ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/04/10

Comentario de Jennifer Mosquera Sanmartín


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia


É a clase de libro que despois das novelas de amor e dos libros de aventuras máis me gustan.
Ademais, consegue manterte á espera dos novos acontecementos, das próximas averiguacións...
Teño que recoñecer que a medida que me ía mergullando nesta historia chegueille a atribuír o asasinato de Xusto Castelo polo menos a sete persoas, e iso que non tiña inimigos!
Porén, cando a investigación se foi desviando ao acontecido en Aguiño con Rebeca Neira a mesma noite do naufraxio do Xurelo, onde se atopaba o Rubio hai case unha década, souben que o asasino tiña que ser un dos outros dous tripulantes que se salvaran a noite do naufraxio. Case non cheguei a dubidar da inocencia do finado, xa que me parecía que de ser así, a súa culpabilidade era demasiado obvia.
En fin, sorprendeume e deume moita mágoa que pola codicia dun home morresen tres inocentes, a índa me pareceu máis abraiante e un xesto moi covarde que á hora da verdade Marcos Valverde pretendese cargar a Xosé Arias coas súas culpas.
O que si teño que dicir é que me tería gustado que o autor incluíse o que poida pasar con Leo Caldas e Alba. A ver se por fin colleu o suficiente valor para chamala e lle dicir que a bota en falta.
Polo demais, o libro encantoume.

1 comentario:

Daniel Pérez Pousa dixo...

a novela está moi ben relatada, porque se describen moi ben os lugares e os personaxes e isto facilita á imaxinación. Tamén engancha porque queres saber o desenlace.
Non me gustou o feito de que algunhas partes fosen moi repetitivas, como por exemplo cando o investigador recapacita para si.