ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/01/13

Titoán

Comentario de Victoria Drach



Titoán
Inacio
Demo editorial


Non me chamou moito a atención este libro, xa que a min os cómics non me gustan. Cando empecei a lelo non me gustou, non entendía nada, as cousas están desencadeadas e resultábame difícil. Cando o estaba acabando fíxome graza e empezoume a interesar. Parécenme moi divertidas as imaxes que aparecen no libro, son moi simpáticas.
Así que cando me quixen dar conta, xa o rematara.
Polo tanto, si que o recomendo, incluso á xente que non lle guste ler cómics como a min.

Titoán

Comentario de Bea Ferradás Martínez



Titoán
Inacio
Demo editorial


A verdade é que este libro non me encantou, pero paréceme unha boa maneira de aprender a vida de Castelao de xeito máis lúdico.
Ademais é un libro curto e sinxelo de ler. Lese en moi pouco tempo e acércanos a aquela época e fainos ver que, no fondo a vida por aquell entón non era tan diferente da hoxe en día.

Unha historia familiar

Comentario de Mariana Carreño

Unha historia familiar 
Christine Nöstlinger
Oxford



Este é un dos libros que lin que máis me gustou. Lino moi rápido, nunha viaxe, e entretívome moito. Gustoume a actitude que adoptou a nai para adelgazar e poñerse a traballar e pola contra, detesto a actitude machista do pai e a de Hanschen que xa sendo pequeno pensa que a nai polo que se ten que preocupar é polas tarefas da casa e polo coidado dos seus fillos. 
É unha historia achegada á realidade e moi interesante, polo que recomendo a súa lectura.

30/01/13

Makinaria

Comentario de Julián Gómez Villamayor


Makinaria
Carlos Negro
Xerais






A min a poesía non me gusta pero este libro si. É divertido pola linguaxe que utiliza e pola maneira de expresarse. Ao mesmo tempo fai reflexionar e valorar máis a vida. Os nosos dias pódense acabar traxicamente por culpa das imprudencias cometidas. 
É un libro para ter en conta xa que fala da vida mesma.

29/01/13

A neta do señor Linh

Comentario de Paula Gamallo


A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte




" A neta do señor Linh" é unha historia moi breve de estilo sinxelo con un ritmo que fai que sexa imposible soltar o libro. Eu lino dun tirón, e o seu contido quedou chantado na miña mente de xeito irreversible. Fai unha combinación entre o sentimento puro e a problemática á que se enfrontaban milleiros de persoas no pasado.
 Nárrase como un vello asiático sofre as consecuencias da guerra no seu país e vese obrigado a emigrar e a permanecer no exilio. A  única compañía é a da súa querida  neta e posteriormente a do señor Bark, un home que, ao igual ca el, perdeu hai pouco a un ser querido.
Un dos temas que abarca a obra é a soidade e o desarraigo ao que se enfrontan todos os inmigrantes ó chegar a un novo país: por un lado, a lingua,  adoita ser un problema á hora de comunicarse, sobre todo ao principio; moitos dos inmigrantes non son realmente ben acollidos, algúns sofren discriminacións ou indiferenza por parte da sociedade,  móstrase moito desinterese e despreocupación cara a eles no que as axudas son mínimas ou nulas, nalgúns casos son incluso motivo de mofa e burla; ademais as persoas que se ven obrigadas adoitan sentir añoranza da súa terra, o que aquí se lle chama morriña, realmente  coma na casa non se está en ningures e os elementos máis significativos como a paisaxe, o cheiro, os costumes... son pezas fundamentais na orixe de cada un que se non se poden disfrutar, bótanse moito en falta.
Referente a parte máis emotiva deste libro quería resaltar  o amor que sente o señor Linh cara a súa neta, tenta darlle unha vida digna  e ocúpase de que non lle falte de nada, convértese en algo máis que un avó para ela e non permitirá que ninguén poida facerlle dano. Por outra banda, tamén é importante falar do vínculo de amizade que se crea entre estes dous homes solitarios, ás veces os problemas de comunicación son máis culpa nosa que dos problemas reais. Eles falan linguas diferentes e viviron experiencias diferentes nas súas vidas pero, aínda así, logran entenderse.  A pesar de non utilizar demasiadas palabras o realmente importante é que chegan a escoitarse e a comunicarse, dándose compañía o un ao outro e demostrando a súa amizade con pequenos detalles ou xestos. Crean un cariño necesario para os dous e unha complicidade mutua. A comunicación é un arte que se pode expresar de moitas maneiras e nós temos o privilexio de poder utilizala, a pena é que a maioría das veces non sabemos como.
O final foi un golpe duro na miña lectura pero tamén moi emotivo e cargado de sensibilidade. Precisamente así, é como resumiría o libro: sensible e emocionante.
 

