Comentario de Eduardo Villaverde Iglesias
Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia
Dentro deste libro hai unha chea de relatos individuais. Cada un trata sobre un tema diferente pero todos eles son moi entretidos e divertidos. É un libro moi fácil de ler e de entender, gustoume moito o conto de "O casamento", polo seu peculiar final. Tamén me gustou o final do conto de "O inhalador". Moitos destes relatos dan unha lección ao lector, polo menos a min si: se non queres que che fagan algo malo non llelo fagas ti aos demais.
1 comentario:
este libro gustoume polo humor e a forma de contar as historias. Tamén porque é moi fácil de ler e pola brevidade dos contos.
Publicar un comentario