ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/10/13

Eu, pel

Comentario de Mario Salgueiro Tallón


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais









Eu, pel é un libro que entrecruza dúas historias, a de Nicki que era unha nena con talento artístico, e a de un rapaz que tiña problemas na pel. O libro ó comezo non foi gran cousa pero a medida que lía o libro foime enganchando. Chamoume a atención cando o rapaz con problemas de pel chamado o Innominable quería facer que todos o quixeran,e ao meu parecer o que facían todos non era humano nalgún sentido, non se pode rexeitar a unha persoa polo que se ve fóra, se non que o que importa é o interior.

Eu, pel

Comentario de Uxía Mosquera Castro


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais







Este libro pareceume algo raro, foime bastante difícil de ler e comprender, xa que ao principio comeza cun parto dun neno non desexado polos seus pais e logo repentinamente cambia a outra historia que ao final se van complementando ao longo do libro. 
Unha das miñas partes preferidas foi cando Vera unha garda do Inolvidable rescata a Nicki e logo cando Nicki se reencontra con Tomás. 
Si, foime difícil de ler pero gustoume bastante ao comprender a historia

30/10/13

Todos somos

Comentario de Daniel Ramos Crespo


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais




Primeiro vou falar da miña opinión persoal sobre o libro. Este libro ao comezo desconcertoume un pouco polos cambios de protagonista, en cada capítulo era un distinto, pero despois cando todo se xuntou para empezar co tema principal, como é a desaparición de Natalia, gustoume moito. Porque era dramático e apaixonante. 
A segunda cousa que vou comentar é do que nos quere dicir o libro. O libro no tema que máis se centra é da situación actual da sociedade: a solidariedade cidadá fronte a algúns sucesos tráxicos, o movemento de masas manipulados  polos medios de comunicación e os moitos traballos policiais que acaban sen éxitos.
   E quería sobresaltar o personaxe de Belén Soliño pola facilidade que teñen os medios de comunicación para manipular as masas de xente. Debatendo sempre sobre o mesmo tema pero a xente de hoxe en día iso gústalle.
 

Bágoa de Lúa

Comentario de Mª Eugenia Gil


Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia  

Este libro está ambientado en dúas épocas distintas, pero conectadas entre si. Trátase do mundo das amazonas (no ano 1227) e do mundo da realeza( no ano 1164).
A protagonista sen dúbida algunha é Berenguela, filla dunha amazona (Siastia) e pertencente á familia real. A coprotagonista é Güanela, filla da druída da aldea das amazonas. Outros personaxes que cabe destacar son Cátaba e Bunm, pais adoptivos de Berenguela; Breihm, amigo de Bunm; a traidora, Maërsis, antiga amazona; Bénegard, bisavó de Berenguela e Berthel, bistío de Berenguela; entre outros. O mago Wiasmau tamén xoga un papel importante na historia.
Esta historia resumiríase así:
Nunha aldea de amazonas, Berenguela é separada da súa nai, a cal aceptou pensando no seu ben. É levada á casa de Cátaba, antiga amazona da aldea. Un día a aldea das amazonas é atacada polos guerreiros kaihunn, seguidores da traidora. Tras o ataque á aldea amazona, Güanela viaxa ata a casa de Cátaba, Bunm e Berenguela para contarlles o ocrrido. Deciden nese momento por en marcha o plan acordado para este tipo de situacións. Os guerreiros kaihunn séguenos durante o camiño ata Ghekla, onde se atoparán co mago Êlekva que protexerá a Berenguela e á prezada pedra que posúe. Durante o camiño, Berenguela descubre moitas cousas do seu pasado: a súa procedencia da familia real, o valor do amuleto que a súa nai lle regalara, a Era Escura e a súa relación con ela, o poder que contiña e perigo que podía pasar. Tamén durante ese camiño, é forzada a deixar atrás a Cátaba e a madurar moi rapidamente,  a saber tomar decisións e a conlevar o que con elas trouxera. Nese camiño, coñece a uns centauros,  a un elfo e dáse conta do valor que ten para ela Güanela. Este libro ten final aberto, que continuará no resto da Triloxía “As crónicas de Landereina”.
Está escrito en xénero narrativo.
A miña opinión persoal é:
Gustoume o libro en xeral, era entretido e divertido. A parte que quizais non me guste do libro é que ten o final aberto, aínda que dá ganas de ler o resto da triloxía. Outra das cousas que non me convenceron moito foi que mesturaba as partes: nun capítulo estaba falando de Berenguela e da súa vida ao lado do mar; pasaba a estar falando sobre anos atrás, como Benegard coñecía o segredo da familia. Era un pouco enrevesado, pero atopábaslle o sentido canto máis avanzabas na lectura.

29/10/13

Eu, pel

Comentario de Julián Gómez Villamayor


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais





O libro en xeral non me gustou porque me resultou difícil de ler, xa que non acababa de collerlle o fío. Algún capítulo conseguíame enganchar, coma cando Niki despois de escapar do centro que estaba internada foi collida no coche da policía Vera, ou cando foi descuberta polo Innominable, que máis tarde sóubose que se chamaba Víctor. A partir de aquí foi a parte que máis me gustou do libro. Estaba intrigado por saber que quería o Innominable de Niki e como se desenvolveron os acontecementos. Grazas a ela o Innominable púxolle cor á súa pel, por fin era unha persoa con sentimentos, quería sentir o amor e cariño que nunca tivera polo seu aspecto físico tan desagradable debido a unha maldición dos seus antepasados. Seu pai dixéralle que a culpa fora toda de súa nai, que estando embarazada tomara unhas pílulas para estar sempre fermosa e por iso El saíra con aquel envoltorio que non era pel e tivera que andar toda a vida cunha máscara porque a xente escapaba del co medo.
Pouco lle durou a alegría porque morreu pouco despois de inxectar o líquido que lle poría cor á pel e Niki puido volver a xuntarse con Galeán, Saviana, Alonso e Tomás. O final tamén me decepcionou un pouco, pero creo que foi porque o libro xa non me viña gustando de atrás.