ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/09

As rulas de Bakunin



Comentario de Andrea Díaz


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Aburrinme un pouco ao principio do libro, pero cando comecei a enlazar o que explicaba nuns capítulos coas historias que contaba noutros empecei a engancharme e a interesarme por chegar ao punto no que as tres historias se unen e os tres personaxes se ven identificados nun só.
Fíxoseme un libro de lectura sinxelo e rápido precisamente por ese xeito de narrar en capítulos curtos e con diferentes historias.


Os ollos de K


Comentario de Andrea Díaz


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia



A pesares da linguaxe clara que o autor emprega non me resultou fácil ler este libro, levoume máis tempo que As Rulas, tamén creo que polo tema que trata, ao ser menos real e menos comprometido, non me emocionou nin logrei maxinar a historia coma no outro libro.
Pese a isto, gústame a imaxe do protagonista, creo que porque o autor mesmo nos dixo que non lle gustaba. O feito de que teña que resultar desagradable faino atractivo.

27/02/09

Con Riveiro Coello

Hoxe foi un día absolutamente especial porque tivemos a excepcional ocasión de compartir as nosas lecturas cun home que se fai querer e admirar non só por como escribe senón por como é. Dende as 12,30 que chegou ao noso instituto até as 20,30 (si, ledes ben) que marchou, a nosa admiración por el foi en aumento.
Primeiro encontrouse co alumnado de 4º de ESO que lera Homónima, e logo co de 1º de Bacharelato que lera Os ollos de K; e pola tarde -despois dun bo cocido lalinense- club de lectura para falar d' As Rulas de Bakunin. Un día produtivo e especial.



Ruído. Relatos de guerra

Comentario de Susana Cumbraos


Ruído. Relatos de guerra
Miguel Anxo Murado
Galaxia


De novo volvín a mergullarme entre as páxinas escritas por Miguel Anxo Murado para darme conta, unha vez máis, quen en cada relato se pode atopar un sentimento oculto que está destinado a nós mesmos, os lectores.
E foi así, deste xeito tan marabilloso, como Murado nos transmitiu neste libro como só os valentes sobreviven e que baixo un bo libro sempre hai un valente escritor. Para ser concisa, direi que en xeral gusoume moito... Cada un dos diferentes relatos contados eran maxistrais, sobre todo cando te lembras de que todo é real, de que acontece día a día neste mundo e que nun só abrir e pechar os ollos as vidas de centos de persoas evapóranse na nada.
Esta idea báteme moi dentro, e á vez atorméntame.
Poderíalle poñer "peros" a este libro, como a case todos, pero o único que lle vou poñer vai ser o dos bruscos e crueis finais da maior parte dos relatos. É lóxico que acaben mal, pero é demasiada crueldade.

26/02/09

As rulas de Bakunin

Comentario de Sonia Salgueiro Brea


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Gustoume moito este libro aínda que nalgúns momentos fíxoseme algo complicado seguilo, xa que intercala distintos tempos e fala dunha realidade que non cheguei a coñecer, aínda que non é tan afastada, na que as condicións de vida eran moi diferentes ás de hoxe en día.
As historias que se relatan son incribles, aínda que algunhas son moi duras e tráxicas. Penso que é un libro bonito xa que algúns personaxes conseguen sobrevivir e ao mesmo tempo interesante porque nos trae á memoria unha realidade que está presente na mente de moitos anciáns.
O libro ten unha carga de dor e tristura, supoño que polas condicións durísimas daquel tempo e porque todos perderon a alguén importante na súa vida.


Os ollos de K

Comentario de Noelia Rosende López

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia



Os Ollos de K pareceume un libro fácil de ler e cunha curiosa historia; aínda que a min non me gustan demasiado as historia de ficción na escrita, pero esta, en concreto, si me gustou, xa que mestura feitos que poden ser reais, con outros obiamente ficticios; pero se pensamos nunha mente psicópata tampouco son ideas tan disparatadas.
Por último teño que recoñecer que as escenas sanguinarias me daban un pouco de noxo.

