Comentario de Icíar Rodríguez Nóvoa
O inferno de Marta
Pasquall Alapont
Xerais
A historia vai sobre unha rapaza que está rematando a carreira de Dereito, Marta.
A ruptura co seu último mozo deixouna marcada. A súa vida non ten sentido sen el. Ata que as súas amigas lle presentan a Héctor, outro estudante moi simpático e co cal desde o primeiro intre saltaron chispas. Co paso do tempo, Marta séntese preparada para ter unha relación con el, esquece ao seu antigo mozo e namórase perdidamente de Héctor.
Pero pouco a pouco Héctor vólvese un rapaz posesivo, con moitos cambios de humor, e violento. Marta quéreo tanto que está cega, non se dá conta da clase de persoa que é, e bótase a culpa a si mesma. As súas amigas decátanse do que ocorre e aconséllanlle que o deixe. Pero Marta enfádase con elas.
Cando Marta se dá conta de que Héctor é un criminal xa é demasiado tarde.
Esta historia parteume o corazón porque é como estar na pel de Marta. Parece incrible que existan persoas así no mundo, esas que "non o levan escrito na cara".
Un drama humano e real, por desgraza.
Sen comentarios
Publicar un comentario