
Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
Este non é meu primeiro libro en poesía, pero si o que
mellor comprendín. Defende a postura da
muller. Trata sobre diferentes momentos aos que se enfronta unha muller día a
día.
Posiblemente dous poemas destacaron sobre os outros. O primeiro é "Radikal punk":
Nazo de novo./Pero desta vez/sen auga bendita/e con moi mala hostia.
O outro que me impactou moito foi
"Fóra de control":
A quen chamo, como visto, onde andabas metida.../En canto valoras, my boy,
este corte de mangas?
Gústame moito como o autor usa un
ton desenfadado para relatar os poemas e sobre todo a comprensión que amosa para cos
adolescentes. Ademais é fácil de ler e non moi longo. Ten un 8 para min.
Sen comentarios
Publicar un comentario