28/01/13

Titoán


Comentario de Javier Barreiro



Titoán
Inacio
Demo editorial


É un libro que relata a vida de Castelao cando era novo. Nin me gustou nin me disgustou.
Foi un cómic fácil e sinxelo de ler e é interesante para saber cousas descoñecidas deste persoeiro. 

27/01/13

Titoán

Comentario de Alejandro Tarrío Creo



Titoán
Inacio
Demo editorial


Empecei a ler e deime conta que era moi fácil tanto de ler como de entender. Tamén observei na súa lectura que Castelao quería debuxar e escribir e o seu pai quería que estudara Medicina.
O libro é entretido. 

Tardes con Margueritte

Comentario de Paula Gamallo
 

Tardes con Margueritte
Marie-Sabine Roger
Galaxia





“Tardes con Margueritte” emocionoume dun xeito inesperado.
Germain non é ningún analfabeto,  nin un  ignorante; simplemente non tivo a infancia que el desexaba. Ademais diso, está sometido aos prexuícios que os demais lle inculcan , o que acaba condenándoo a ser o que os demais cren que é. En moitas ocasións as faltas de respecto cara ós demais son, unicamente, métodos de evasión, evasión dos propios defectos de cada un, ou medo a ser vítima de burlas semellantes. Sempre buscamos un branco fácil e, sobre todo, débil.
Hai unha metáfora moi bonita no libro que fala da cultura e de cultivarse. Realmente todo o mundo debería ter a oportunidade de decidir sobre a súa aprendizaxe e sobre as súas metas. Aprender non consiste en chegar ao máis alto senón adquirir ensinanzas dunha forma totalmente voluntaria e amena, incluso divertida. Moitas veces centramos o noso camiño unicamente en chegar á cima pero cando estamos encima, atopámonos completamente sós, sen ninguén con quen gozar a nosa propia satisfacción.
A vida pode dar xiros radicais debido ás persoas que nos rodean e que dalgunha maneira inflúen nos nosos sentimentos. O noso protagonista descubre o valor do amor grazas a Margueritte. Aprende a amar ás mulleres e comeza a entender a razón das diferentes actitudes das persoas segundo os seus sentimentos. O principal motivo? El tamén comeza a sentir, sentir de verdade.
“ Cando volves ter sede, por máis que corras en todas as direccións, xa non hai pozos , tan só miraxes”. O amor dunha nai é o amor máis grande e verdadeiro que calquera pode recibir ao longo da súa vida. Nada nin niguén é comparable a este apego entre proxenitora e descendente, todo o demais son miraxes. Aínda así, de cando en vez, existen pais que non mostran todo o cariño necesario aos seus fillos, ou viceversa, e cando se percatan do tempo perdido , a morte está agardando fóra da porta, xa é demasiado tarde.
Por unha parte temos a alguén que precisa aprender, que comeza a decubrir un novo mundo cheo de inquietudes e de palabras, sobre todo novas palabras. Por outra parte , hai alguén que disfruta descubrindo o entusiasmo de alguén por ese mundo descoñecido para el. O significado das cousas, do pensamento en si, vólvese importante para o noso personaxe , convértese nunha persoa totalmente diferente cun resultado verdadeiramente gratificante. A eiva de Margueritte fai que Germain valore moito máis a sorte que tivo de atopar con esa gran muller e que, ademais,  se involucre moito máis no novo seu papel.
É unha historia tan humana e tan bonita que foi quen de deixarme sen palabras. Ao rematar de ler este libro invadiume unha profunda satisfacción que non logrei entender moi ben, quizais fose a visión da vida que me aportou este libro ou a ensinanza da grandeza do amor que realmente atopamos na sinxeleza.

Poetízate

Comentario de Yolanda López


Poetízate
Fran Alonso
Xerais




Este libro  pareceume moi complicado de ler, xa que ten moitas palabras que non as entendo e hai que facer uso do dicionario. Hai moitas poesías que non me gustaron e outras que si, sobre todo "Ós mozos"  de Manuel Curros, "¿Por que,miña almiña?" de Rosalía de Castro e "Dos celtas antigos" de Eduardo Pondal.  Outras gustáronme pola súa ironía e a súa gracia, cando Eduardo Pondal deste mesmo e "Agora cabelos negros" de Rosalia de Castro e outros moitos.
Neste libro encóntranse figuras da literatura galega máis importantes .
Este libro é moi bonito e hai moitas máis poesías bonitas, recoméndollo ás persoas que lles  agrade a poesía.