ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/03/15

As mans do medo

Comentario de David González Sampayo


As mans do medo
Xosé Miranda
Xerais




Esta é a segunda obra que leo de Xosé Miranda e gustoume moito máis cá primeira obra que lin del, "Pel de lobo". O libro que lin titúlase "As mans do medo", que é unha obra dividida en varias historias nas que abundan o terror, o medo, o suspense e a intriga. É unha das obras de terror que levo lido das que máis medo transmite, unha das cousas boas que conseguiu o autor nesta obra. Para o meu gusto todas as obras en que se divide esta historia son interesantes e intrigantes, pero, na miña opinión, algunhas delas son moi longas e chegan a facerse algo pesadas, incluso ata aburridas.

Os dous relatos que máis me gustaron de toda a historia foron: "Seis dedos" e "Anxos da garda", dúas obras curtas, pero moi interesantes.

"Seis dedos" é un relato medianamente curto e intrigante no que os temas principais son as antigas lendas dos lobishome e os seres que rexeneran as partes do corpo que perden ou se lle desprenden. Outro tema que non citei, e que se ten moi en conta neste relato é a ambientación franquista en que se desenvolve a historia. O abuso e o maltrato das perosas que non apoiaban ao bando fascista. Neste relato o protagonista pertence a unha familia na que todos os seus antepasados e os seus descendentes, entre os cales está él, nunca morren, é dicir, cando morren transfórmanse noutro tipo de ser humano. 

Outro dos relatos que máis me gustou foi "Anxos da garda", que é un relato curto no que os temas principais son a sorte e a mala sorte que teñen algunhas persoas. Neste relato o seu autor quérenos dicir que a nosa sorte está asociada ao noso anxo da garda. Por exemplo, o protagonista desta historia ten mala sorte porque o seu anxo da garda tampouco é un afortunado.

Sen comentarios