ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/12/12

Cochos

Comentario de Antía Iglesias 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco




Comezo a ler e xúntanse moitas cousas. Primeiro que aparece outro idioma descoñecido para min, e iso xa me fai pensar que non me vou enterar de moito. Logo que hai intervencións e aparecen falando varios tipos de persoas e parece máis complicado.
Nas primeiras páxinas non me resultou doado comprender de que trataba pero canto máis profundaba cara ó final xa me fun percatando dos sucesos.
O diálogo que intenta manter o Sebas coa Porca e o cariño que lle colle paréceme moi
gracioso. Non sei se en verdade existe a Porca ou é algo causado pola imaxinación do personaxe
despois de levar un tempo sen durmir.
En si, non me pareceu moi entretido porque non contaba moitos acontecementos.
 

Sen comentarios