ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Román Estevez
A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 


Na miña  opinión este libro é xenial. Dende que o empecei a ler adentreime nos problemas de Calpurnia como se fose un protagonista máis. As diferentes historias e problemas nos que Calpurnia se metía eran moi entretidos e ao mesmo tempo adentrábanme máis na historia.
O que máis me gustou do libro foi a especial e fermosa adicción que tiña Calpurnia pola natureza e as cousas abraiantes que ocorrían e habitaban nela, despois de coñecer o seu magnífico avó.
 Aínda que fose na casa, no laboratorio, na escola, a Calpurnia sempre lle acontecían cousas que me facían tremer, por exemplo, os enfados da nai, pero tamén facíanme sentirme alegre outros momentos coma no caso no que o irmán J.B namorouse da amiga de Calpurnia.
Para min este libro foi moi entretido e xenial, xa que me encantou a forma de redactalo, dunha maneira moi detallada que facía que fose sinxelo de ler,  e todo o que ocorría nel era fácil de imaxinar. Estou desexando poder ler outro libro semellante. 

Sen comentarios