ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/12/15

Matarte Lentamente

Comentario de Cristina Costela Seara


Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Xerais





Matarte Lentamente de Diego Ameixeiras foi o primeiro libro de novela negra que lin. Pareceume unha novela moi realista xa que trata de abordar temas de actualidade no xénero negro, que reflicten a crise actual, dende unha perspectiva humana onde Compostela aparece coma un símbolo que une as diferentes historias. 
Neste libro, Diego Ameixeiras presta unha atención especial aos personaxes femininos e tamén escribiu unha novela con moitos fíos argumentais. Foi un libro que ao principio me custou, xa que tardei en entender como se unen as historias. 
Esta novela fai unha crítica dunha sociedade en crise económica e valores, dende un punto de vista máis humano no que o tema sería o drama que xorde polas solucións extremas que toman estes personaxes de vidas derrotadas. Os temas pertencen á vida normal.

 Os fíos argumentais desta novela son unha parella de xubilados preferentistas, unha rapaza ecuatoriana que busca unha vida mellor, unha estudante con embarazo non desexado, unha detective que vixía ao seu home , un pai desesperado por salvar ao seu fillo enfermo, un narcotraficante con desexos de adoptar entre outros.

É un libro fácil de ler xa que ten un léxico cotiá e está baseado no diálogo; a tensión vai crecendo para atrapar ao lector.

Un libro que me gustou moito, e que me adentrou no mundo da novela negra.                        
 

Sen comentarios