ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/02/16

Ollos de auga

Comentario de Francisco Rodríguez






Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia




"Ollos de auga" foi o segundo libro que lin de Domingo VIllar, e a verdade é que volveu cumprir as expectativas que tiña depositadas nel cando o collín. Debo dicir que o feito de ter unha certa similitude co outro libro que lin deste autor "A praia dos afogados" axudou a que me gustara tanto, porque hai moitos aspectos ou accións que me namoraron anteriormente e que volvían aparecer nesta novela. Unha gran virtude de Domingo Villar polo que puiden observar tanto en " A praia dos afogados" como neste libro, é a de integrar cunha gran maestría o título, que está intimamente relacionado cos ollos cristalinos do saxofonista morto.
O que me atraeu foi que, dende a primeira palabra, houbo unha intriga enorme que é o que eu busco nunha novela destas características, e tamén pareceume moi interesante o feito de que parece que te atrapase na súa trama sen que te puideras soltar o que fixo que a lectura me parecese moi amena xa que creo que me metín de cheo na vida tanto dos policias Leo Caldas e Rafael Estévez coma na vida do principal sospechoso, o doutor Zuriaga.
Por outra parte quero destacar a presenza de feitos totalmente humorísticos que fan moito ben a historia xa que, neses momento, tírante dela e distraente, o que creo que é unha cousa moi dificil nun libro de novela negra, que te saquen da tensión continua sen perder as gañas de seguir lendo. O principal exemplo que poría destes momentos humorísticos sería o feito que ocorreu cando foron os policias ó pub de ambiente homosexual, o Idílio, para interrogar a Oreste, o DJ do pub. O que espertou a miña gargallada foi que, tras picarlle unha faneca no pé, Estévez descalzouse e puxo o pé en alto sen importarlle nada daquilo, o que me pareceu moi divertido porque non é unha cousa que se atreveran a facer todos e menos nun lugar público como aquel, pero el fíxoo con total normalidade.
O personaxe que máis me gustou foi claramente Rafael Estévez, un policia moi da vella escola que para min foi o principal protagonista dos momentos de humor e tamén me pareceu un personaxe imprescindible no conxunto total do libro. Tamén pareceume moi interesante o xiro dos acontecementos que se produce cando se descubre que o doutor Zuriaga era homosexual pese a estar casado cunha muller.
Este foi un feito que baixo o meu punto de vista reavivou a trama, o que me axudou para seguir mergullado no libro.
Debo dicir que, cando levaba lidos tres cuartos de libro, dixen quen era o ou a asasina ", e, aínda que nese momento díxeno ao chou resultaría que estaba no certo, o que me pareceu un final un pouco frouxo tendo en conta o gran libro que levaba ás costas.
En definitiva un libro que, ó igual que "A praia dos afogados " gustoume moito e no que agás ese final pouco impactante non cambiaría nada. Un libro que no conxunto  volvería ler sen problema.

Sen comentarios