao final dun século, que algúns calumniantes prediciran como a fin do mundo, e como recentemente tivemos a oprtunidade de comprobar, non son máis que contos para non durmir. Á súa maneira, Kelly realiza unha crítica da sociedade da época.

1 comentario:

Alba Camanzo dixo...

O libro da evolución de Calpurnia creo que foi o meu favorito dos que lemos na clase, xa que conta unha historia que posiblemente moitas rapazas estén pasando neste mismo tempo. O libro mostra que a día de hoxe sigue habendo moita discriminación á muller, xa que como conta no libro, as mulleres teñen que quedar na casa para coidar dos seus homes e fillos.
Aínda que non me gustou moito o tema que se falaba no libro, sí que me foi interesante lelo, para o meu gusto, é o mellor libro que limos na clase. Espero que os demáis libros sexan tan interesentes coma este!