ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Zaira Míguez


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka









O libro trátanos a historia dun rapaz que ten a súa nai enferma de cancro. Todas as noites tiña o mesmo pesadelo que se desvela no final do libro cal é. Un día a medianoite o rapaz, Connor, ve na ventá un monstro, o texo que tiñan ao lado da casa, este dille que lle contará tres historias pero ao rematalas el teralle que dicir a súa (o seu pesadelo). Connor ademais sufría o acoso por parte dun raparigo chamado Harry na escola. No colexio nunca era castigado por pena pola enfermidade da súa nai, isto amolaba moito a Connor e o que máis desexaba era que fora tratado como un máis.  A nai sufrira unha recaída e o monstro comezou a contar as súas tres historias que conlevaban unha ensinanza.

O libro gustoume moito, é unha historia conmovedora e realista que chega aos corazóns de todos os lectores. O que máis me sorprendeu foron as historias do monstro sobre toda a primeira da que quero destacar a frase ``Non sempre hai un bo da historia. Nin tampouco un malo. A maioría da xente anda entremedias´´ considero que é unha frase potente e que ten moita razón tras dela.  Tamén quero falar sobre o comportamento de Harry, no libro non se comenta nada de porque é así pero según ía lendo a miña cabeza cavilaba, o mellor era así por envexa de que Connor non fora reprendido e a idade de 13 anos non era consciente do grave problema que el sufría no seu fogar e só quería o que a Connor se lle daba. O que nunca me gustou foi a figura do pai, xa que penso que para el era primeiro a figura da súa familia de América e que infravaloraba a figura do seu fillo Connor.
Recomendo moito este libro xa que trata unha historia realista que vai conmoverte e atraparte.  É curto pero esas poucas páxinas teñen un poder atrapante abraiante cun punto fantástico que mostra ensinanzas sobre a vida e un final que fará soltarche as bágoas.

1 comentario:

Andrea Martínez dixo...

Este livro é muito lindo. Eu achei muito bom, e quando vi o filme desta história também amei. É interessante ver um filme que está baseado em bons livros, acho que são os melhores filmes de fantasia, porque não necessita de muito para fazer uma boa história. Adorei ver 7 Minutos Depois da Meia Noite, porque tem toda a essência do livro mais uma produção audiovisual incrível. Realmente é impressionante o trabalho de produção. É uma historia cheia de incríveis personagens e cenas excelentes. Se alguém ainda não viu, eu recomendo amplamente, vocês vão gostar com certeza.