ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/02/15

O inferno de Marta

Comentario de Alberte Payo Lara


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
 
Esta obra de Pasqual Alapont trata un tema moi preocupante da nosa sociedade: A violencia de xénero. Atrévome a dicir que dez de cada dez casos son producidos polos homes, aínda que poida existir algún caso oposto.
 
Este libro gustoume bastante polo intento de abrirlle os ollos ás vítimas da violencia de xénero, o que o converte nun libro de autoaxuda. O tema a tratar é algo moi serio que resulta gracioso para algunas persoas (idiotas e imbéciles, entre outros calificativos que penso; pero que non escribo). Eu sigo cavilando como neste século e co avanzado que vai todo, segue habendo persoas que se senten grandes por agredir, insultar… a outras, e que as agredidas non denuncien as súas parellas ou normalmente exparellas.

1 comentario:

Daniel Lamas Villanueva dixo...

Este libro trata sobre a violencia de xénero polo que casi sempre os maltratadores soen ser os homes e as maltratadas as mulleres.
A min sinceramente este libro gustoume moito xa que se converte nun libro de axuda as persoas que sofren esta violencia.
E eu preguntaríame xa que tan avanzados estamos nas tecnoloxías, etc... por qué segue habendo tanta xente no mundo que maltrate a alguén por motivos estúpidos.