Comentario de Aroa Espiño
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos CalveiroXerais
Este libro encantoume, máis que ningún outro este curso; emocionoume tanto que pouco lle faltou para chorar ao final.
Acabo de lelo e deulle vida a esta tarde; aínda estou algo nerviosa.
Ao comezo pareceume un libro que me ía resultar aburrido, coma case todos, pero despois comezou a parecerme interesante a forma de ser de Vicent, moi intelixente. Gústame do que adoita falar: da vida, do paso do tempo, a melancolía...
Sabe plasmar moi ben e transmitir os sentimentos, mesmo nos demais "Con cada unha das súas palabras arrincaba un anaco da cotra que todos levabamos na alma, revelándonos unha verdade que ninguén enxergaba".
Noutra ocasión o rapa di: "Ás veces sentíame moi próximo a el, coma se posuíse unha chave para acceder á miña cabeza e expresar os meus sentimentos a través das súas palabras".
Eu tiven un amigo que me coñecía tan ben que tamén me pasaba iso con el, dicíame cousas sobre min que eran certas e nin eu mesma podía expresalas tan ben; xa non teño ese amigo e este libro fíxome botalo de menos, ese sentirse descuberto, xa que con ninguén me volveu pasar así.
Estou relendo as páxinas que deixei marcadas que máis me gustaron e non só con iso, sentinme identificada con moitos sentimentos neste libro. Tamén na historia de amor de Adeline, no momento que discuten, como el sente que se distancian e bota de menos as olladas e os sorrisos furtivos do comezo: "Aquel sen vivir, sempre á espreita tras a miña boneca de porcelana".
Si, eses comezos, ese estar aparvado que teñen os comezos, bótase de menos cando todo está demasiado estable, pénsase que todo o bonito de verdade xa quedou detrás... cousas da vida.
Despois, unha vez que xa o tes, véñenche as dúbidas, a sensación de que estás a perder algo: isto tamén se reflicte no libro, el di que non sabe se a ama e Vicent contesta: "O amor é tan poderoso que resulta moi difícil manter o temón dereito"; "ou sobes ao barco e colles o temón, ou nadas en dirección ao porto máis próximo na procura doutra embarcación".
Pero sen dúbida o que máis me gustou foi o final, triste pero moi emocionante.
UN PRACER LER ESTE LIBRO
2 comentarios:
cantos anos ten esta nena?
Está en 4º de ESO, pero non sei que anos ten.
Publicar un comentario