ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Raquel Rodríguez Vázquez


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



Para comezar, teño que dicir que este libro é un dos mellores que levo lido.
Unha das cousas que máis me gustou foi a trama, as voltas que se dan. O tema principal pareceume apaixoante, pois é moi interesante como ao ir tirando do fío pouco a pouco vanse descubrindo máis cousas e o que nun principio semella indiferente ao final acaba sendo importante.
Outra das partes que encontro positivas son os diálogos, que lle confiren maior realismo e axudan a maxinar os personaxes. O autor aquí acerta con eles posto que son moi naturais.
Por outra banda teño que dicir que un dos personaxes que máis me gustou foi o aragonés Estévez, pois o xogo que dá este na obra é moi relevante, polo humor que aporta, con ese toque de graza ao non comprender o xeito de ser dos galegos nin os seus costumes.
Gústame Leo Caldas pola súa astucia, o seu temperamento e as súas gañas de descubrir quen matou a Caselo, traballando incansablemente día e noite. Ocorreu que me convertín nel, eu tamén pescudaba quen podía ser o asasino.
Creo que se caracteriza moi ben o xeito de sermos os galegos. Gústame recoñecer as rúas de Vigo, as paisaxes mariñas, os pratos típicos... O autor esmérase por axeitar a realidade galega.
Para finalizar, o único que podo dicir é que foi un libro moi entretido e que animo a toda a xente a que o lea, pois só con comezar a ler a primeira páxina o lector queda enganchado ata rematalo.

25/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Carmen González Varela


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia


O libro non me gustou moito, non me pareceu unha historia moi interesante.
O inspecto Caldas pareceume un home moi preocupado polo seu traballo, ás veces demasiado, ata chegar ao punto de que non ten tempo para a súa vida privada.
Rafael Estévez creo que é un home moi directo, franco. Sempre tenta dicir as cousas á cara, e iso ten moito mérito aínda que ás veces ten que aprender a calar.
Unha cousa que si me gustou do libro foi que nunca sabes o que vai pasar, o rumbo que vai tomar a historia. Sorprendeume bastante o final, xa que aínda que desde un principio se sabía que os compañeiros de Castelo sabían o que pasara realmente durante o afundimento do Xurelo e o da morte do Rubio, non sospeitei ata o final que fora Valverde quen o matara.

24/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Raquel Pires dos Santos


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia

Este libro foi o que máis me gustou de todos os que lin. Pareceume moi interesante e entretido, era fácil de entender e a historia seguíase ben.
O tema gustoume, sobre todo cando pensaban que o capitán estaba vivo e era unha pantasma.
O personaxe que máis me gustou foi Estévez porque unhas veces parecía inxenuo, outras violento e algunhas veces parecía parvo. Tamén me gustou cando xogaban con qeun era o asasino porque cada vez que tiñan un sospeitoso non o era.
Creo que a historia está moi ben construída, por como se relacionaban unhas personaxes con outras, que case todos tiñan que ver algo entre si.
En xeral, gustoume moito, moito.

23/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Ana Cristina Des Pérez


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia


Gustoume moito este libro. É a primeira vez que leo un libro deste tipo e quedáronme ganas de ler outro así.
Ao principio facíaseme un pouco pesado pero a medida que ía lendo cada vez gustábame máis. Tentaba maxinar quen era o asasino. Sempre me enganaba.
O personaxe que máis me gustou foi o axudante do inspector Caldas, Estévez, a pase de ser un pouco brutallán.
Sorprendeume o final porque esperaba que colleran a arias e soltaren a Diego Neira e non que quen matara a Rubio fose Valverde. Foi con pequenos detalles cos que o inspector puido descubrir ao verdadeiro asasino, como por exemplo a noticia da desaparición da muller ou ao final cando ve as bridas de cor verde do seu pai, e sen eles non habería un final xusto para a historia.

17/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Ainara García Doval


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



Pareceume unha lectura interesante polo feito de que expresa con moito detalle toda a trama na que se desenvolve este relato de misterio. Paréceme que a descrición das accións, das paisaxes e a caracterización dos personaxes están moi ben logradas, axudan a interpretar máis facilmente a novela e dálle, mesmo, moito realismo. Gústanme sobre todo as ambientacións que se fan da costa e da vila de Panxón, non só pola descrición física das paisaxes, senón polo que estas reflicten nos personaxes.
Porén, a pesar de que o fío da novela paréceme ben estruturado e fácil de seguir, ás veces resultoume un pouco aburrido polo feito de ser bastante repetitio nos momentos nos que o inspector reflexiona unha e outra vez sobre o presunto suicidio de Xusto Castelo.
Aínda así, resultoume entretida e sorprendeume a forma que ten de narrar, que permite aos lectores comprender mellor a novela e maxinar mellor os persoanaxes e escenarios que nela aparecen.