Os ollos de K

Comentario de Marcos González Fernández

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Ao principio, mentres non collín o fío da historia (máis ou menos a metade do libro), era como se carecese de interese, non me tiña moito atractivo. Mais unha vez que me fun achegando ao final, é moito máis intrigante e entretida.
O libro foime moi bonito, sobre todo a segunda parte, pois como dixen, ao principio érame un pouco abstracto. Ademais é raro, é dicir, orixinal na historia e na forma de contalo. Unha das cousas que máis me gustou foi a viaxe a Praga, aínda que non sei por que.
En resumo, acabei contento del, e aparte, aínda que pode ser un pouco complexo de entender, posto que dá moitas voltas, e é un pouco revirado; é bastante fácil de ler.

As Rulas de Bakunin


Comentario de Antía Iglesias Otero

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


A mostra expectante de como Galicia e España viviron a época da represión e como os anarquistas lograron saír de apuros.
A parte do libro que máis me gustou foi a do cárcere e tamén a historia de amor entre Camilo e Rosalía.

25/02/09

As rulas de Bakunin


Comentario de Susana Cumbraos

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Este libro cóntanos a historia dun home anarquista que nvivu na súa propia pel a guerra, así como tamén as repercusións desta.
Unha obra maxistral, para o meu gusto, que nos amosa como era a vida naqueles tempos difíciles, onde as accións de cada un poñían a súa propia vida en perigo; aínda sendo deste xeito había persoas que loitaban polos seus principios e endexamais se rendían.
Chamoume moitísimo a atención o modo no que está narrado este libro: entrelaza vivencias en primeira persoa con vivencias en terceira, pero sen se afastar desa liña conmovedora e á vez intelixente.
Tamén me chamou moito a atención o modo no que o autor é capaz de plasmar todos eses sentimentos. Podo dicir, despois de lelo, que é unha obra totalmente diferente a Os ollos de K, pero igualmente marabillosa.


Os ollos de K

Comentario de Adrián Furelos Sampayo

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Pois a min este libro, en especial gustoume bastante só que ao comezo era moi difícil collerlle o fío da historia. E xusto cando aparece Dimitrie é cando espertou en min o verdadeiro interese pero é que antes tiña un lío criminal, xa sabes o lío que me fago eu.
E eu a toda a xente que ten por costume ler ou non, recomendaríallo xa que é moi entretido e apaixonante e debo dicir que eu de ler moito non son, aínda que algo si leo.

As rulas de Bakunin



Comentario de Adrián Furelos Sampayo

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia



A min pareceume un libro interesante, algo revolto ó principio, pero unha vez que lle vas collendo o fío da historia, algunha das cousas que me pareceu máis interesante é a sorpresa de cando o protagonista está no cárcere e nolo describe contándonos que un dos presos se chamase “Lambeconas” e o que lle facía as mulleres dos falanxistas mentres estes non estaban na casa. E tamén como grazas ó libro e dun estúpido xogo por parte do diretor do cárcere é capaz de saír do cárcere.

24/02/09

Ruído. Relatos de guerra

Comentario de Thalía Troitiño González


Ruído. Relatos de guerra
Miguel Anxo Murado
Galaxia



Neste libro hai partes que me gustaron bastante e outras non tanto. Por exemplo, unha parte que non me gustou foi "Nas mans de Deus". Grazas a axuda do pastor dos oito cordeiros, os oito mozos puideron evitar ser descubertos polos inimigos.
O de "Grandes cambios no último minuto" fíxome cavilar en como as cousas poden cambiar en memos dun minuto e como moitas veces se teñen que tomar decisións que poden mancar a nosa vida.
Creo que cada unha das partes deste libro ten o seu significado e nos pretende amosar como están as cousas nalgúns países.
Recoméndoo, a min en xeral gustoume.

23/02/09

A conta atrás

Comentario de Patricia Guimaraes de Sousa

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Este libro non me gustou, amosa que ocorreu coa vida dos mariñeiros ao quedaren sen traballo a causa da marea negra. Os políticos queren enganar á xente con unha campaña na que se anuncia a limpeza das praias e como os mariñeiros poden recuperar o seu traballo. En realidade é todo unha mentira para qeu Otero gañe as eleccións e a súa amante poida converterse en presentadora.

22/02/09

Os ollos de K


Comentario de Agustina González

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Este libro ao principio non me gustou moito, será que os libros de misterio e intriga non me soen chamar a atención e os intento evitar, todo o que podo.

