ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/15

O inferno de Marta

Comentario de Miguel Oro Vence


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 



Este libro cóntanos a historia dunha adolescente que se namora de quen non debe. Comparte piso coas dúas mozas que a súa vez son amigas de Braulio que lle presentou ao Héctor que é un maltratador; Marta namora de Braulio e faille vivir un inferno.
A novela gustoume porque analiza as diferentes actitudes dun maltratador. A personalidade psicolóxica do protagonista que se completa co “A mascara do autor” un texto ao que se analiza aqueles comportamentos que hai que ter en conta para non caer no maltrato físico e psicolóxico.
É dicir a novela conta algo co que desgraciadamente abre o telexornal moitos días: a violencia de xénero.
Pero a novela non é so iso senón tamén temas como a amizade, a confianza nos pais, as relacións e sobre todo como saír dese mundo de violencia e como intuílo nunha amiga, nunha irmá ou en calquera familiar.

Nómades

Comentario de Alberte Payo


Nómades
Xosé Tomás
Galaxia




Esta obra de Xosé Tomás trata un tema social moi dado no mundo pola escaseza económica de moitas persoas : A inmigración.
Neste libro fálase de diferentes situacións protagonizadas por mulleres que tiveron que marchar dos seus países de orixe para acadar un traballo e darlle o mellor aos seus fillos.
En cada historia, a muller protagonista é dun país diferente ás outras polo que trata diferentes clases sociais; pero normalmente clases baixas sen diñeiro.
Na miña opinión este libro é moi entretido e moi sinxelo de ler, eu remateino dunha tirada. Como xa comentei con anterioridade o libro trata un tema tan serio coma ilegal pois son sen papeis e ademáis teñen que pagar un alto custo a mafias que se dedican a iso; pero todos arriscan a súa vida para chegar ao país no que levarán, segundo pensan eles, unha vida mellor.
 

27/02/15

O inferno de Marta

Comentario de Alberte Payo Lara


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
 
Esta obra de Pasqual Alapont trata un tema moi preocupante da nosa sociedade: A violencia de xénero. Atrévome a dicir que dez de cada dez casos son producidos polos homes, aínda que poida existir algún caso oposto.
 
Este libro gustoume bastante polo intento de abrirlle os ollos ás vítimas da violencia de xénero, o que o converte nun libro de autoaxuda. O tema a tratar é algo moi serio que resulta gracioso para algunas persoas (idiotas e imbéciles, entre outros calificativos que penso; pero que non escribo). Eu sigo cavilando como neste século e co avanzado que vai todo, segue habendo persoas que se senten grandes por agredir, insultar… a outras, e que as agredidas non denuncien as súas parellas ou normalmente exparellas.