ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/03/13

Héleris


Comentario de  Manuel Fernández Cuiña


Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior






Este libro relata a historia da vida dun mozo (Paris) e dunha moza (Héleris) dende que eran adolescentes.
Héleris é unha rapaza que soñaba con ser princesa pero acabou traballando para poder gañar diñeiro, embarazada dun fillo que tivo co home que casou (escollido por súa nai) co que morreu máis tarde. 
Por outra parte conta a vida de Paris que ten que traballar para gañar diñeiro para el e para a súa familia.
O libro a pesar de ser poesía está bastante ben. Gustoume a ideo de xuntar os nomes de Héleris e Paris para formar o título do libro.

Sen comentarios