Pero grazas a Deus, a nosa profesora de galego madounos que o leramos. Ao principio costoume bastante, porque non pillaba o fio e resultoume complicado de ler. Será porque non me chaman moito a atención este tipo de libros, e ía con pouca gana de lelo.

Pero ao final acabaume gustando, sorprendeume que un libro que tanto quería evitar nun principio gustárame desa maneira. E o máis chocante foi que ao acabar de lelo estiven pensando nel e na súa historia. Que con moi poucos ou con case ningún libro me pasa (só cos da saga de Crepúsculo).

E recoméndovolo, e non perdedes nada por lelo. En tal caso ganaderes. Non quero que pensedes como o facía eu ao principio, que agora…sinceramente arrepíntome de que pensara desa maneira.

21/02/09

Os ollos de K

Comentario de José Fontao Salgueiro

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Do 1 ao 10 poñeríalle un 5.

Non me gustou o tema a tratar, pero si o xeito de describir e narrar e o vocabulario usado polo escritor.

20/02/09

Os ollos de K

Comentario de Patricia Villanueva Rodríguez

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Esta foi unha das mellores novelas que lin nunca e pareceume moi orixinal a idea do escritor que non dá controlado a súa novela e se volve unha experiencia real.
Por outra parte non me gustou a idea dos ollos e a súa obsesión cara a eles, xa que me parece un pouco noxento.
Sen dúbida, recoméndoa porque paga a pena lela.

19/02/09

A conta atrás

Comentario de Rocío Pena López

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K

É un libro que se achega bastante á realidade porque cando os políticos están en época de campaña fan todo o posible para gañar, pero cando ocorre unha catástrofe coma a do Prestige tentan eludir as súas responsabilidades.
Este libro non me gustou moito xa que non te enteras do argumento ata que estás case ao final porque a historia está contada ao revés.

Os ollos de K

Comentario de Rocío Pena López

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Este libro gustoume bastante xa que cada vez que lías un anaco máis, a intriga procuraba as ganas de seguir adiante, e iso que ao principio o libro parecíame aburrido e non me enteraba de case nada.
Pareceume un libro moi interesante, algo longo, pero é un deses libros que te aventuran a ler para saber como termina.

18/02/09

Os ollos de K

Comentario de Silvia Villar García

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Este libro cóntanos como o protagonista escribe una novela xa que este é escritor , e como vai introducindo a realidade e as persoas que vai contando na novela facendo pequenas variacións da realidade; dálle una nova perspectiva cando aparece un personaxe sentado nun banco diante do seu edificio cun tarro de cristal nas mans e lle explica que ese ollo que o mira é o do seu fillo que morreu nun accidente de moto o que ocasionou que lle contara toda a historia da súa vida tan calafriante. Nalgunhas partes da novela non distingue moi ben a realidade da ficción xa que escribe un relato para o periódico no que traballa e ao día seguinte aparece asasinado Pastor coa súa moza da mesma forma na que el escribiu os asasinatos do relato do periódico .Pero isto ten una explicación: que aparece ao final do libro cando descobre que a muller loura que introduciu na novela non era unha policia senón a muller dun personaxe da historia de Dimitri, o home do bote de cristal.

O libro non me gustou xa que hai moi poucos momentos nos que me sinta metida na historia xa que non me causaba sensación ningunha cando o estaba a ler; só sentín parte da historia cando Dimitri interviu contando fragmentos da súa vida xa pasada ou cando o protagonista foi a Praga comprobar que o que lle contara este da súa vida pasada era certo. Non podería expresar con palabras as sensacións que me causou este libro xa que non sentín nada ao lelo e sobre todo ao final xa que deixa que pensemos libremente o que lle sucedería no futuro sen aclarar como rematan o resto dos personaxes.



17/02/09

Os ollos de K

Comentario de Olalla Calvo Fernández


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Os Ollos de K é un libro intrigante, a min gustoume máis có da avaliación pasada. Neste libro o que non me gustou moito foi a actitude do autor, a maneira na que escribe, pero aínda así, gustoume bastante o libro.
Recomendo que o lean porque é bastante intrigante, e enténdese ben a lectura.

16/02/09

Os ollos de K

Comentario de Luís Segade Penela


As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Tratase dun libro no cal é facil perder o fío, pero pouco a pouco funlle collendo o ritmo e creo que fun capaz de entendelo. Debido a que era un libro de intriga (os cales non me gustan, xa que ata o final non sabes nin entendes nada) non me satisfaciu moito,pero estivo ben.

