
Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
Made in Galiza é un libro con moitos relatos breves.
No primeiro que me fixei ao coller o libro foi na portada: era orixinal
e gustoume.
Todos os relatos teñen algo en común: a lingua e a importancia das
palabras. Entre os que máis me gustaron están: "Na oficina de obxectos
perdidos" no cal unha muller quere recuperar a súa lingua ou "Unha
imaxe vale máis" co álbum de fotos tan importante para a familia. Tamén
"Nin en soños vou perder a lingua" cos pensamentos dunha nena
sobre que os nenos están perdendo a lingua. "A primeira boneca que
fala galego" está moi ben. Paréceme unha idea xenial poder mercar unha
boneca que fale en galego. Agradoume encontrar un prospecto da lingua
galega.
Pero, sen dúbida, o que máis me gustou foi o final do último relato:
"Cambiaches a miña vida e déboche tantas cousas... Quería dicirche
Grazas. E quería dicirche que estou contigo, miña lingua"
Os libros de microrrelatos non son os meus preferidos, pero este gustoume.
1 comentario:
Para mín este libro foi o que contivo os relatos dos máis interesantes que lin ata agora dos libros de galego, é emocionante, creativo á mesma vez que se mostran xeitos de rebeldía, pois o autor ponlle un punto de humor ao conflicto no que se encontran.
Gustoume bastante, de feito foi o que máis me chamou a atención polo título, espero ler outro libro máis de Sende.
Publicar un comentario