ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Alba Fernández Caderno


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



Pareceume un libro que presenta unha trama moi interesante. Trata a investigación do asasinato do mariñeiro Xusto Castelo, enganchando dende o principio.
As partes que máis me gustaron son, sobre todo, cando Leo Caldas descobre que os mariñeiros Arias e Valverde lle mentiron. Tamén cando cavila, contrastando feitos, sobre que é imposible que o barco afundira a carón das rochas e que os mortos se encontren tan lonxe del, porque a marea non puido ser quen de arrastralos ata tal lugar. O feito de que Xusto Castelo non puido suicidarse nin ser vítima do mar mentres traballaba, xa que foi encontrado coas mans atadas á espalda.
Está moi ben argumentado, fai unha boa descrición de Galicia e da súa xente, e ten unha trama entretida. Pero o que máis me gustou, sen dubidalo, foi o final, cando se descobre o verdadeiro culpable de todo. O que máis me chamou a atención foi como o inspector vai descubrindo a verdade a través de probas, de investigar e falar coa xente, e de cavilar. Creo que fai falta un "sexto sentido" ou unha especie de don para saber distinguir cando algo é de verdade ou cando un feito se encontra alterado; sempre dubidando de todos e non crendo a ninguén.
O seu axudante, Rafael Estéves, é un punto a favor do libro, xa que contrasta co protagonista e lle dá un toque de humor á historia.
Por outra parte o libro pareceume demasiado repetitivo, polo feito de que hai moitas partes semellantes nas que Caldas pescuda e cavila. Tampouco me gusta o principio cando se presenta e di que ten un tío gravemente enfermo e un programa de radio horrible.
En conclusión, o libro é unha boa novela policíaca, narrada con gran sentido do humor e que se le rápido. A trama engancha, sorprende e atrae ao lector cos descubrimentos, pistas e conclusións do inspector Leo Caldas.

1 comentario:

Fernando Casal dixo...

O libro gustoume moito, ten unha trama entretida e fácil de seguir.