15/02/09

Os ollos de K

Comentario de Enma Vázquez Rivas

As rulas de Bakunin
Riveiro Coello
Galaxia


Gústame o libro.O principio sentíame confusa con el, pero ao empezar coa historia de Dimitrie xa me gustaba cada vez máis ata que xa me pareceu un bo libro. Gústame o misterio e lin moitos libro de misterio, pero este pódese dicir que é diferente aos demais.

14/02/09

Os ollos de K

Comentario de Lorena Villar García

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Pareceume un libro moi bonito, aínda que ao principio pareceume un pouco lioso e non me gustaba moito, peo a medida que ía lendo íame gustando. Ata chegou un punto que me enganchou e tiña ganas de chegar ao final para saber o que ocorría.
Quizais me gustou porque me gusta ler libros de misterio e intriga.
Fascináronme moito as historias que nel se contaban, mentras o lía situaba na historia do libro, e iso facilitábame a axuda para lelo e comprendelo mellor. Líase rápido e con facilidade.


13/02/09

Os ollos de K

Comentario de Cristina Barral Rey

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


A miña opiniòn sobre este libro é bastante boa, xa que me pareceu un libro bastante divertido que me mantivo cunha intriga ata o final.Debo recoñecer que ao princio pensei que o libro non me ií gustar e que sería aburridísimo, pero despois empecei a lelo e empezou a intrigarme de tal forma que non podia deixar de lelo.
Gústame moito este tipo de libros. E recoméndollo a esa xente que pensa que ler é unha perda de tempo xa que este libro demostra todo o contrario.


12/02/09

Os ollos de K

Comentario de Patricia Guimaraes de Sousa

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Os ollos de K pareceume un libro moi interesante e entretido.
Debo recoñecer que me gustan os libros de intriga, por iso me gustou este. A verdade é que non me gustou a forma que tivo o autor de empezar o libro, peo si a forma de rematalo.
Emocionáronme as historias que nos conta o autor.
O título que lle puxo o libro gustoume moito.

11/02/09

A conta atrás

Comentario de Cristina Barral Rey

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K

Este libro non me gustou moito pero creo que os temas que trata, da mancha negra e as súas consecuencias, están ben tratados. Paréceme ben que a xente poida pensar iso dos políticos. O libro tamén demostra como moitos mariñeiros quedaron sen emprego. E como obran os políticos, cantas falsidades e canta hipocresía ante este grave problema.

Os ollos de K

Comentario de Cristina Barral Rey

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


A miña opinión sobre este libro é bastante boa xa que me pareceu un libro moi divertido que me mantivo cunha intriga ata o final do mesmo. Debo de recoñecer que ao principio pensei que non me ía gustar e que sería aburridísimo, pero despois empecei a lelo e comezou a intrigarme de tal xeito que non podía deixar de lelo.
Gústanme este tipo de libros. E recoméndollo a esa xente que pensa que ler é unha perda de tempo xa que este libro demostra o contrario.

10/02/09

Os ollos de K

Comentario de Olalla Calvo Fernández

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Foi o libro que máis me gustou dos lidos este curso, porque a lectura enténdese ben, é de intriga e mantente ata o final. Moi recomendable

A conta atrás

Comentario de Olalla Calvo Fernández

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K

É un libro que vai de política, como un político lle presenta aos medios de comunicación unha campaña de manipulación informativa. Fala do anuncio da limpeza das praias e a recuperación do sector pesqueiro.
É un libro relacionado coa política polo cal a min non me gusta.
Non o recomendo porque é algo aburriod e non se entende moito.

09/02/09

Os ollos de K


Comentario de Carla Gómez Ferradás

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia

Que dicir deste libro, é impresionante. Debo recoñecer que me encanta o misterio e lin moitos libros relacionados con el, pero ningún coma este. Ao principio custoume un pouco meterme na historia pero logo disfrutei un montón léndoo. Non teño palabras para expresar o que sinto lendo o libro, pero o que debo dicir é que é marabilloso e que o recomendo, non só aos apaixoados do misterio senón tamén ao resto de lectores e lectoras.

