ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Laura Carballo Mato


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gustoume moito o libro. Pareceume un libro moi entretido, aínda que tivo partes duras, e que supoño que reflexa a actitude de moitas familias con esa cultura aínda hoxe en día. Pareceume moi inxusto como trataban ao protagonista, como lle zoupaban por calquera cousa, que fose diferente aos seus costumes e non o deixaban elixir a el, elexir o seu futuro nin tan sequera os seus amigos.O que máis xenreira me dou foi cando o abandonaron na India, foi o peor que lle puideron facer. Penso que o de impoñerlles ás persoas cousas que non son ou nas que non cren e obrigalos a cambiar ata tal punto que non teñan outra cousa máis que poder facer non é a maneira correcta de que acaben pensando e actuando así, aínda que pode axudar, por iso gustoume o valor que lle botou Many para fuxir de todo iso coa axuda do tío e ser fiel ao que el pensaba e quería realmente.Tamén me pareceu moi admirable o valor que tivo ao rexeitar o casoiro amañado, ao fuxir cando estaba a piques de casar, deixar atrás a familia sabendo que os decepcionaría, que aínda que se portaran mal con el, era a súa familia, e deixalo todo polo seu futuro, pensado soamente nel. Despois de todo o que lle fixeran era o mínimo que el podía facer.
Non estou nada de acordo co dos casoiros amañados e paréceme demasiado triste que hoxe en día poida haber casos así. Cada un ten que loitar polo que quere, sempre coa certeza de que é o mellor, e non aceptar o que lle impoñen.

Sen comentarios