ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Marcos González Fernández

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gústame moito do libro a sensación de realismo, que vén dada sobre todo polas palabrotas e vulgarismos que usan os personaxes, e pola boa adaptación que fixeron os tradutores deses vulgarismos, xa que supoño que será difícil trasladalos ao galego.
Atopei moi graciosa a vinganza da páxina 168.
O libro pareceume moi bo, porque é fácil de ler, entretido, polas ensinanzas que nos dá, divertido, realista... A pesar de certos matices que non me gustaron.
Creo que deste libro debemos aprender que cada un é responsábel das súas decisións, que ninguén pode escoller por un, nin obrigar a tomar unha ou outra decisión, e que cada quen debe definir as súas prioridades (que normalmente non coinciden coas doutras persoas) e non por iso é un egoísta; opino coma o autor, polo que pon no libro.

1 comentario:

Anónimo dixo...

un casoiro ben mal amañado pareceume un libro moi interesante.
gustoume moito, porque unha páxina de lectura pedíache outra e estaba desexando chegar ao final.
parece que este libro reflexa moi ben que debemos ser nos os que tomemos as nosas propias decisións, aínda que moitas veces non poidamos.