08/02/09

Os ollos de K


Comentario de Sonia Salgueiro Brea

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Gustoume moito este libro porque a min gústanme os de intriga, aínda que este foi diferente, xa que me fixo pensar. Parecéronme asombrosas as historias que nel se contaban.
Este libro faime pensar nesas historias que nunca maxinaches que puidesen suceder, e iso fai que a imaxinación camiñe e que poidas exercitar a mente de xeito que chegas a límites que xamais puideches sospeitar.
Por outra banda, algo que me abraiou moito é o nome do libro, que me parece moi axeitado, supoño que ao principio ao velo non maxinaba paa nada o que nel ía suceder, e moito menos a que se refería cando falaba de ollos.
Por iso, cando o lin non só me gustou senón que tamén me sorprendeu. Quixera seguir lendo libros deste autor que tanto me gustou e sorprendeu.

07/02/09

A conta atrás

Comentario de José Fontao Salgueiro

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K

Aprendín máis sobre a catástrofe do Prestige, por iso pareceume interesante. Ademais, a visión dos mariñeiros que sofren, o político corrupto e a xornalista, abren unha nova dimensión.

05/02/09

A conta atrás


Comentario de Lorena Villar García

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Este libro pareceume algo aburrido, xa que nunca me gustou ler cómics, e quizais sexa por iso.
É un libro moi importante que trata un dos temas primordiais da historia recente de Galiza. Principalmente porque nos fala de como fomos enganados polos políticos que quiren ocultar os feitos, e pola pouca preocupación que amosaron os mariñeiros.


04/02/09

A conta atrás


Comentario de Sonia Salgueiro Brea

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Normalmente non me gustan os cómics, non me chaman a atención e gústame máis ler libros. Pese a isto, debo dicir que, particularmente, este cómic gustoume moito, pois aínda que non é moi gracioso ten unha temática de denuncia e un poder social que me asombrou. Gústame que se utilicen tanto cómics coma libros para falar de feitos sociais e reflectir a sociedade. Neste caso sorprendeume moito como se utiliza o cómic para reflexar a sociedade e os políticos depois do Prestige. Pensaba que non fora esa a reacción por parte da política e deste xeito entretido puiden descubrir a maneira de pensar desta xente mariñeira e dos políticas que lavaban as mans.
Non cómic sentín verdadeira indignación porque a maneira en que se manexaron os políticos nun feito social coma este que non me afecta directamente, por sorte, fai que pense que noutra situación que sexa máis próxima a min poidan afectarme do mesmo xeito.

02/02/09

Os ollos de K

Comentario de Susana Cumbraos

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Pensei que non existía ninguén que xogaba tan ben co misterio coma Carlos Ruiz Zafón pero xa me quedou ben claro que me confundín, e que Antón Riveiro Coello se algo sabe plasmar iso é o misterio sobre o papel.
É incrible como trazou esta novela. Magnífica. Espléndida.
Encantoume! Había tempo que non tiña esta sensación ao rematar un libro... Esta sensación de necesitar contarlle ao mundo enteiro todo o que me transmitía e os porqués desta transmisión, e, porén, agora que pretendo facelo non son quen, non me saen as palabras precisas. Por máis que busco as palabras axeitadas, aquelas que identifiquen o que sinto, non as logro atopar.
Esta novela non só é un puñado de frases que contan a vida dun escritor senón que vai moito máis alá diso. Transporta os límites da literatura e é quen de converter a escrita dunha novela nunha propia aventura da escrita.
O máis fascinante de todo isto é que vou poder coñecer ao autor en persoa!!!

01/02/09

Os ollos de K


Comentario de Eva García Bibián


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Verdadeiramente a historia deste libro cautivoume, debo recoñecer que ao principio sentíame confusa e mesmo pensaba que non me ía gustar pero cando empezou coa historia de Dimitrie o libro empezou a gustarme máis e máis e deixábame intrigada ata o final.
O que máis me impactou foi a historia de Dimitrie, cousa que me fixo pensar acerca de por que a nai puido chegar a iso e se verdadeiramente se pode chegar a enlouquecer ata ese extremo.
Eses libros que te fan reflexionar e pensar, aqueles que fan que queiras chegar á casa para seguir lendo e descubrir máis e seguir pensando se pode ser realidade o que ti cres son os que para min pagan a pena. E este é un deles.