Comentario de Alberto Cerdeira Bravo 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Hai dúas semanas lin Os fillos do mar e aínda
hoxe recordo unha gran cantidade de detalles. As cen primeiras páxinas pode que
sexan un pouco aburridas, pero coa aparición de Mariña todo se volveu máis
interesante. Ademais a min gústame moito todo o referente ó nazismo e á historia
da primeira metade do século XX,  co cal houbo partes que me gustaron moito. 
Este é un
deses libros que te mete na historia e só desexas seguir lendo para saber que
pasa e como se resolve a historia. O final é moi bonito sobre todo esa escena de
sexo sobre o sofá tras un duro traballo.
Esperábame máis mortes pero gustoume
moito o libro. Moi recomendable.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Sen comentarios
Publicar un comentario