Aquí
presento a miña opinión sobre o libro Erros e Tánatos moi ben escrito polo noso
veciño lalinense Gonzalo Navaza. Este libro dividido en relatos, os cales non
son o tipo de lectura que máis me gusta, pero nesta ocasión a calidade dos
relatos fan obviar este problema. Os relatos baséanse nas relación amorosas que
non van ben encamiñadas e na inxenuidade dos protagonistas. Por exemplo, no
relato Bull e Mignonne, o mellor para min, a inxenuidade do protagonista
Emiliano Zingarelli fará que a historia non acabe como el pensaba. Para min o
que máis chama a atención son os sorprendentes e inesperados finais dos relatos
xa que dan unha volta total á historia. Tamén me gustaría destacar o humor que
se pode ler no libro e a facilidade para comprender as historias a pesar da
ironía que conteñen.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario