ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/12/15

Millo verde


Comentario de Adrián Mato



Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
 
 
 
Este libro fíxome reflexionar sobre como actuaría eu se me ocorrese algo semellante ao que lle aconteceu o protagonista, pero non só iso, senón, que me dei conta que moitas veces estou a criticar as persoas que son acusadas de algo, sen saber se en realidade o fixeron, só critico de oídas. A verdade, cheguei a pensar que Manuel era culpable e que de verdade violara a María Teresa, aínda máis cando saíu a sentencia que o acusaba, mais estaba equivocado, coma todos os que o criticaron antes de tempo. 
O que está claro é que lendo este libro  metinme no papel de todos os personaxes e percateime de que eu caía en todos os prexuízos que o autor tenta denunciar no libro. Tamén cabe resaltar a grande neglixencia, por parte do Xulgado e do xuíz. Que pasaría se Manuel non se volvera atrás e se tirara polo barranco, morrería sen culpa ningunha, mais por sorte non o fixo. Non só supuxo unha malísima tempada para o colexio e para o matrimonio, senón que tamén para o seus fillos, que tiveron que marchar á casa dos seus avós por temor de que lles pasase algo, é penoso que uns cativos sen culpa se vexan involucrados nun caso así. Así e todo o libro gustoume moito e oxalá poida atopar máis libros similares a estes.

Sen comentarios