ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/02/17

As sete mortes

Comentario de Roberto Agra Buján


As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia




Despois de ler este libro, acabeime de convencer de que Carlos Vila Sexto é un dos mellores escritores dos que tiven o pracer de ler as súas novelas. "Gárgola", "O enigma de Caronte" e agora "As sete mortes", eses son os libros que lin del e debo dicir que este último foi o que máis me gustou, a ambientación e os repentinos xiros argumentais danlle a este libro unha capacidade de sorprender que os outros non teñen.

O libro enganchoume dende o primeiro momento, empezando cun morto xa no prólogo, así se ten que empezar un libro de terror e misterio, así se engancha ao lector a unha historia que acaba por xirar en torno á mitoloxía celta.

Coma sempre, houbo personaxes que conseguiron cautivarme, un trátase do personaxe que eu bauticei co nome de RefrexoMan ata que xa se lle deu un nome na novela, conseguiu captar a miña atención polo misterio que o rodeaba e por ese aire escuro e siniestro que a min tanto me gusta, o outro personaxe que me encantou foi o propio protagonista, Xacobe, pola súa visión da inmortalidade e da vida, o único que me causaba repulsión deste personaxe era a súa adicción ás drogas durante a primeira parte da novela.

En definitiva, "As sete mortes" ten unha perfecta combinación de bos personaxes, boa ambientación e boa narrativa; unha perfecta representación de como deberían ser todas as novelas de terror. O libro empeza coa simple premisa de un misterioso asasinato, pero pouco a pouco complica o argumento convertendo o libro nunha montaña rusa de emocións as cales van cambiando entre a sorpresa e a espectación.

Sen comentarios