16/04/10

Comentario de Jennifer Mosquera Sanmartín


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia


É a clase de libro que despois das novelas de amor e dos libros de aventuras máis me gustan.
Ademais, consegue manterte á espera dos novos acontecementos, das próximas averiguacións...
Teño que recoñecer que a medida que me ía mergullando nesta historia chegueille a atribuír o asasinato de Xusto Castelo polo menos a sete persoas, e iso que non tiña inimigos!
Porén, cando a investigación se foi desviando ao acontecido en Aguiño con Rebeca Neira a mesma noite do naufraxio do Xurelo, onde se atopaba o Rubio hai case unha década, souben que o asasino tiña que ser un dos outros dous tripulantes que se salvaran a noite do naufraxio. Case non cheguei a dubidar da inocencia do finado, xa que me parecía que de ser así, a súa culpabilidade era demasiado obvia.
En fin, sorprendeume e deume moita mágoa que pola codicia dun home morresen tres inocentes, a índa me pareceu máis abraiante e un xesto moi covarde que á hora da verdade Marcos Valverde pretendese cargar a Xosé Arias coas súas culpas.
O que si teño que dicir é que me tería gustado que o autor incluíse o que poida pasar con Leo Caldas e Alba. A ver se por fin colleu o suficiente valor para chamala e lle dicir que a bota en falta.
Polo demais, o libro encantoume.

15/04/10

Comentario de Jesica Álvarez


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



A historia que narra o libro gústame moito, pois a min as historias de investigacións, asasinatos, detectives... son as que máis me interesan e as que máis me enganchan cando leo.
Unha das cousas que máis me gustou ao ler o libro foi o xeito que ten Domingo Villar de contar a historia, de describir os lugares e as personaxes. Dálle un gran realismo, dala dos lugares e defíneos con todo detalle, coma se todo estivese pasando agora e de verdade. Para min é unha desas historias que comezas lendo e grazas ao ben que está contada, narrada e descrita, podes maxinar todo tal e como é. Non che fai falta ver unha película do libro porque a fuches maxinando os sitios nos que transcorre a historia.
O libro ademais é interesante, a intriga que o escrito lle dá coa investigación de Xusto Castelo, do que pasou co capitán do "Xerelo", cal foi a causa das mortes... Todo comeza cando atopan o corpo de Xusto Castelo afogado na ría de Vigo, na praia de Panxón. Entretíñame lendo e quería seguir porque pretendía chegar rápido ao final e poder saber o desenlace de todos os misterios que se van presentando ao longo da historia.
Eu pensaba que o asasino fora Ario, pero pronto descubrín que tiña que ser outro.
Un bo detalle foi o da pintada na barca do home afogado para así falar dun posible suicidio, aínda que pronto se soubo que se trataba dun asasinato.
Así como recoñezo que o libro gustoume moito, está moi entretido e está moi ben contada a historia, tamén hai que dicir que nalgunhas partes pareceume moi repetivo e pesado. Sobre todo cando Leo Caldas se pon a pensar e a reflexionar en voz alta, saca o cartaz, observa as probas, pensa nas diferentes posibilidades... iso foi pesado porque o facía moitas veces.

14/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Alba Fernández Caderno


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



Pareceume un libro que presenta unha trama moi interesante. Trata a investigación do asasinato do mariñeiro Xusto Castelo, enganchando dende o principio.
As partes que máis me gustaron son, sobre todo, cando Leo Caldas descobre que os mariñeiros Arias e Valverde lle mentiron. Tamén cando cavila, contrastando feitos, sobre que é imposible que o barco afundira a carón das rochas e que os mortos se encontren tan lonxe del, porque a marea non puido ser quen de arrastralos ata tal lugar. O feito de que Xusto Castelo non puido suicidarse nin ser vítima do mar mentres traballaba, xa que foi encontrado coas mans atadas á espalda.
Está moi ben argumentado, fai unha boa descrición de Galicia e da súa xente, e ten unha trama entretida. Pero o que máis me gustou, sen dubidalo, foi o final, cando se descobre o verdadeiro culpable de todo. O que máis me chamou a atención foi como o inspector vai descubrindo a verdade a través de probas, de investigar e falar coa xente, e de cavilar. Creo que fai falta un "sexto sentido" ou unha especie de don para saber distinguir cando algo é de verdade ou cando un feito se encontra alterado; sempre dubidando de todos e non crendo a ninguén.
O seu axudante, Rafael Estéves, é un punto a favor do libro, xa que contrasta co protagonista e lle dá un toque de humor á historia.
Por outra parte o libro pareceume demasiado repetitivo, polo feito de que hai moitas partes semellantes nas que Caldas pescuda e cavila. Tampouco me gusta o principio cando se presenta e di que ten un tío gravemente enfermo e un programa de radio horrible.
En conclusión, o libro é unha boa novela policíaca, narrada con gran sentido do humor e que se le rápido. A trama engancha, sorprende e atrae ao lector cos descubrimentos, pistas e conclusións do inspector Leo Caldas.

13/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Mauro Cibeira Rey


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



A min o libro gustoume porque mantiña un continuo suspense. Ao comezo, o libro pareceume algo lento e descritivo de máis, pero segunda avanzaba volvíase máis frenético e a trama melloraba. Gustáronme tamén os seus protagonistas polo seu carácter tan diferente, facían que as situacións resultasen bastante cómicas.
O que máis me gustou da novela foi o final, cando se descobre a identidade do asasino e a verdeira historia.
O que non me gustou fooi a visita de Leo ao seu pai. Pareceume bastante aburrida e algo desligada da historia principal.

06/04/10

O Ministro Rubalcaba recomenda a Domingo Villar

Xa que estamos a ler A praia dos afogados, déixovos este vídeo onde o ministro español recomenda o libro: