Comentario de Ainara García Doval
A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia
Pareceume unha lectura interesante polo feito de que expresa con moito detalle toda a trama na que se desenvolve este relato de misterio. Paréceme que a descrición das accións, das paisaxes e a caracterización dos personaxes están moi ben logradas, axudan a interpretar máis facilmente a novela e dálle, mesmo, moito realismo. Gústanme sobre todo as ambientacións que se fan da costa e da vila de Panxón, non só pola descrición física das paisaxes, senón polo que estas reflicten nos personaxes.
Porén, a pesar de que o fío da novela paréceme ben estruturado e fácil de seguir, ás veces resultoume un pouco aburrido polo feito de ser bastante repetitio nos momentos nos que o inspector reflexiona unha e outra vez sobre o presunto suicidio de Xusto Castelo.
Aínda así, resultoume entretida e sorprendeume a forma que ten de narrar, que permite aos lectores comprender mellor a novela e maxinar mellor os persoanaxes e escenarios que nela aparecen.

3 comentarios:
é unha obra de fácil lectura. Ademais faise máis cercana ao ser o contorno da novela coñecido.
aínda que eu non sexa un gran lector, disfrutei con esta novela. É bastante imprevisible, e o que máis me gustou del é que fose tan fácil de ler e tan entretido. Gustoume tanto a historia como os personaxes.
Este libro gustoume moito porque me gustan os libros de misterio e intriga. Paréceme un libro interesante, polo xeito de ser narrado, polos personaxes..
Publicar un comentario