
O libro ó principio non me agradou moito porque se fai aburrido e
moi monótono, non lle pasaban moitas cousas a Calpurnia para entreter ao lector,
pero a medida que transcurría o relato vai pasando cousas máis interesante como
a relación entre Calpurnia e o seu avó (preciosa).
Se me fixo moi dificil ó principio lelo, como xa dixen, porque é moi lento e aburrido, pero a partires da páxina 55, ou 58 non me
acordo, se me fai moi sinxelo de ler e empezou a gustarme.
Cando a profesora nos ensinou o libro teño que dicir que xulguei o libro
pola portada (algo que nunca se debería facer) e equivoqueime moito, porque
ainda que é dificil de ler cando o acabas sentes satisfacción de telo lido.
Recomendaría o libro? Bueno.... se a alguén non lle gustan os principios
lentos pois non, pero se esa persoa espera, non digo a páxina 55 coma min, ata
máis ou menos a metade lle encantará o libro
1 comentario:
Ao inicio, o libro é un pouco aburrido, pero a medida que vas pasando cada folla, o libro vaite enganchando mais e mais.
Xa habia tempo que non lía libros deste tipo, nin que trataran o tema da sociedade machista, e a verdade é, que lendo estes tipos de libros que están situados nun tempo pasado, doume de conta que no noso presente é o que esta ocurrindo.
En si, o libro que compuxo Jacqueline Kelly, trata unha temática que engancha moito, e é moi interesante lelo.
Publicar un comentario